152.305
edicións
(poño modelo Biografía) |
(Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)) |
||
Kraepelin comezou os estudos médicos aos 18 anos, en Leipzig e Wurzburg. En [[Leipzig]], estudou neuropatoloxía con [[Paul Flechsig]] e psicoloxía experimental con [[Wilhelm Wundt]]. Kraepelin sería un discípulo que Wundt e tería durante toda a súa vida interese na psicoloxía experimental baseada nas súas teorías. Nesa época, Kraepelin escribiu un ensaio que foi premiado, "A influencia das enfermidades agudas nas causas das desordes mentais". Obtivo o seu título de médico en 1878. En 1879, foi traballar con [[Bernhard von Gudden]] na Universidade de Múnic, onde completou a súa tese, "O lugar da psicoloxía na psiquiatría". Volveu á universidade de Leipzig en 1882, traballou na clínica de neuroloxía de [[Wilhelm Heinrich Erb]] e no laboratorio de psicofarmacoloxía de Wundt.
A principal obra de Kraepelin, "Compendium der Psychiatrie", foi publicada por primeira vez en 1883. Nela, propoñía que a psiquiatría era unha rama das ciencias médicas e que debía ser investigada mediante a observación e a experimentación como as demais ciencias naturais. Quería que se investigasen as causas físicas das doenzas mentais, e comezou a establecer os alicerces do sistema de clasificación moderno das desordes mentais. Kraepelin cría que estudando historias de casos e identificando as desordes, podería chegar a predicir a evolución dunha enfermidade mental, tendo en conta tamén as diferenzas individuais da personalidade e as idades dos pacientes no inicio das enfermidades.<ref name=Alic2001>[
En 1884 converteuse en médico xefe en Leubus e ao ano seguinte era nomeado director do Instituto de Tratamento e Enfermería de [[Dresden]]. En 1886, con trinta anos, Kraepelin era nomeado profesor de psiquiatría da [[Universidade de Dorpat]] (máis tarde a [[Universidade de Tartu]]) no que é hoxe [[Estonia]]. Mentres estaba en Dorpat, foi o director da Clínica Universitaria de Tartu. Alí comezou a estudar e a anotar moitas historias clínicas en detalle que lle levou a considerar a importancia do curso dunha enfermidade en relación á clasificación das desordes mentais.
=== Ligazóns externas ===
* [
{{Control de autoridades}}
|