Cirurxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 19:
O desenvolvemento e o progreso da cirurxía en occidente estivo moi influído por numerosos acontecementos, e durante moi longo tempo os cirurxiáns foron relegados nunha caste inferior entre os sandadores. Non foi até o [[século XIX]] cando os grandes [[progreso]]s no contexto político, relixioso e tecnolóxico, permitiron a dignificación e a consideración social da cirurxía e dos cirurxiáns. Até finais do [[século XVIII]] (en Francia e Alemaña), ou mediados do [[século XIX|XIX]] (en España), as profesións de cirurxián e de [[médico]] eran diferentes, incluso con distintas consideracións sociais.<ref>A profesión médica considerábase superior, mentres que o cirurxián era unha especie de simple artesán.</ref>
 
En occidente, na [[Idade Media]], os médicos son clérigos, e non laicos. Algúns ocupaban mesmo altas funcións eclesiásticas. O seu casamento estaba (e está) prohibido pola Igrexa católica, e por iso non podían dar os seus coidados ás mulleres (de aí a necesidade de [[comadroa]]s e [[parteira]]s). Aínda por riba, non podían exercer a cirurxía porque ''"Ecclesia abhorret a sanguine"'' (a Igrexa ten horror ao sangue).<ref>En [[1163]], no [[concilio de Tours]], A Igrexa decreta: ''Ecclesia abhorret a sanguine'' [http://www.web.ordre.medecin.fr/rapport/identiteculturelle.pdf Pratique médicale et identité culturelle] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20071024204220/http://www.web.ordre.medecin.fr/rapport/identiteculturelle.pdf |date=24 de outubro de 2007 }}, Informe da Comisión Nacional Permanente adoptada con ocasión da Reunión do Consello Nacional dos Colexios médicos de Francia de 18 de xuño de 2005.</ref> Finalmente, un médico non tiña o dereito de exercer unha profesión manual. Por esta razón, os actos cirúrxicos lles estaban tamén prohibidos. Estes encoméndanse aos [[barbeiro]]s que, ademais de cortar o pelo e barbear, tiraban os dentes, trataban as feridas e as úlceras, practicaban as incisións dos abscesos, as sangrías etc., despois do diagnóstico dun médico. De aí a denominación de ''cirurxián-barbeiro''.
[[Ficheiro:Queen Marie Thérèse and her son the Dauphin of France, dated circa 1663 by Charles Beaubrun.jpg|miniatura|180px|[[María Tereixa de Austria|María Tareixa de Austria]] e o seu fillo maior Luís, o ''Gand Dauphin''.]]
[[Ficheiro:Louis XIV of France and his family attributed to Nicolas de Largillière.jpg|miniatura|dereita|250px|[[Luís XIV]] e a súa familia, por Nicolas de Largillière.]]
Liña 165:
De modo similar, os filósofos e médicos [[Al-Ándalus|andalusís]] [[Avempace]] (ca. [[1080]] - [[1138]]) e [[Averroes]] ([[1126]] - [[1198]]) apenas desenvolveron a materia cirúrxica nas súas obras médicas, dedicadas preferentemente ás plantas medicinais.
 
Pero sobre todos eles destaca Abul-Qasim Khakaf ibn al Abbas al Zahravi, máis coñecido como [[Abulcasis]] en occidente, que foi un [[médico]] e [[científico]] andalusí, ([[Zahara]], preto de [[Córdoba, España|Córdoba]], [[Al-Ándalus]], [[936]] - [[Córdoba, España|Córdoba]], [[Al-Ándalus]], [[1013]]),<ref>[http://www.hispanoarabe.org/mundo_arabe/medicina_arabe/medicina_arabe3.htm El primer gran cirujano; Abulcasis] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20160304070246/http://www.hispanoarabe.org/mundo_arabe/medicina_arabe/medicina_arabe3.htm |date=04 de marzo de 2016 }} {{es}}</ref> que viviu a maior parte da súa vida en Alhaurín de la Torre, onde estudou, deu clases e practicou a medicina até pouco antes da súa morte, e que é considerado o fundador da cirurxía moderna <ref>{{Cita publicación periódica|apelido=Ahmad|nome=Z. (St Thomas' Hospital)|título=Al-Zahrawi - The Father of Surgery|publicación=ANZ Journal of Surgery|ano=2007|volume=77|número=Supl. 1|páxina=A83|doi=10.1111/j.1445-2197.2007.04130_8.x}} {{en}}</ref> Nos seus textos, onde combinaba as ensinanzas clásicas greco-latinas cos coñecementos da ciencia do Próximo Oriente, foron a base dos procedementos cirúrxicos europeos até o [[Renacemento]]. A súa maior contribución á historia da medicina é o ''Kitab al-Tasrif'' (Libro da práctica médica), unha obra de trinta volumes onde recompilou todo o coñecemento médico e farmacéutico da época.<ref>Levey, M. (1973): ''Early Arabic Pharmacology''. Leiden: E. J. Brill.</ref> Desenvolveu máis de 200 novos instrumentos cirúrxicos que describe no último libro da súa magna enciclopedia, a cal foi profusamente estudada en toda [[Europa]] durante máis de cinco séculos despois da súa morte.<ref>Khaled al-Hadidi (1978), "The Role of Muslem Scholars in Oto-rhino-Laryngology", ''The Egyptian Journal of O.R.L.'' '''4''' (1), páxs. 1-15. Véxase [http://muslimheritage.com/topics/default.cfm?ArticleID=674 ''"Ear, Nose and Throat Medical Practice in Muslim Heritage"'', ''Foundation for Science Technology and Civilization''] {{en}}</ref>
 
[[Avenzoar]] Ibn Zuhr, nacido en [[Sevilla]] (daquela capital dun reino de [[taifa]]) en [[1073]] e morto na mesma cidade en [[1162]], foi un médico de grande éxito pola súa habilidade, aínda que foi expulsado do seu país debido a intrigas dos envexosos, encontrando un protector, [[Yousef Ibn Tachfin]], rei [[Almorábide]]. Estudara medicina en [[Córdoba, España|Córdoba]] e, despois dunha curta estancia en [[Bagdad]], no [[O Cairo|Cairo]], volveu poñéndose (como médico) ao servizo dos [[Almorábides]] e dos [[Almohades]]. Gran mestre en medicina, tivo como discípulo a [[Averroes]] e, a petición deste, escribiu o libro ''Kitab al-Taisir fi al-Mudawat wa al-Tadbir'', traducido ao latín co título ''Rectificatio medicationis et regiminis'' ([[Venecia]], [[1490]]; [[Lión]], [[1531]]). Tamén deixou dous tratados das ''Febres'', traducidos ao latín en Venecia ([[1578]]), que conteñen informacións que son pertinentes aínda hoxe. A súa erudición valeulle o sobrenome de "Sabio célebre".