Caligrafía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Caligrafía moderna: Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web (2)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 38:
O renacemento moderno da caligrafía comezou a finais do século XIX, influído pola filosofía e a estética de [[William Morris]] e o [[Arts and Crafts movement]]. [[Edward Johnston]] é considerado como o pai da caligrafía moderna.<ref name="ejf">{{Cita web|url=http://www.ejf.org.uk/|título=The Legacy of Edward Johnston|editorial=The Edward Johnston Foundation}}</ref><ref>Cockerell 1945; Morris 1882</ref><ref>{{Cita web|título=Font Designer — Edward Johnston|editorial=Linotype GmbH|url=http://www.linotype.com/733/edwardjohnston.html|dataacceso=5 de novembro de 2007}}</ref> Tras estudar copias publicadas do arquitecto [[William Harrison Cowlishaw]], presentáronlle a [[William Lethaby]] en 1898, director da Escola Central de Artes, que lle aconsellou que estudase manuscritos no [[Museo Británico]].<ref>como o Ramsey Psalter, BL, Harley MS 2904</ref>
 
Isto impulsou o interese de Johnston na arte da caligrafía co uso de grandes plumas. Comezou a ensinar caligrafía na Escola Central en [[Southampton Row]], Londres, a partir de setembro de 1899, onde influíu o deseñador de tipografías e escultor [[Eric Gill]]. Foi contratado por [[Frank Pick]] para deseñar unha [[Johnston (tipografía)|nova tipografía]] para o [[metro de Londres]], que continúa a empregarse con pequenas modificacións.<ref>The Eric Gill Society: [http://www.ericgill.org.uk/associates/edward-johnston-1872-1944 Associates of the Guild: Edward Johnston] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20081010172820/http://www.ericgill.org.uk/associates/edward-johnston-1872-1944 |date=10 de outubro de 2008 }}</ref>
 
Foi recoñecido por revivir a arte da escritura manual e de escribir de cartas mediante os seus libros. O seu manual ''Writing & Illuminating, & Lettering'' (1906) foi especialmente influente nunha xeración de tipógrafos británicos na que estaban [[Graily Hewitt]], [[Stanley Morison]], [[Eric Gill]] e Anna Simons. Johnston tamén desenvolveu o estilo de caligrafía redondo, coñecido como ''Foundational Hand''. Johnston inicialmente ensinaba os seus alumnos empregando un lapis cun ángulo plano, pero despois aprendeulles empregando un ángulo inclinado.<ref>Gilderdale 1999</ref> A primeira referencia da expresión "Foundational Hand" apareceu na obra de 1909 ''Manuscript & Inscription Letters for Schools and Classes and for the Use of Craftsmen''.<ref>Baines & Dixon 2003: 81</ref>