Estación de Medina del Campo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: [[File: → [[Ficheiro:
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 26:
 
== Historia ==
A estación foi aberta o [[15 de setembro]] de [[1860]] coa posta en marcha do tramo [[Medina del Campo]]-[[Valladolid]] da liña radial [[Madrid]]-[[Hendaia]].<ref>[http://www.spanishrailway.com/2012/02/20/caminos-de-hierro-del-norte-de-espana/ Caminos de Hierro del Norte de España] Spanishrailway</ref> A súa explotación inicial quedou a cargo da [[Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España]], que construíu un edificio para viaxeiros, dous peiraos para mercadorías e un depósito para locomotoras. Con todo, a chegada de novas liñas férreas, como a [[Medina del Campo]]-[[Zamora]] en [[1863]] ou a [[Collado Villalba|Villalba]]-[[Segovia]], absorbida pola compañía en [[1884]], supuxeron un aumento crecente do tráfico que converteu rapidamente as instalacións existentes en pequenas. Por iso, en [[1896]], Norte decidiu encargar a Vicente Salga, un dos seus mellores enxeñeiros, a construción dunha nova estación de tipo monumental e estilo francés dotada dunha marquesiña metálica de grandes proporcións, que se inaugurou en [[1902]].<ref name="B">[httphttps://web.archive.org/web/20101003150123/http://www.tcmugt.es/castillayleon/ferroviarios/Miscelanea_archivos/Contenidos/ESTACIONES%20CyL.pdf Con el sello de Norte] ''Luis Guijarro''</ref>
 
En [[1941]], a nacionalización do ferrocarríl en España supuxo o final de Norte e o nacemento de [[RENFE]], que xestionaría a estación ata o [[31 de decembro]] de [[2004]],cando foi dividida en [[Renfe Operadora]] e [[Adif]], sendo esta última a titular das instalacións ferroviarias.