Enrique Líster: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7:
Retorna en [[1936]] e fíxose cargo das tarefas políticas sobre cuestións militares que o PCE asumiu perante o crecente perigo de golpe de estado. Tras gañar as eleccións de febreiro de 1936 a [[Fronte Popular]] (coalición das forzas democráticas dende os partidos republicanos atá a esquerda radical) aceleráronse os plans da clandestina [[Unión Militar Española]](UME), composta polos oficiais ultradereitistas, reaccionarios católicos ou ben abertamente falanxistas. Nesa situación, a rede de contactos establecida nos cuarteis por Líster, con numerosos soldados e oficiais, axudou a coñecer o alcance do perigo e facilitou moito o control do golpe en moitas unidades.
 
Tras o fracaso do alzamento militar organizado polo [[Xeneral Mola]] en xullo de 1936, a situación derivou rapidamente cara á guerra aberta. Na fase inicial da [[Guerra Civil Española]], Líster tivo un papel moi destacado na organización do [[Quinto ReximentoRexemento]], a primeira escola militar para formación de milicianos. Tras marchar aos combates na [[Serra de Madrid]], comeza o seu ascenso por méritos de guerra, participando nos posteriores do [[Texo]], [[Toledo]] e na marcha sobre [[Madrid]]. Encargado da defensa dun sector da cidade durante a [[Batalla de Madrid]], ao mando da 1ª Brigada Mixta do EPR, foi posteriormente o responsabelresponsábel da 11ª División, converténdoa na máis selecta unidade republicana, encargada de soportar os peores combates nas batallas de [[batalla de Brunete|Brunete]], [[batalla de Belchite|Belchite]] e [[Batalla de Teruel|Teruel]]. En todos os combates nos que se estivo á fronte dos seus homes, segundo algunhas fontes, Lister comportouse de forma audaz e decidida, ao tempo que procuraba reducir as baixas propias ao mínimo. As brigadas baixo o seu mando constituían normalmente un batallón especial, formado para operacións especiais nas liñas próximas á fronte que axudasen nas operacións de ruptura ou defensa para as que eran requiridos habitualmente. O avance nocturno en Brunete, que permitiu ocupar a poboación e capturar ó Estado Maior enemigo na zona, operación realizada casi sen baixas, ou a ruptura por sorpresa en Teruel, son bos exemplos da calidade como mando táctico de grande iniciativa.
 
En [[1937]], o goberno constitucional republicano ordenou que se disolvese o Consello de Aragón, a institución que controlaba gran parte do Aragón non ocupado polos franquistas e que estaba organizado de forma autónoma polos anarcosindicalistas da [[CNT]] e outras forzas afíns, por entender que estaba entorpecendo o esforzo de guerra e para sufocar unha forma de poder dual revolucionario que impedía á república exercer a súa autoridade na zona. O Ministro de Defensa Nacional, o socialista [[Indalecio Prieto]], ordenou persoalmente ao Maior E. Líster proceder á disolución do Consello de Aragón, operación levada a cabo limpamente e con escaso uso da forza. Tralos sucesos de maio do 1937 e a disolución do Consello de Aragón, as colectivizacións voluntarias mantiveronsemantivéronse, esta vez no marco dun esforzo conxunto para manter a produción e gañar a guerra.
 
En 1938, tras a [[batalla de Teruel]] e a posterior Batalla de Aragón, Líster foi un dos oficiais encargados de conter a avalancha inimiga que ameazaba con cortar a zona republicana en dous sectores. Trala batalla defensiva no sur de Cataluña e Aragón, Líster logrou salvar a maior parte das forzas baixo o seu mando e retirarse a beira norte do Ebro.
 
Tras a invasión [[Nazi]]alemá de [[Checoslovaquia]], o goberno español valora que a única posibilidade de gañar a guerra consiste en manterse firme até o momento no que estale a guerra en Europa contra os nazis, cuxo detonante podería ser neses intres a resistencia checa á anexión dos [[Sudetes]] por parte do [[III Reich]]. En xullo de [[1938]], o reorganizado [[EPR]] en Cataluña, emprende unha ofensiva no [[río Ebro]] (a [[Batalla do Ebro]]) coas súas forzas de choque, o [[Exército do Ebro]], ao mando do Maior Modesto, rearmado cos recursos e pertreitos que Franza deixou cruzar a fronteira nos días da crise checa. E. Lister recibe o mando do V Corpo do Exército (Divisións 11ª, 45ª y 46ª), encargándosee encárgase do sector sur (Serra Pàndols e Fatarella) resistindo con éxito durante dous meses o peso dos ataques franquistas. Finalmente, en setembro de 1938, os franco-británicos deciden plegarse ás pretensións hitlerianas de anexión dos sudetes checos e na [[Conferencia de Munich]] de finais dese mes, o primeiro ministro británico [[Neville Chamberlain]] sela a sorte de Checoslovaquia e de España. En novembro de 1938, tras sufrir graves perdas humanas e de material, as tropas do [[Exército do Ebro]] retíranse organizadamente a Cataluña.
 
Sen posibilidade de repor as súas perdas militares e coa batalla diplomática perdida pola política franco-británica de relaxamento do [[nazismo]] e o [[fascismo]], a [[República Española]] sofre a ofensiva contra [[Cataluña]] por parte do groso do exército franquista xunto cos seus aliados italianos e alemáns. O Vº Corpo do Exército forma parte da defensa e E. Lister manda as suas forzas nos lugares de maior perigo. Tras a ruptura da fronte, o Vª Corpo do Exército cobre a retirada do groso das forzas e da poboación civil, que tras a caída de Barcelona inunda as estradas camiño de Franza.
 
As derradeiras forzas do EPR en cruzar a fronteira son as mandadas polo maior E. Lister. Internado o exército en campos de concentración, un núcleo de oficiais e membros do goberno español regresan á España republicana para cortar a loita. Polos excepcionais servizos prestados, o maior Lister é ascendido a Tenente Coronel. Unha vez en España, queda ás ordes do goberno presidido polo Dr. [[Xoán Negrín|Negrin]], que se atopa con numerosos obstáculos ána súa política de resistencia para unha paz negociada. Nas filas do Estado maior do Grupo de exécitos da Rexión Centro, un núcleo importante de conspiradores intentan una rendición ás forzas franquistas e boicotean todos os esforzos. O golpe militar de [[Segismundo Casado|coronel Casado]] impide finalmente manter a loita e a derrota militar da República Española é definitiva. E. Lister, xunto con outros cadros militares e políticos logra marchar ao exilio e escapar do cativeiro.
 
Exiliado na URSS, e tras un novo período na Escola Militar, participou nas discusións e tensións sofridas polo PCE nese tempo. Ao formar parte do núcleo de militantes que foran militares de alta graduación, apartouselle da primeira líña política incorporándoos ó exército xa entrada a [[II Guerra Mundial]], alcanzando o grado de xeneral nas forzas da [[URSS]] e da [[Polonia]] Democrática e da nova [[Iugoslavia]].
 
Seguiu sendo parte da dirección do PCE ([[Partido Comunista de España]]), destacando moi pronto pola súa actitude crítica con a nova dirección do partido establecida tras a morte do secretario xeral José Díaz. As diverxencias co seu sustituto [[Santiago Carrillo]] chegan a ser moi fortes. Instalado en Franza trala etapa na URSS, E. Lister levou a cabo algunhas tarefas de organización e encuadramento dos guerrilleiros españois que continuaron a loita contra a dictaduraditadura franquista, pero o seu peso político no interior do PCE diminuíuminguou ante a consolidación da línea carrillista da chamada Reconciliación Nacional. En [[1968]] apoiou a postura soviética na invasión de [[Checoslovaquia]] e denunciou públicamente a liña seguida por [[Santiago Carrillo]], fundando a sua vez o [[Partido Comunista Obrero Español (1968)|Partido Comunista Obrero Español]] (PCOE), denunciando a liquidación do proxecto comunista a manos dos sectores eurocomunistas.
 
En [[1977]] retornou do exilio, reingresando no [[PCE]] en [[1986]].