Diferenzas entre revisións de «Decretos de Nueva Planta»

Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
(Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8))
Os Decretos de Nueva Planta supuxeron a morte xurídica dos territorios da Coroa de Aragón como entidades con personalidade propia porque quedaron sumidos dentro do ''maremagnum'' castelanizante e provocaron o debilitamento da conciencia nacional. Así mesmo, non só se conseguiu a desaparición das estruturas políticas peculiares e propias destes países, senón que empezou a batalla política contra o catalán a todos os niveis, incluída a Igrexa, chegando ao feito de que en [[1730]] o arcebispo Mayoral ordenou aos seus reitores que castelanizasen nomes e apelidos nos rexistros parroquiais.
 
Á fin e ao cabo supuxo a perda da capacidade lexislativa e do control económico, fiscal, xudicial, aduaneiro e monetario propio e a dependencia dos aparatos políticos casteláns, á parte de impor a autoridade real por riba da legal<ref>[http://www.francescferrer.net/pub/cat/redaccio/notis-detall.asp?Item=1548&seccio=Noticies Manifesto] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20070927225130/http://www.francescferrer.net/pub/cat/redaccio/notis-detall.asp?Item=1548&seccio=Noticies |date=27 de setembro de 2007 }} de [[Francesc Ferrer]] lido en 1976 na Devesa de Girona, nos actos organitzados na primeira celebración da [[Diada de Cataluña|Diada]].</ref>.
 
== Imposición dun modelo político ==
Non se aboliu en todos os reinos todo o dereito foral, dado que nalgúns, como o de Mallorca, se aboliu só o dereito político e administrativo e non o penal, o procesual nin o privado. No caso do reino de Aragón, onde houbo dous Decretos de Nueva Planta (en 1707 e 1710), co segundo restaurouse o dereito privado que se abolira co primeiro. Tampouco perdeu o dereito privado o Principado de Cataluña. Así que, tan só perdeu este dereito o reino de Valencia xunto con todos os outros dereitos.
[[Ficheiro:ConstCATMonso1535.png|miniatura|dereita|Os Decretos de Nueva Planta supuxeron a abolición de feito das [[Constitucións catalás]] (Compilación das constitucións de [[1585]]).]]
De feito, o artigo 42 do Decreto para o Principado de Cataluña di textualmente: "En todo o que non estea nos capítulos precedentes deste decreto, obsérvanse as constitucións que antes había en Cataluña; entendéndose, que son de novo establecidas por este decreto, e que teñen a mesma forza e vigor que o individual manado del"<ref>[http://www.mcu.es/archivos/lhe/Consultas/imagen.jsp?cod=003646&pos=12 Artigo 42] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20080319082510/http://www.mcu.es/archivos/lhe/Consultas/imagen.jsp?cod=003646&pos=12 |date=19 de marzo de 2008 }} (56 nesta edición).</ref>. Isto significou a prevalencia do Dereito Civil Catalán, pois no capítulos anteriores non se fala en absoluto deste<ref>de Camps e Arboix, J.: ''El Decret de Nova Planta''. Rafael Dalmau, editor, Barcelona 2005, páx 35 e ss. {{ca}}.</ref>.
 
== Abolición das institucións catalás ==
147.213

edicións