Estación dos Peares: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
Recuperando 1 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 19:
 
== Situación ferroviaria ==
A estación atópase no punto quilométrico 28,2 da liña férrea de ancho ibérico que une [[Monforte de Lemos]] con [[Redondela]] a 137 metros de altitude, entre as estacións dos [[Estación de San Pedro do Sil|San Pedro do Sil]] e [[Estación de Barra de Miño|Barra de Miño]].<ref>[https://sede.fomento.gob.es/NR/rdonlyres/4A8F0821-A4B6-4EB0-9F1C-BF4100B2BF77/68661/Ayuda_lineas_Estaciones.pdf Rede ferroviaria española] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100923210532/https://sede.fomento.gob.es/NR/rdonlyres/4A8F0821-A4B6-4EB0-9F1C-BF4100B2BF77/68661/Ayuda_lineas_Estaciones.pdf |date=23 de setembro de 2010 }} ''Ministerio de Fomento''</ref> O tramo é de vía única e está electrificado.
 
Para acceder á estación, e en dirección a [[Ourense]] é necesario superar o viaduto dos Peares, unha ponte de ferro que permite superar o [[río Sil]] no punto no que se une co [[río Miño]].
 
== Historia ==
A estación foi inaugurada o [[1 de decembro]] de [[1884]] coa aperta do tramo [[Monforte de Lemos]]-[[Ourense]] da liña que unía [[Vigo]] con [[Monforte de Lemos]].<ref name="A">[http://www.spanishrailways.net/2012/03/05/medina-del-campo-a-zamora-y-orense-a-vigo-mzov/ Medina del Campo a Zamora e Ourense a Vigo – MZOV]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }} ''Spanishrailway''</ref> A súa explotación inicial quedou a cargo da [[Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo]]. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola [[Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste]] de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.<ref name="A"/> En [[1941]], Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada [[RENFE]].
 
Desde o [[31 de decembro]] de [[2004]] [[Renfe Operadora]] explota a liña mentres que [[Adif]] é a titular das instalacións ferroviarias.