Abrir o menú principal

Cambios

Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Os rexistros máis antigos descubertos que recollen listas de liñaxes,amosando unha formalización da selección dos animais, datan do século -XVI e están escritos en [[lingua hitita]]. A selección moderna das especies recorre a ferramentas notablemente [[estatística]]s aplicadas ós coñecementos xenéticos. Requiren dunha avaliación tan obxectiva como sexa posible dos suxeitos e unha organización rigorosa dos programas de cría, co fin de obter unha mellora do rendemento das liñaxes en función de obxectivos determinados. Estas seleccións son implementadas por organizacións especializadas.
 
A selección sobre a base de criterios estritos de rendemento é criticada polos inconvenientes que comporta, como por exemplo a fraxilidade dos suxeitos,<ref name="poulet">{{cita web|url=http://www.inra.fr/internet/Produits/PA/an2000/num201/sanchez/as201.htm|título=Croissance musculaire et fonction cardio-respiratoire chez le poulet de chair |autor=A. Sanchez, M. Plouzeau, P. Rault, M. Picard|editor=INRA|data=2000}}</ref> ou pola ameaza que representa par a [[biodiversidade]] das razas domñesticas, impoñendo un número reducido de liñaxes. Como resposta, téndese a integrar criterios de selección máis amplos, como a facilidade de [[parto]], ademais do rendemento ó aleitar ou o crecemento. Esta selección tamén pode intentar responder a necesidades moi precisas, como unha redución dos elementos máis contaminantes das feces dos animais, que representan un problema en sitacións de cría intensiva.<ref>{{cita web|url=http://www.omafra.gov.on.ca/french/research/environment/compendium/other.htm|título= Compendium des recherches sur l'environnement financées par le MAAO Autres recherches en environnement (EN)|editor=omafra.gov.on.ca|data-acceso=18 de xullo de 2015|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070718055400/http://www.omafra.gov.on.ca/french/research/environment/compendium/other.htm|dataarquivo=18 de xullo de 2007|urlmorta=si}}</ref> Por outra banda, as variedades pouco seleccionadas (chamadas «rústicas») son recoñecodes non só como recursos xenéticos potenciais, senón tamén pola súa adaptación a determinados xeitos ou sistemes de cría [[gandería intensiva|intensiva]]. O [[Centre national de la recherche scientifique|CNRS]] [[Francia|francés]] calculou no 2005 que o 50% das razas de paxaros domésticos están en vía de extinción.<ref>{{cita web|url=http://www2.cnrs.fr/presse/journal/2105.htm|título=Une cryobanque pour les oiseaux domestiques|editor=le journal du CNRS|data= N°183, abril del 2005}}</ref> A selección dos animais está relacionada cuns obxectivos e un tipo de cría determinados. Ademais, se as organizacións especializadas se encargan da selección, isto pode reducir a autonomía dos produtores e deixalos nunha situación de dependencia cara estas organizacións, especialmente no tocante ó tipo de produción.
 
Malia estes límites, a selección actual ten unha gran eficacia. O progreso xenético obtido pode ser significativo sobre un período duns anps, cousa que amosa que a transformación das especies domésticas non está nin de lonxe rematada. Os esforzos tamén se concentran nas novas especies criadas, especialmente [[peixe]]s.
98.430

edicións