Depuración de augas residuais: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
arranxiño |
Recuperando 6 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8) |
||
Liña 35:
O pretratamento retira todos os materiais que poden ser recoillidos facilmente das augas residuais iniciais antes de que produzan un dano ou entupan os tubos e bombas para o tratamento primario. Os obxectos que xeralmente se retiran son lixo, follas, ramiñas, e outros obxectos grandes.
As augas residuais son cribadas nunha serie de cribas con reixas de distintos calibres, que reteñen obxectos grandes como latas, trapos, paus, plástico etc. que levan as augas residuais.<ref>Water and Environmental Health at London and Loughborough (1999). [http://www.lut.ac.uk/well/resources/technical-briefs/64-wastewater-treatment-options.pdf "Waste water Treatment Options."] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20110717210830/http://www.lut.ac.uk/well/resources/technical-briefs/64-wastewater-treatment-options.pdf |date=17 de xullo de 2011 }} Technical brief no. 64. London School of Hygiene & Tropical Medicine and Loughborough University.</ref> Este proceso chámase desbaste. Nas plantas de tratamento grandes estas pantallas enreixadas fan a súa acción de angazo automaticamente a unha velocidade axeitada á acumulación de restos e velocidade do fluxo de auga. Os sólidos recollidos deposítanse nun vertedoiro ou lévanse a unha incineradora.<ref name="EPA Primer">EPA. Washington, DC (2004). [http://www.epa.gov/npdes/pubs/primer.pdf "Primer for Municipal Waste water Treatment Systems."] Document no. EPA 832-R-04-001.</ref><sup>Páx. 9</sup>
==== Eliminación de gravas e areas ====
Liña 47:
=== Tratamento primario ===
Na fase de sedimentación primaria, as augas residuais flúen a tanvés de grandes tanques, ou depósitos [[decantador]]es de "presedimentación", "tanques de sedimentación primaria" ou "clarificadores primarios".<ref>Huber Company, Berching, Germany (2012). [http://www.huber.de/products/sedimentation-tanks.html "Sedimentation Tanks."] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120118005951/http://www.huber.de/products/sedimentation-tanks.html |date=18 de xaneiro de 2012 }}</ref> Nestes tanques sedimentan os lodos mentres que as graxas van á superficie e son retiradas. Os tanques de sedimentación primaria están xeralmente provistos de raspadores mecánicos que continuamente retiran os lodos do fondo cara a unha moega na base do tanque, desde onde se bombea ás instalacións para o tratamento de lodos.<ref name="EPA Primer" /><sup>Páx. 9–11</sup> Ás veces recupérase o aceite e graxa retirado da superficie por [[saponificación]].
A sedimentación faise por gravidade ou axudada por coagulantes e floculantes (sales de ferro, aluminio e polielectrólitos floculantes), que fan precipitar o fósforo, os sólidos en suspensión moi finos ou os que están en estado de coloide.
Liña 53:
=== Tratamento secundario ===
O tratamento secundario está pensado para degradar o contido biolóxico (materia orgánica) das augas residuais derivado de residuais humanos, restos de alimentos, xabóns e deterxentes. A maioría das estacións municipais tratan o licor residual sedimentado utilizando procesos aerobios biolóxicos. Para ser efectiva, a biota microbiana que realizará isto necesita [[oxíxeno molecular]] e alimento para vivr. As [[bacteria]]s e [[protozoo]]s consomen os contaminantes solubles orgánicos biodegradables (azucres, graxas, moléculas orgánicas de cadea curta etc.) e xuntan a maioría das fraccións menos solubles en [[floculación|flóculos]]. Os sistemas de tratamento secundario clasifícanse como de ''película fixa'' ou de ''crecemento en suspensión''.
* Os sistemas de '''película fixa''' ou de '''crecemento adherido''' inclúen [[filtro de goteo|filtros de goteos]], biotorres, e [[contactor biolóxico rotatorio|contactores biolóxicos rotatorios]] onde a biomasa crece sobre un medio e as augas residuais pasan sobre a súa superficie.<ref name="EPA Primer" /><sup>Páx. 11–13</sup> O principio de película fixa foi máis desenvolvido nos reactores de biofilm de cama móbil ([http://www.waterworld.com/_search?q=mbbr&x=0&y=0 MBBR]), e nos procesos ([http://www.waterworld.com/_search?q=mbbr&x=0&y=0 IFAS]) de lodos activados de película fixa integrada. Un sistema de película de cama móbil normalmente ten unha pegada ecolóxica menor que os sistemas de crecemento en suspensión.<ref>Black & Veatch, Inc. leaflet at the Wayback Machine (archived October 26, 2010). [
* Os sistemas de '''crecemento en suspensión''' ou suspendido utilizan [[lodo activado|lodos activados]], nos que a biomasa se mestura coas augas residuais e poden funcionar nun espazo máis reducido que os filtros de goteo que traten un mesmo volume de fluxo de auga. Porén, os sistemas de película fixa poden tratar mellor os cambios drásticos na cantidade de material biolóxico e poden ter maiores taxas de eliminación de materia orgánica que os sistemas de crecemento en suspensión.<ref name="EPA Primer" /><sup>Páx. 11–13</sup>
Liña 81:
Outro tipo de sistema de depuración para plantas pequenas é o que utiliza lagoas aireadas.<ref>Maine Department of Environmental Protection. Augusta, ME. [http://www.lagoonsonline.com "Aerated Lagoons – Wastewater Treatment."] Maine Lagoon Systems Task Force. Accessed 2010-07-11.</ref>
Moitos procesos de oxidación biolóxica para tratar augas residuais industriais teñen en común o uso de oxíeno (ou aire) e a acción microbiana. Estas lagoas de superficie aireada retiran un 80-90% da [[DBO]] con tempos de retención de 1 a 10 días.<ref name=Basin>{{Cita publicación periódica|author=Beychok, M.R.|year=1971|title=Performance of surface-aerated basins|journal=Chemical Engineering Progress Symposium Series|volume=67|issue=107|pages=322–339}} [http://md1.csa.com/partners/viewrecord.php?requester=gs&collection=ENV&recid=7112203&q=&uid=788301038&setcookie=yes Available at CSA Illumina website] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20071114140052/http://md1.csa.com/partners/viewrecord.php?requester=gs&collection=ENV&recid=7112203&q=&uid=788301038&setcookie=yes |date=14 de novembro de 2007 }}</ref> As lagoas poden ter unha profundidade de 1,5 a 5,0 metros e utilizar aireadores motorizados que flotan na superficie da auga residual.<ref name=Basin/>
Nun sistema de lagoas aireadas, os aireadores teñen dúas funcións: transfiren á lagoa o aire necesario para as reaccións de oxidación biolóxica, e realizan o mesturado necesario para dispersar o aire e facilitar o contacto entre os reactantes (é dicir, oxíxeno, as augas residuais e os microbios). Xeralmente, os aireadores de superficie flotantes fanse funcionar de modo que movan unha cantidade de aire equivalente a de 1,8 a 2,7 kg de O<sub>2</sub>/[[watio-hora|kW·h]]. Porén, non proporcionan unha mestura tan boa coma a que se acada normalmente nos sistemas de lodos activados e, por tanto, as lagoas aireadas teñen menor rendemento.<ref name=Basin/>
Liña 200:
Cando se produce un lodo líquido, cómpre un tratamento adicional deste antes de que estea en condicións de ser vertido.
Xeralmente, os lodos son primeiro espesados (elimínase a auga) para reducir o volume do lodo a transportar e verter. Non hai ningún proceso que elimine completamente a necesidade de ter que verter os biosólidos. Porén, hai un paso adicional que algunhas cidades están a tomar para superquentar os lodos e convertelos en pequenos gránulos peletizados que son ricos en nitróxeno e outros materiais orgánicos. O produto pode utilizarse como fertilizante. Moitos dos lodos orixinados en áreas industriais ou comerciais está contaminado con materiais tóxicos.<ref>Langenkamp, H., Part, P. (2001). [http://ec.europa.eu/environment/waste/sludge/pdf/organics_in_sludge.pdf "Organic Contaminants in Sewage Sludge for Agricultural Use."] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20140824213444/http://ec.europa.eu/environment/waste/sludge/pdf/organics_in_sludge.pdf |date=24 de agosto de 2014 }} European Commission Joint Research Centre, Institute for Environment and Sustainability, Soil and Waste Unit. Brussels, Belgium.</ref> Cando hai elevadas concentracións de ditos materiais, estes poden facer que os lodos non sexan axeitados para o seu uso agrícola e deban ser incinerados ou depositados nun vertedoiro.
== Tratamento no medio ambiente receptor ==
[[Ficheiro:MiRO3.jpg|miniatura|A estación de depuración de [[Karlsruhe]], Alemaña verte no [[río Alb]] no norte da [[Selva Negra]].]]
Moitos dos procesos realizados nas [[EDAR|estacións de depuración de augas residuais]] están deseñados para imitar os procesos que ocorren no medio ambiente, tanto se este é un corpo de auga natural como se é a terra e subsolo. Se non están sobrecargadas, as bacterias do medio ambiente consomen os contaminantes orgánicos, aínda que isto reduce os niveis de oxíxeno na auga e pode cambiar significativamente a [[ecoloxía]] global das augas receptoras. As poboacións de bacterias nativas aliméntanse dos contaminantes orgánicos, e as cifras de microorganismos patóxenos presentes son reducidas polas condicións do ambiente natural como a exposición á predación ou á radiación ultravioleta. En consecuencia, en casos en que o medio ambiente receptor proprociona un alto nivel de dilución, non é necesario que haxa un alto grao de tratamento das augas residuais. Porén, hai probas recentes que demostran que se hai niveis moi baixos de contaminantes específicos nas augas residuais, incluíndo [[hormona]]s (procedentes da cría gandeira e residuos de hormonas contraceptivas humanas) ou de materiais sintéticos como [[ftalato]]s, que imitan na súa acción ás hormonas, poden ter un impacto adverso impredicible na biota natural e potencialmente nos humanos se a auga se reutiliza como auga potable.<ref>Environment Agency (archive) – Persistent, bioaccumulative and toxic PBT substances at the Wayback Machine (archived August 4, 2006). environment-agency.gov.uk. Retrieved on 2012-12-19^[http://www.environment-agency.gov.uk/business/444304/1290036/1290100/1290353/1294402/1311542/?version=1&lang=_e] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20060804195610/http://www.environment-agency.gov.uk/business/444304/1290036/1290100/1290353/1294402/1311542/?version=1&lang=_e |date=04 de agosto de 2006 }}</ref><ref>[http://planetearth.nerc.ac.uk/news/story.aspx?id=297 Natural Environmental Research Council – River sewage pollution found to be disrupting fish hormones]. Planetearth.nerc.ac.uk. Retrieved on 2012-12-19.</ref><ref>Endocrine Disruption Found in Fish Exposed to Municipal Wastewater at the Wayback Machine (archived October 15, 2011). USGS [http://toxics.usgs.gov/highlights/wastewater_fish.html]</ref> Na [[Unión Europea]] e [[EUA]], os vertidos incontrolados de augas residuais ao medio ambiente non están permitidas pola lei, e existen requirimentos estritos sobre a cualidade da auga vertida. Un importante problema nas próximas décadas será o incremento de vertidos de augas residuais incontrolados nos países en desenvolvemento.
As augas residuais poden verterse en estanques de estabilización (ou de tratamento), que poden ser dos seguintes tipos:
Liña 222:
A limitación de fósforo é un posible resultado do tratamento das augas residuais e orixina un [[plancto]] dominado por [[flaxelados]], especialmente en verán e outono.<ref>Edmondson, W.T. (1972). "Nutrients and Phytoplankton in Lake Washington." in ''Nutrients and Eutrophication: The Limiting Nutrient Controversy.'' American Society of Limnology and Oceanography, Special Symposia. Vol. 1.</ref>
Ao mesmo tempo noutro estudo sobre vertidos de augas tratadas nos madios mariños encontráronse altas concentracións de nutrientes ligadas a efluentes de augas residuais. As altas concentracións de nutrientes fan que haxa unhas concentracións altas de [[clorofila a]], que é unha indicación da produción primaria en ambientes mariños. Unha alta produción primaria significa elevadas poboacións de [[fitoplancto]] e moi probablemente altas poboacións de zooplancto porque o zooplancto se alimenta do fitoplancto. Porén, o efluente que se verte en sistemas mariños tamén produce unha maior inestabilidade das poboacións.<ref>{{Cita publicación periódica|author=Caperon, J.; Cattell, S. A. and Krasnick, G.|url=http://www.nospam.aslo.org/lo/toc/vol_16/issue_4/0599.pdf
Un estudo levado a cabo en [[Reino Unido]] atopou que a calidade do efluente afectaba á vida planctónica das augas que estaba en contacto directo co efluente. Os efluentes avoltos, de baixa calidade non conteñen [[protozoo]]s [[ciliados]] ou só conteñen unhas poucas especies en pequenas cantidades. Por outra parte, os efluentes de grande calidade contiñan unha ampla variedade de protozoos ciliados en grandes cantidades. Segundo estes datos, parece pouco probable que algún compoñente dos efluentes industriais teña por si mesmo efectos daniños sobre as poboacións dos protozoos en plantas de lodos activados.<ref>{{Cita publicación periódica |doi=10.1016/0043-1354(70)90069-2 |title=Protozoa in biological sewage-treatment processes—I. A survey of the protozoan fauna of British percolating filters and activated-sludge plants|year=1970|last1=Curds|first1=C.R|last2=Cockburn|first2=A|journal=Water Research|volume=4|issue=3|page=225}}</ref>
|