Club Deportivo Ourense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Clarificación de que o equipo desapareceu.
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 25:
 
=== Nacemento do Club Deportivo Ourense ===
O Club Deportivo Ourense constituíuse o [[10 de setembro]] do [[1952]], con [[Jesús Díaz Varela]] na presidencia.<ref>[http://cdourense.iespana.es/temporadas/52-53.htm "Temporada 1952-53"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100320051533/http://cdourense.iespana.es/temporadas/52-53.htm |date=20 de marzo de 2010 }}, historia do CD Ourense {{es}}.</ref> O club, formado con xogadores locais e afeccionados, debutou en división rexional, pero logrou o ascenso á Terceira División o primeiro ano debido a unha vacante. Tras unha primeira tempada de consolidación na categoría marcouse como obxectivo o ascenso á Segunda División.
 
O equipo clasificouse para as fases finais polo ascenso en tres ocasións consecutivas, acadándoo finalmente no cuarto intento na tempada 1958–59, tras derrotar ao [[Club Deportivo Getxo|CD Getxo]]. Logo de acadar o terceiro posto na tempada de debut en Segunda División, o equipo mantívose cinco anos máis na división de prata. Na campaña 1964–65 descendeu ao finalizar en penúltimo lugar do seu grupo.<ref>[http://cdourense.iespana.es/temporadas/breve_historia.htm "Breve historia"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100319232143/http://cdourense.iespana.es/temporadas/breve_historia.htm |date=19 de marzo de 2010 }}, historia do CD Ourense {{es}}.</ref>
 
Nas seguintes campañas logrouse unha forte superioridade sobre os rivais nas categorías rexionais, copando as primeiras posicións do seu grupo. No 1969 conséguese o regreso á segunda división tras vencer ao [[Bilbao Athletic]], se ben só se permaneceu alí un ano ao terminar en última posición. Regresouse de novo no [[1973]], permanecendo dúas campañas até un novo descenso.