Dama do Lago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 5:
O personaxe pasou a ter un lugar de relevancia na literatura artúrica, a cal axudou á súa difusión na cultura occidental. Aparece en moitas das obras medievais sobre o [[rei Artur]]. A primeira vez que aparece nunha obra literaria é a finais do [[século XII]] en ''Lancelot, o Cabaleiro da Carreta'', de [[Chrétien de Troyes]], aínda que non se identificaba polo seu nome aínda, exercendo o seu papel de madriña ou nai adoptiva do cabaleiro da mesa redonda Sir [[Lanzarote do Lago]]. Nesta obra, a Dona do Lago entrega un anel máxico a Lanzarote, o cal o protexerá de calquera encantamento. Esta alusión ao carácter máxico do personaxe toma forma cando no ciclo ''[[Lanzarote-Grial]]'' se menciona a ela expresamente como [[fada]]. N´''[[A morte de Artur]]'', de Sir [[Thomas Malory]], a Dama do Lago é quen fai entrega a Artur da lendaria espada [[Excalibur]].
 
[[Ficheiro:The Beguiling of Merlin by Edward Burne-Jones.jpg|miniatura|esquerda|180px|''A sedución de Merlín'', pintura do prerrafaelita [[Edward Burne-Jones]], 1874]]
A Dama do Lago é responsábel da desaparición de Merlín, ao pechalo por toda a eternidade nunha cova, aproveitando a influencia que ten sobre o mago namorado. Segundo o ''Lanzarote en prosa'', Merlín ensinou os seus segredos máxicos a Viviane, pola promesa que esta lle fixo de que, en pago, ela lle entregaría o seu amor. No entanto, Viviane aproveita o coñecemento destes segredos para pechar a Merlín. O mago xa vira o seu propio destino, pero non foi quen de o evitar, o cal supón que Viviane posuía un poder extraordinariamente forte para manipular e encantar, incluso a un gran feiticeiro.