Franz Liszt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Xuventude: arranxiño
Liña 26:
Seu pai, Adam Liszt, que foi [[violoncello|violoncelista]] nunha orquestra local e secretario do príncipe Esterházy, ensinou o piano ó seu fillo desde moi pequeno, utilizando as obras de [[Joseph Haydn|Haydn]], [[Wolfgang Amadeus Mozart|Mozart]] e [[Ludwig van Beethoven|Beethoven]].
 
Liszt foi un [[neno prodixio]] e ós dez anos marchou a [[Viena]] para seguir, durante dous anos, os cursos de harmonía de [[Antonio Salieri|Salieri]] e os de pianos de [[Carl Czerny]]. Durante unha xira por [[París]], acompañado polo seu pai, intentou entrar no Conservatorio (daquela chamado Escola real de música e de declamación) pero foi rexeitado por [[Cherubini]] por ser estranxeiro. En [[1824]] tomou como profesor a [[Ferdinando Paer]] e compuxo con 14 anos a ópera ''Don Sanche ou le Château d'amour''. Despois dunha primeira crise mística, causada pola morte de seu pai en [[1827]] durante unha viaxe a [[Boulogne-sur-Mer]], volveu a [[París]], onde deu, para subsistir, cursos de piano.
 
=== Viaxes por Europa ===