Diferenzas entre revisións de «Ebolavirus»

Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
m (→‎Clasificación: Arranxos varios, replaced: {{cite news → {{Cita novas)
(Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8))
As cinco especies caracterizadas de ebolavirus, que cada unha contén un só virus, son:
 
; ''[[virus Ebola|Ebolavirus Zaire]]'' (contén o virus Ebola, EBOV): Tamén chamado simplemente virus Zaire ou [[virus Ebola]], EBOV, que ten a maior taxa de mortalidade, de ata o 90% nalgunhas epidemias, cunha media do 83% nos últimos 27 anos. Houbo máis estalidos epidémicos do ebolavirus Zaire que de calquera das outras especies. O primeiro ocorreu en 1976 en [[Yambuku]].<ref>{{Cita publicación periódica|author=Isaacson, M; Sureau, P; Courteille, G; Pattyn, SR;|title=Clinical Aspects of Ebola Virus Disease at the Ngaliema Hospital, Kinshasa, Zaire, 1976|url=http://www.itg.be/ebola/ebola-12.htm|accessdate=2009-07-08|ref=harv|apelidos=|data=|revista=|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20081211042525/http://www.itg.be/ebola/ebola-12.htm|dataarquivo=11 de decembro de 2008|urlmorta=si}}</ref> Os síntomas lembraban aos da [[malaria]], e aos pacientes se lles deu [[quinina]]. A tansmisión foi atribuída á reutilización de agullas non esterilizadas e a un contacto persoal estreito. É o causante da epidemia de 2014, a máis grave ata o momento.
 
; ''[[virus Sudán|Ebolavirus Sudán]]'' (contén o virus Sudán, SUDV): Igual que o virus Zaire, o SUDV apareceu en 1976, e ao principio pensouse que era idéntico á especie Zaire.<ref name=Lancet2011>Feldmann, H.; Geisbert, T. W. (2011). "Ebola haemorrhagic fever". The Lancet 377 (9768): 849–862. doi:10.1016/S0140-6736(10)60667-8. PMID 21084112.</ref> O SUDV crese que empezou en traballadores dunha fábrica de algodón en Nzara, [[Sudán]] (hoxe en [[Sudán do Sur]]), e o primeiro caso foi o dun traballador exposto a un reservorio natural potencial. Os científicos examinaron os insectos e outros animais locais, mais ningún deu positivo para o virus. O portador aínda é descoñecido. A falta de barreiras contra o contaxio durante a atención médica (ou "illamento de camas") facilitou o espallamento da enfermidade. O estalido máis recente ocorreu en 2004. Confirmáronse 20 casos en Yambio, Sudán, dos que cinco morreron. As taxas medias de mortalidade da infección por SUDV foron o 54% en 1976, o 68% en 1979, e o 53% en 2000 e 2001.
 
; ''[[virus Reston|Ebolavirus Reston]]'' (contén o virus Reston, RESTV): Este virus descubriuse durante o estalido epidémico do [[virus da febre hemorráxica de simios]] (SHFV) en [[Macaca fascicularis|macacos cangrexeiros]] que tiñan os [[Covance|Hazleton Laboratories]] (hoxe Covance) en [[Reston, Virxinia]], EUA en 1989. Desde o estalido inicial en [[Virxinia]], volveuse a dar en primates non humanos en [[Pensilvania]], [[Texas]], e [[Siena]], [[Italia]]. En todos os casos, os animais afectados foran importados dunha instalación de [[Filipinas]].<ref name="KnownCasesCDC">{{Cita web|url=http://www.cdc.gov/ncidod/dvrd/spb/mnpages/dispages/ebola/ebolatable.htm|title=Known Cases and Outbreaks of Ebola Hemorrhagic Fever|accessdate=2008-08-02|author=Special Pathogens Branch CDC|date=2008-01-14|publisher=Center for Disease Control and Prevention|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20081004130344/http://cdc.gov/ncidod/dvrd/spb/mnpages/dispages/ebola/ebolatable.htm|dataarquivo=04 de outubro de 2008|urlmorta=si}}</ref> Posteriormente, en Filipinas o virus tamén afectou a [[porco]]s.<ref>{{Cita novas|url=http://www.nytimes.com/2009/01/24/health/24ebola.html|title=Pig-to-Human Ebola Case Suspected in Philippines|accessdate=2009-01-26|date=2009-01-24|publisher=New York Times | first=Donald G. | last=McNeil Jr}}</ref> Malia a súa consideración como organismo de Nivel 4 de [[bioseguridade]] e a súa aparente [[patóxeno|patoxenicidade]] en monos, o REBOV non causou a enfermidade en ningún dos humanos expostos nos laboratorios.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|McCormick|Fisher-Hoch|1999|p=300}}</ref>
 
; ''[[virus Taï Forest|Ebolavirus Bosque Taï]]'' (contén o virus Bosque Taï, TAFV): Antes denominado ''Côte d'Ivoire ebolavirus'', descubriuse nos [[chimpancé]]s do [[Parque Nacional de Taï]] de [[Costa do Marfil]], [[África]], en 1994, polo que se lle acabou chamado virus Bosque Taï (ou Taï Forest). As [[autopsia]]s mostraron que o sangue no corazón tiña cor castaña; non había signos evidentes nos órganos; e nunha das necropsias os pulmóns estaban cheos de sangue. Os estudos dos tecidos extraídos dos chimpancés mostraron resultados similares aos dos casos humanos do brote de Ebola de 1976 en Zaire e Sudán. A medida que se atoparon máis chimpancés mortos, moitos deron positivo para o Ebola utilizando técnicas moleculares. A fonte dos virus crese que foi a carne de monos colobos occidentais infectados (''[[Procolobus badius]]'') que os chimpancés depredaron. Unha das científicas que realizaron as autopsias dos chimpancés infectados contraeu o Ebola, e desenvolveu síntomas similares aos do [[dengue (enfermidade)|dengue]] aproximadamente unha semana despois de que realizase a autopsia, tardou en curar seis semanas desde a infección, das cales dúas foron de hospitalización.<ref>{{Cita libro|last=Waterman|first=Tara|title=Ebola Cote D'Ivoire Outbreaks|url=http://virus.stanford.edu/filo/eboci.html|accessdate=2009-05-30|year=1999|publisher=Stanford University}}</ref>
122.195

edicións