Cabalo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 7 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 32:
}}</ref>
}}
O '''cabalo''', ou '''egua''' se é femia, (''Equus ferus caballus'')<ref name=MSW3>{{MSW3 Perissodactyla | id = 14100016 | pages = 630–631}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|last=International Commission on Zoological Nomenclature|year=2003|title=Usage of 17 specific names based on wild species which are pre-dated by or contemporary with those based on domestic animals (Lepidoptera, Osteichthyes, Mammalia): conserved. Opinion 2027 (Case 3010)|journal=Bull.Zool.Nomencl.|volume=60|issue=1|pages=81–84|url=http://www.nhm.ac.uk/hosted_sites/iczn/BZNMar2003opinions.htm|archiveurl=httphttps://web.archive.org/web/20070821235959/http://www.nhm.ac.uk/hosted_sites/iczn/BZNMar2003opinions.htm|archivedate=21 de agosto de 2007|apelidos=|data=|revista=|data-08-21acceso=31 de maio de 2013|urlmorta=non}}</ref> é un [[animal]] [[mamífero]] [[perisodáctilo]] da familia dos [[équido]]s (''Equidae''), [[herbívoro]], cuadrúpede e de pescozo longo e arqueado. É unha das dúas [[subespecie]]s existentes de ''Equus ferus'' ou [[cabalo salvaxe]]. O cabalo evolucionou ó longo dos pasados 45-55 millóns de anos dende o pequeno [[Hyracotherium]] ata o animal de hoxe en día. Os humanos comezaron a [[Domesticación|domesticar]] cabalos no -4000, e a súa doma crese que se estendeu no -3000. Os cabalos da subespecie ''caballus'' son domésticos, pero algunhas poboacións viven en liberdade ou semiliberdade. Estas poboacións de cabalos asilvestrados non son verdadeiros [[cabalo salvaxe|cabalos salvaxes]], xa que este termo emprégase para describir cabalos que nunca foron domesticados, como o ameazado [[cabalo de Przewalski]], unha subespecie separada e o único cabalo salvaxe que aínda existe.
 
A anatomía do cabalo permítelle facer uso da velocidade para escapar de depredadores e teñen un ben desenvolvido sentido do equilibrio e unha forte resposta de loita ou fuxida. Relacionado coa necesidade de fuxir de depredadores na vida salvaxe, os cabalos son quen de durmir tanto de pé como deitados. As femias, chamadas '''eguas''', coidan das súas crías durante aproximadamente 11 meses, e un cabalo novo, chamado poldro, pode correr coa nai pouco tempo despois do nacemento. A maioría dos cabalos domesticados comezan a adestrarse coa cadeira de montar ou co arnés entre os dous e os catro anos. Acadan a madurez completa ós cinco anos, e chegan a vivir entre 25 e 30 anos.
Liña 57:
Un verdadeiro cabalo salvaxe é unha especie ou subespecie con antergos que nunca foron domesticados. Polo tanto, a maioría dos cabalos "salvaxes" hoxe en día son en realidade [[cabalo silvestre|cabalos silvestres]], animais que escaparon ou foron ceibados, incluíndo tamén os seus descendentes.<ref name=Olsen46>Olsen "Horse Hunters of the Ice Age" ''Horses Through Time'' p. 46</ref> Polo tanto só hai dúas subespecies que cumpren estas características, o [[tarpán]] e o [[cabalo de Przewalski]], dos cales só sobreviviu ata a actualidade o segundo.
 
O [[cabalo de Przewalski]] (''Equus ferus przewalskii''), chamado así polo explorador ruso [[Nikolai Przhevalsky]], é un animal raro e escaso. Tamén é coñecido como Cabalo salvaxe mongol; os [[Mongolia|mongois]] coñéceno como ''taki'', e os [[Kirguizistán|kirguiz]] chámano ''kirtag''. A subespecie extinguise en liberdade entre 1969 e 1992, só existindo pequenas poboacións en zoos por todo o mundo. En 1992, restableceuse en liberdade grazas ós esforzos de varios zoos por conservalo.<ref>{{Cita web |url= http://www.zsl.org/about-us/media/press-releases/null,1790,PR.html|title= An extraordinary return from the brink of extinction for worlds last wild horse|date= 2005-12-19|accessdate= 2012-06-06|work= ZSL Press Releases|publisher= Zoological Society of London|urlarquivo= https://web.archive.org/web/20130516230420/http://www.zsl.org/about-us/media/press-releases/null,1790,PR.html|dataarquivo= 16 de maio de 2013|urlmorta= si}}</ref> Hoxe, só hai unha pequena poboación reprodutora en Mongolia.<ref>{{Cita web |url= http://www.treemail.nl/takh/|title= Home|accessdate=2008-04-03 |publisher= The Foundation for the Preservation and Protection of the Przewalski Horse}}</ref><ref name=Dohner298>Dohner "Equines: Natural History" ''Encyclopedia of Historic Livestock and Poultry Breeds'' pp. 298–299</ref> Tamén seguen habendo outros exemplares que aínda se manteñen nos zoolóxicos de todo o mundo.
 
O [[tarpán]] ou Cabalo Salvaxe Europeo (''Equus ferus ferus'') foi atopado en Europa e en Asia. Sobreviviu ata a era histórica, mais declarouse [[Extinción|extinto]] en 1909, cando o derradeiro exemplar morreu nun zoo ruso.<ref name=Dohner300>Dohner "Equines: Natural History" ''Encyclopedia of Historic Livestock and Poultry Breeds'' p. 300</ref> Realizáronse numerosos intentos de recrear tarpán,<ref name=Dohner300/><ref name=OSU>{{Cita web|url=http://www.ansi.okstate.edu/breeds/horses/tarpan/|title=Tarpan|publisher=Oklahoma State University|work=Breeds of Livestock|accessdate=2009-01-13|archiveurl=httphttps://web.archive.org/web/20090116022102/http://www.ansi.okstate.edu/breeds/horses/TARPAN/|archivedate=2009-01-16 de xaneiro de 2009|urlmorta=non}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|url=http://news.google.com/newspapers?nid=894&dat=20020621&id=YiALAAAAIBAJ&sjid=yFIDAAAAIBAJ&pg=6481,3069519|journal=The Daily Courier|date=June 21, 2002|accessdate=2009-10-21|title=Ponies from the past?: Oregon couple revives prehistoric Tarpan horses|author1=<Please add first missing authors to populate metadata.>}}</ref> que deron lugar a cabalos con grandes similitudes físicas, pero que descenden de cabalos ​​domesticados e non son verdadeiros cabalos salvaxes.
 
Periodicamente, especúlase sobre o feito de que poboacións de cabalos en áreas illadas sexan os últimos redutos do cabalo salvaxe, pero sempre se probou que eran silvestres ou domesticados. Un exemplo disto foi o [[cabalo de Riwoche]] do [[Tíbet]], o cal propúxose como tal,<ref name=Dohner298/> pero as investigacións feitas non revelaron diferenzas xenéticas cos cabalos domesticados.<ref name=Tibet>Peissel ''Tibet'' p. 36</ref> De forma similar, o [[Sorraia]] de Portugal propúxose como descendente directo do [[Tarpán]] baseándose nas características que comparten,<ref name=Royo>{{Cita publicación periódica| url=http://jhered.oxfordjournals.org/cgi/content/full/96/6/663#TBL2 |title=The Origins of Iberian Horses Assessed via Mitochondrial DNA |journal=Journal of Heredity|author=Royo, L.J., I. Álvarez, A. Beja-Pereira, A. Molina, I. Fernández, J. Jordana, E. Gómez, J. P. Gutiérrez, and F. Goyache|year=2005 |volume=96|issue=6|pages=663–669|doi=10.1093/jhered/esi116|accessdate=2008-12-15| pmid=16251517}}</ref><ref name=Edwards>Edwards ''The Encyclopedia of the Horse'' pp. 104–105</ref> pero os estudos xenéticos amosaron que o Sorraia está máis estreitamente relacionado con outras razas de cabalos.<ref name=Royo/><ref name=Lira/>
Liña 74:
A domesticación do cabalo tivo lugar en Asia central no -3500. Dúas grandes fontes de información son usadas para determinar onde e cando foi domesticado por primeira vez e como o cabalo doméstico se espallou polo mundo. A primeira fonte está baseada en descubrimentos [[Paleontoloxía|paleontolóxicos]] e [[Arqueoloxía|arqueolóxicos]], a segunda fonte é a comparación do [[ADN]] obtido de cabalos modernos e do obtido dos ósos e dentes dos antigos.
 
A máis antiga proba de domesticación do cabalo provén de [[Ucraína]] e [[Casaquistán]], que data aproximadamente do -3500 ou –4000.<ref>Outram, A.K., Stear, N.A., Bendrey, R., Olsen, S., Kasparov, A., Zaibert, V., Thorpe, N. and Evershed, R.P. 2009 The Earliest Horse Harnessing and Milking Science. 323(5919): 1332–1335</ref><ref>Matossian ''Shaping World History'' p. 43 See also: {{Cita novas |title=Horsey-aeology, Binary Black Holes, Tracking Red Tides, Fish Re-evolution, Walk Like a Man, Fact or Fiction |url=http://www.cbc.ca/quirks/episode/2009/03/07/horsey-aeology-binary-black-holes-tracking-red-tides-fish-re-evolution-walk-like-a-man-fact-or-ficti/|work=Quirks and Quarks Podcast with Bob Macdonald |publisher= CBC Radio |date=2009-03-07|accessdate=2010-09-18}}</ref> No -3000, o cabalo estaba completamente domesticado e no -2000 BC houbo un forte aumento no número de ósos de cabalo que se atoparon nos asentamentos humanos do noroeste de Europa, o que indica a extensión dos cabalos domesticados en todo o continente.<ref>Evans ''Horse Breeding and Management'' p.56</ref> A máis recente pero máis irrefutable proba de domesticación provén de lugares onde foron enterrados con carros, como as fosas das culturas de [[Sintashta]] e [[Petrovka]] (c. -2100).<ref name="Kuznetsov2006">{{Cita publicación periódica | last = Kuznetsov | first = P. F. | year = 2006 | title = The emergence of Bronze Age chariots in eastern Europe | journal = [[Antiquity (journal)|Antiquity]] | volume = 80 | pages = 638–645 | url = http://antiquity.ac.uk/ant/080/ant0800638.htm | apelidos = | data = | revista = | data-acceso = 31 de maio de 2013 | urlarquivo = https://archive.is/20120707005717/http://antiquity.ac.uk/ant/080/ant0800638.htm | dataarquivo = 07 de xullo de 2012 | urlmorta = si }}</ref>
 
A domesticación tamén é estudada usando material xenético dos cabalos modernos e comparándoo co presente nos ósos e dentes dos restos arqueolóxicos e paleontolóxicos das escavacións. A variación no material xenético amosa que moi poucos sementais salvaxes contribuíron á formación do cabalo doméstico,<ref name=Lau>{{Cita publicación periódica|doi=10.1093/molbev/msn239|author=Lau, A. N., Peng, L., Goto, H., Chemnick, L., Ryder, O. A. & Makova, K. D.|year= 2009|title= Horse Domestication and Conservation Genetics of Przewalski's Horse Inferred from Sex Chromosomal and Autosomal Sequences| journal= Molecular Biology and Evolution |volume=26 |issue=1|pages= 199–208|pmid=18931383}}</ref><ref name="Lindgren2004">{{Cita publicación periódica | last = Lindgren | first = Gabriella |autor2= Niclas Backström, June Swinburne, Linda Hellborg, Annika Einarsson, Kaj Sandberg, Gus Cothran, Carles Vilà, Matthew Binns & Hans Ellegren | year =2004 | title = Limited number of patrilines in horse domestication | journal = [[Nature Genetics]] | pmid = 15034578 | volume = 36 | issue = 4 | pages = 335–336 | doi = 10.1038/ng1326}}</ref> mentres que moitas eguas foron parte dos primeiros rabaños domesticados.<ref name=Lira>{{Cita publicación periódica| title=Ancient DNA reveals traces of Iberian Neolithic and Bronze Age lineages in modern Iberian horses|author=Lira, Jaime, et.al. |journal= Molecular Ecology| volume=19 |issue= 1 | pages =64–78|year=2010| pmid=19943892 |url=http://www3.interscience.wiley.com/cgi-bin/fulltext/123191525/PDFSTART| doi=10.1111/j.1365-294X.2009.04430.x}}</ref><ref name="Vila2001">{{Cita publicación periódica | last = Vilà | first = C. | year = 2001 | title = Widespread origins of domestic horse lineages | journal = [[Science]] | volume = 291 | issue = 5503 | pages = 474–477 | doi = 10.1126/science.291.5503.474 | pmid = 11161199 | display-authors = 1 | last2 = Leonard | first2 = JA | last3 = Gotherstrom | first3 = A | last4 = Marklund | first4 = S | last5 = Sandberg | first5 = K | last6 = Liden | first6 = K | last7 = Wayne | first7 = RK | last8 = Ellegren | first8 = H}}</ref><ref name=Cai>{{Cita publicación periódica | doi = 10.1016/j.jas.2008.11.006 | last1 = Cai | first1 = D. W. | last2 = Tang | first2 = Z. W. | last3 = Han | first3 = L. | last4 = Speller | first4 = C. F. | last5 = Yang | first5 = D. Y. Y. | last6 = Ma | first6 = X. L. | last7 = Cao | first7 = J. E. | last8 = Zhu | first8 = H. | last9 = Zhou | first9 = H. ''et al.'' | year = 2009 | title = Ancient DNA provides new insights into the origin of the Chinese domestic horse | url =http://www.sfu.ca/~donyang/adnaweb/Cai%20DW%20JAS2009.pdf |accessdate=17 January 2011 | journal = Journal of Archaeological Science | volume = 36 | issue =3 | pages = 835–842 | display-authors = 9}}</ref> Isto reflíctese nas diferenzas de variación xenética entre o ADN que se transmite pola liña paterna ([[cromosoma Y]]) contra o pasado por liña materna, ([[ADN mitocondrial]]). Hai niveis moi baixos de variabilidade do cromosoma Y,<ref name=Lau/><ref name="Lindgren2004" /> pero unha gran cantidade de variación xenética no ADN mitocondrial.<ref name=Lira/><ref name="Vila2001"/><ref name=Cai/> Tamén hai variacións xenéticas no ADN mitocondrial debido á inclusión de eguas salvaxes en rabaños domésticos.<ref name=Lira/><ref name="Vila2001"/><ref name=Cai/><ref>{{cita enciclopedia|author=Olsen, Sandra L.|title=Early Horse Domestication: Weighing the Evidence| encyclopedia=Horses & Humans: The Evolution of Human-Equine Relationships |editor=Olsen, Sandra L; Grant, Susan; Choyke, Alice M.; Bartosiewicz, Laszlo|publisher=Archaeopress |location=Oxford, UK |year=2006 |pages=81–113|isbn=1-84171-990-0}}</ref> Outra característica da domesticación é o incremento da variación da cor do seu pelo.<ref>Epstein, H. 1955 Domestication Features in Animals as Functions of Human Society Agricultural History Society. 29(4): 137–146</ref> Nos cabalos, incrementouse dramaticamente entre o -5000 e -3000.<ref name=coatColor>{{Cita publicación periódica | doi = 10.1126/science.1172750 | last1 = Ludwig | first1 = A. | last2 = Pruvost | first2 = M. | last3 = Reissmann | first3 = M. | last4 = Benecke | first4 = N. | last5 = Brockmann | first5 = G.A. | last6 = Castanos | first6 = P. | last7 = Cieslak | first7 = M. | last8 = Lippold | first8 = S. | last9 = Llorente | first9 = L. ''et al.'' | year = 2009 | title = Coat Color Variation at the Beginning of Horse Domestication |journal = Science | volume = 324 | issue = 5926| pages = 485–485 | pmid=19390039 | display-authors = 9}}</ref>
Liña 81:
 
=== Poboacións silvestres ===
Os [[cabalo silvestre|cabalos silvestres]] nacen e viven en liberdade, pero son descendentes de animais domesticados.<ref name=Olsen46/> Hoxe en día existen moitas poboacións de cabalos silvestres.<ref>Edwards ''The Encyclopedia of the Horse'' p. 291</ref><ref>Anthony "Bridling Horse Power: The Domestication of the Horse" ''Horses Through Time'' pp. 66–67</ref> Os estudos dos rabaños salvaxes proporcionaron información útil sobre o comportamento dos cabalos prehistóricos,<ref>{{Cita web |url=http://www.carnegiemnh.org/anthro/olsen_horse.html | author=Olsen, Sandra L. |title= Horses in Prehistory |work=Anthropology Research | publisher=Carnegie Museum of Natural History |accessdate=2008-08-16 |archiveurl = httphttps://web.archive.org/web/20080525183100/http://www.carnegiemnh.org/anthro/olsen_horse.html |archivedate =25 Mayde 25,maio de 2008 |urlmorta=si }}</ref> así como unha maior comprensión dos instintos e comportamentos dos cabalos que viven en condicións domésticas.<ref>{{Cita publicación periódica|url=http://www.thehorse.com/ViewArticle.aspx?ID=15037&src=RA|title=Mares' Social Bonds Might Enhance Reproductive Success|date=October 7, 2009|accessdate=2009-10-21|journal=The Horse|format=Registration required|author=Lesté-Lasserre, Christa}}</ref>
 
Existen tamén cabalos en réxime de semi liberdade en moitas partes do mundo, como en [[Dartmoor]] e [[New Forest]] no Reino Unido, onde animais que son de propiedade privada viven unha cantidade significativa de tempo en condicións de "salvaxes" en terras non produtivas, a miúdo públicas. Os propietarios destes animais pagan un canon polos dereitos de pastoreo nestas terras.<ref>{{Cita web|url=http://www.dartmoorcommonerscouncil.org.uk/menu_page.php?id=53 |publisher=Dartmoor Commoners' Council|title=Animals on the Moor|accessdate=2012-03-29}}</ref><ref name=Fear75>Fear ''New Forest Drift'' p. 75</ref>
Liña 87:
=== Razas ===
{{Artigo principal|Raza de cabalo|Lista de razas de cabalos}}
O concepto de [[pedigree|raza pura]] e o control e rexistro das razas chegaron a ser particularmente significativos e importantes nos tempos modernos. Algúns cabalos de raza pura son erroneamente chamados "purosangues". O [[purosangue]] é unha raza específica de cabalo, mentres que un "raza pura" é un cabalo (ou calquera outro animal) cun [[pedigree]] recoñecido por un rexistro de razas.<ref name=Ensminger424>Ensminger ''Horses and Horsemanship'' p. 424</ref> As razas de cabalos son grupos con características distintivas que se transmiten constantemente á súa descendencia, tales como conformación, a cor, a capacidade de rendemento ou a disposición. Estes trazos herdados son o resultado dunha combinación de cruces naturais e de métodos de selección artificial. Os cabalos foron seleccionados dende a súa [[domesticación do cabalo|domesticación]]. O exemplo máis antigo dun pobo que practicase a selección de raza foron os [[beduínos]], que tiñan a reputación de seren moi coidadosos en manter extensas xenealoxías do seu [[cabalo árabe]], e o gran valor das súas liñaxes puras.<ref>Edwards ''The Arabian'' pp. 22–23</ref> Estes pedigrees foron orixinalmente transmitidos pola [[tradición oral]].<ref>{{Cita web |url= http://www.waho.org/History.html|title= Is Purity the Issue? |accessdate= 2008-04-29 |work= WAHO Publication Number 21 January 1998|publisher= World Arabian Horse Organization|urlarquivo= https://web.archive.org/web/20080705105054/http://www.waho.org/Purityissue.html|dataarquivo= 05 de xullo de 2008|urlmorta= si}}</ref> No [[século XIV]], os monxes [[Orde dos Cartuxos|cartuxos]] do sur de España mantiveron meticulosos pedigrees e liñaxes que deberon no [[cabalo andaluz]].<ref>{{Cita web |url= http://www.ansi.okstate.edu/breeds/horses/andalusian/index.htm|title= Andalusian |accessdate= 2008-04-29|work= Breeds of Livestock|publisher= Oklahoma State University|archiveurl=http https://web.archive.org/web/20080312061526/http://www.ansi.okstate.edu/breeds/horses/andalusian/index.htm|archivedate=2008-03- 12 de marzo de 2008|urlmorta= si}}</ref>
 
[[Ficheiro:Campeonato Argentino de Polo 2010 - 5237109478 e7ed034169 o.jpg|miniatura|300px|Cabalos tamén son usados en deportes.]]
Liña 97:
O Cabalo de Pura Raza Galega (PRG) é o nome co que se coñece oficialmente<ref>Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, de 4 de abril de 2001 pola que se establece a regulamentación específica do Libro Xenealóxico do Cabalo de Pura Raza Galega (DOG nº 74, de 17 de abril).</ref><ref>Orde APA/33/2002, de 2 de xaneiro, pola que se modifica o Catálogo Oficial de Razas de Gando de España, de conformidade co previsto no Real decreto 1682/1997, de 7 de novembro, polo que se actualiza o Catálogo Oficial de Razas de Gando de España (BOE nº 13, de 15.01.2002).</ref> á [[raza de cabalo|raza equina]] autóctona de [[Galicia]]. Tamén chamado tradicionalmente '''cabalo galego de monte'''<ref>Esta foi a denominación coa que figuraba no Catálogo Oficial de Razas de Gando de España, no que se introduciu en 1997, ata a súa reforma pola Orde APA/33/2002.</ref>, '''cabalo galaico''', '''poni galego''', '''faca galiciana''', '''faca galega''' ou, simplemente, '''cabalo do país''' <ref>Pose e col. 2001; mediorural.xunta.es</ref>.
 
A finais do [[século XX]] atopábase en estado de [[Extinción|perigo de extinción]]: en [[1999]] o rexistro oficial mantiña un censo de soamente 190 exemplares. O programa para procurar a súa recuperación e preservación conseguiu censar en 2001 450 exemplares (o 80% deles en idade reprodutora) e a finais de [[2012]] a poboación censada era de máis de 1.500 exemplares <ref>[http://mediorural.xunta.es/es/areas/gandaria/razas_autoctonas/equina/ mediorural.xunta.es]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}</ref><ref>Da mestizaxe existente dá idea o feito de que en 2001 o censo de cabalos criados ceibos nos montes galegos ascendía a uns 22.000 exemplares.</ref> distribuídos en 265 explotacións gandeiras.
 
== Aires ==