Dakar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Dominio colonial francés: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 86:
En dito marco político e histórico tivo lugar a [[batalla de Dakar]], o [[25 de setembro]] de [[1940]], unha batalla naval polo control da [[África Occidental francesa]], que supuxo o intento frustrado por parte das tropas da [[Francia Libre]] (as [[Forzas francesas libres]]) e dos [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|Aliados]] de expulsar do lugar os homes do xeneral [[Pierre Boisson]], que seguían fieis á [[Francia de Vichy]] aliada do [[Terceiro Reich]]. A batalla pretendía afastar os alemáns das colonias francesas do [[océano Atlántico]], especialmente a súa frota submarina, ante a inminente [[batalla do Atlántico]] centrada en torno á ruta de subministración do [[Reino Unido]]. Con posterioridade á batalla produciuse a ''Operación Ameaza'', un intento frustrado de desembarco en Dakar. Estes combates supuxeron o primeiro enfrontamento en combate dos franceses entre si desde a creación da Francia Libre.
 
Xa finalizada a guerra, Dakar recibiu a visita do [[presidente de Francia]] [[Vincent Auriol]], a primeira que efectuaba un xefe de Estado de Francia a un territorio colonial na [[África]] negra.<ref>[{{Cita web |url=http://www.cites.tv/TV5Site/dakar/fr/lavie/lavie_histoire.html |título=Fonte: TV5] |data-acceso=13 de outubro de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080106171854/http://www.cites.tv/TV5Site/dakar/fr/lavie/lavie_histoire.html |dataarquivo=06 de xaneiro de 2008 |urlmorta=si }}</ref> Nesas datas a cidade xa contaba cuns 135.000 habitantes.
 
O [[26 de agosto]] de [[1958]], o [[xeneral]] [[Charles de Gaulle]], sendo xa [[presidente de Francia]], visita Dakar, sendo recibido á súa chegada por unha manifestación multitudinaria que esixe a independencia do país.