Eucalipto azul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 15:
|range_map = E. globulus.JPG
|}}
O '''eucalipto azul''' (''Eucalyptus globulus'')<ref>Sinonimia: ''E. cordata'', ''E. glauca'', ''E. diversifolia''.</ref><ref>A [[FAO]], nunha reclasificación da [[Taxonomía|sistemática]] desta especie, utiliza a forma ''E. globulus'' Labill. subsp. ''globulus''. J. S. Labillardiere foi quen identificou esta especie, en [[1792]], a partir de mostras recollidas en Tasmania.</ref> é unha árbore [[Perennifolio|perennifolia]] da familia das [[Myrtaceae|mirtáceas]] pertencente ao xénero [[eucalipto]]. Constitúe unha das especies de árbores nativas de [[Australia]] máis espalladas ao longo do mundo. Estas árbores adoitan medrar até os 30 ou 55 m de altura. O meirande espécime desta especie atópase na illa de Tasmania e mide 90,7 m.<ref>[{{Cita web |url=http://www.gianttrees.com.au/ |título=Giant Trees Consultative Committee<!-- Bot generated title -->] |data-acceso=23 de agosto de 2018 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070216110313/http://www.gianttrees.com.au/ |dataarquivo=16 de febreiro de 2007 |urlmorta=si }}</ref> Existen rexistros antigos de árbores aínda máis altas, chegando a meirande aos 101 m.<ref>[http://www.archive.org/details/eucalyptihardwoo00lewiuoft Lewin, D. W. 1906: The Eucalypti Hardwood Timbers of Tasmania]</ref> [[O Avó de Chavín]] ([[Viveiro]]), cuns 7,6 metros de circunferencia na base e máis 61,8 metros de altura, é o eucalipto máis alto da [[Península Ibérica]] e un dos máis altos de Europa <ref name="lavozdegalicia.com">Datos da Consellería do Medio Rural. Outras fontes dan medidas diferentes: 10,5 metros de perímetro e 67 metros de altura (''La Voz de Galicia'' (31.01.2009) [http://www.lavozdegalicia.com/portada/2009/01/31/00031233431753875643201.htm], que di basearse en datos oficiais), ou máis de 80 metros de altura (Turgalicia [http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ctre=111&crec=16943&cidi=E]).</ref>. A distribución natural desta árbore abrangue a illa de [[Tasmania]] e o sur do estado australiano de [[Victoria, Australia|Victoria]] (particularmente no sur do estado). Existen poboacións nativas illadas en [[Illa King, Australia|King Island]] e [[Illa Flinders|Flinders Island]], ambas as dúas illas no [[estreito de Bass]]. Froito das repoboacións con fins económicos ou ornamentais, existen na actualidade poboacións establecidas no sur de [[Europa]] (particularmente en [[Galicia]] e [[Portugal]]), sur de [[África]], [[Nova Zelandia]], oeste dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] ([[California]]), [[Hawaii]] e a [[Macaronesia]]<ref>{{Cita web | url = http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?15919 | título = GRIN Taxonomy for Plants - ''Eucalyptus globulus'' | autor = United States Department of Agriculture | data-acceso = 11 de marzo de 2010 | urlarquivo = https://web.archive.org/web/20081028120620/http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?15919 | dataarquivo = 28 de outubro de 2008 | urlmorta = si }}</ref>.
 
En [[lingua inglesa|inglés]] denomínase '''''Tasmanian Blue Gum''''', '''''Southern Blue Gum''''' ou '''''Blue Gum'''''. Os termos ''Tasmanian'' (con orixe en Tasmania) e ''Southern'' (sureño ou meridional) fan referencia á orixe meridional da árbore (sur de Australia e norte de Tasmania). '''''Blue Gum''''' refírese á cor (''blue''=azul) do [[zume (botánica)|zume]] que sae de xeito abondoso da codia da árbore cando se lle fan cortes. ''Gum'' é o [[caucho]] que se forma cando o zume supura. En galego coñécese coma '''eucalipto azul''' ou tamén '''eucalipto branco''' (pola cor da súa codia). Existen tamén segundo a zona unha [[Eucalipto azul#Os eucaliptos na cultura popular galega|ampla sinonimia para denominar á especie]].