Dwight Howard: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 32:
Na súa segunda tempada as súas números medraron até os 15,8 puntos e 12,5 rebotes. O [[16 de novembro]] de [[2007]], durante o partido entre [[Orlando Magic|Magic]] e [[New Jersey Nets|Nets]], Howard converteuse no xogador máis novo da historia en alcanzar os 3000 rebotes; superando así a marca anterior, en posesión de [[Shaquille O'Neal]]. Gañouse o alcume de [[Superman]], que antes tiña [[Shaquille O'Neal]], ao realizar un mate no Sprite Slam Dunk 2008 vestido coma esta personaxe de ficción, no All Star de [[Nova Orleans]], que finalmente gañou. En [[2008]] e [[2009]] foi o máximo reboteador da competición.
 
O [[10 de agosto]] de [[2012]], Howard foi traspasado dende Orlando ós [[Los Angeles Lakers]] nun traspaso entre catro equipos que incluía tamén ós [[Philadelphia 76ers]] e ós [[Denver Nuggets]]. Os Lakers recibiron ademais a [[Earl Clark]] e [[Chris Duhon]]; os Magic recibiron a [[Josh McRoberts]], [[Christian Eyenga]], [[Maurice Harkless]], [[Nikola Vucevic]], [[Arron Afflalo]], [[Al Harrington]], e eleccións do Draft; Philadelphia a [[Jason Richardson]] e [[Andrew Bynum]]; e Denver recibiu a [[Andre Iguodala]].<ref>{{Cita web |accessdate=2012-08-10 |url=http://www.nba.com/2012/news/08/10/dwight-howard-trade.ap/index.html |title=It's official: Howard dealt to Lakers in four-team trade |publisher=NBA |date=2012-08-10 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120811080542/http://www.nba.com/2012/news/08/10/dwight-howard-trade.ap/index.html |dataarquivo=11 de agosto de 2012 |urlmorta=si }}</ref>
 
Tras decidir ser [[axente libre]] no verán de 2013, Howard reuniuse a comezos do mes de xullo de 2013 cos Lakers, [[Dallas Mavericks]], [[Houston Rockets]], [[Golden State Warriors]] e [[Atlanta Hawks]]. O [[5 de xullo]] de 2013, Howard anunciou a súa intención de asinar polos Rockets.<ref>{{Cita web|url=http://sports.yahoo.com/news/mavs-dwight-howard-move-plan-214527770--nba.html|title=Dwight Howard tweets that he'll sign with Rockets|publisher=Yahoo! Sports|author=Mahoney, Brian|date=5 de xullo de 2013|accessdate=5 de xullo de 2013}}</ref> Asinou oficialmente co equipo o [[13 de xullo]] de 2013.<ref>{{Cita web|url=http://www.nba.com/rockets/news/howard-selects-houston-free-agency|title=Howard Selects Houston in Free Agency|date=13 de xullo de 2013|work=NBA.com|publisher=Turner Sports Interactive, Inc|accessdate=13 de xullo de 2013}}</ref>