Cadafalso (arquitectura): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Artigos relacionados: +control autoridades using AWB
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 4:
Tiña unha finalidade [[militar]], pois posuían pequenos [[Van (construción)|vans]] ou [[seteira]]s tanto na parte frontal coma no chan. Isto, unido a que sobresaían respecto do lenzo da muralla ou torre, ampliaba o campo de tiro dos defensores ao longo da muralla e, especialmente, permitía un tiro vertical cara abaixo sobre os atacantes das torres. No entanto, ao estaren feitos de madeira, ardían de xeito doado. Posteriormente, foron substituídos por [[matacán]]s, que eran permanentes e en [[pedra]] e que supuxeron unha mellora respecto dos cadafalsos.
 
En moitas construcións en [[pedra]] que sobreviviron da época medieval, delátase a existencia deste elemento pola presenza dos pequenos vans que regularmente puntean a [[fachada]] trazando a liña por baixo dun van máis grande que era a porta de acceso aos cadafalsos, como pode verse na [[España|españolas]] Torre de Pero Niño ([[Cantabria]]) ou na de [[Aldealseñor]] ([[Provincia de Soria|Soria]]).[httphttps://web.archive.org/web/20080725044333/http://www.aldealsenor.com/arte/arte10.htm]
 
Sobreviviron algúns cadafalsos medievais, incluíndo exemplos na torre setentrional do castelo de Stokesay, en [[Shropshire]] ([[Reino Unido]]) e en [[Laval, Mayenne|Laval]] (Francia). A [[cidadela]] interior de [[Carcasona]], tamén en Francia, amosa cadafalsos reconstruídos en madeira.