Diferenzas entre revisións de «Colonia, Alemaña»

Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
m (Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos)
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8))
Na [[Segunda Guerra Mundial]], a cidade histórica de Colonia foi devastada polos bombardeos. As labouras de reconstrución duraron toda a segunda metade do [[século XX]] sendo as vellas igrexas románicas unha prioridade. A ''tabula rasa'' na que se convertera a ''Alstadt'' foi aproveitada para a introdución de grandes arterias para o automóbil (que xa foran planificadas na época nazi). Sobre todo no eixo leste-oeste destruíron un tanto a beleza da Praza do Feo, aberta agora cunha ponte cara a Deutz <ref>[http://www.die-domspitzen.de/images/stadtplan.jpg ''O centro actual de Colonia nunha perspectiva de cómic'']</ref>).
 
Nas últimas décadas a fronte medieval sobre o Rin ten sido convertido en parque coa transformación do primitivo porto en peirao de lecer. Por outra parte, o ''Rheinauhafen'' do fin do XIX ten sido obxecto dunha reconversión urbana transformándose en área de oficinas e residencial <ref>''Plan de rexeneración do Rheinauhafen, na ribeira sur da cidade histórica''[http://www.moderneskoeln.de/Rheinauhafen.htm] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20110719062500/http://www.moderneskoeln.de/Rheinauhafen.htm |date=19 de xullo de 2011 }}</ref>. O porto moderno foi desenvolvéndose con novos peiraos augas abaixo do río.
 
Aínda que a capitalidade de [[Renania do Norte-Westfalia]] foi situada en [[Düsseldorf]] e a federal na próxima [[Bonn]] (ata 1990), a Colonia contemporánea desenvolveuse coma centro cultural, da industria editorial e medios de comunicación. O ''Media Park'' (nunha antiga praia de vías férreas no NO da Neustadt, a carón do Stadtgarten) foi deseñado coma área de innovación para o [[século XXI]]. Tamén en Deutz, na beira oriental, estase a levar a cabo un ambicioso centro loxístico (estación do ferrocarril de alta velocidade), dotacional e comercial.
178.045

edicións