Lingua norn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
A lingua que substituíu o norn foi a lingua scots non o gaélico escocés.
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 15:
}}
 
O '''Norn ''' é unha [[lingua xermánica]] extinta que se falaba nas [[Shetland]] e nas [[Órcadas]], na costa norte de [[Escocia]] en [[Caithness]]. Despois de que as illas fosen cedidas a Escocia por Noruega no século XV, pouco a pouco foi substituído polo [[Lingua escocesascots|scots]].
 
 
== Historia ==
Non se sabe exactamente cando se extinguiu o Norn. Os últimos informes de falantes de Norn din que desde o século XIX, pero é máis probable que a lingua morrese a finais do século XVIII . Nas illas máis illadas de [[Foula]] e [[Unst]] estiveron os derradeiros refuxios do idioma nas Illas Shetland, onde había persoas "que poderían repetir frases en Norn", probablemente pasaxes de cancións populares ou poemas, a finais de 1893. Walter Sutherland de Skaw na illa de Unst, que morreu arredor de 1850, é citado como o derradeiro falante nativo da lingua Norn. Porén, fragmentos de vocabulario sobreviviron á morte da lingua principal e aínda perviven, principalmente en nomes de lugares e termos referidos ás plantas, animais, clima, estado de ánimo e vocabulario de pesca.