Bette Davis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 59:
|nome=Sandy|editorial= |lugar=Estados Unidos |lingua=inglés |cita= }}</ref> Davis non pasou a súa primeira proba de cámara, pero participou en moitas outras probas dando a réplica a outros actores. Nunha entrevista de 1971 con [[Dick Cavett]], relatou a experiencia: «Eu era a máis ianqui do leste, a virxe máis modesta que pisou a terra. Puxéronme nun sofá, e ensaiei con quince homes... Todos eles tiñan que botarse sobre min e darme un bico apaixonado. ¡Oh!, pensei que ía morrer. Só pensei que morrería».<ref>Stine (1974), pp. 2–3.</ref> Dispúxoselle unha segunda proba para a película ''[[A House Divided]]'' (''A casa da discordia'') (1931) onde, vestida apresuradamente cun traxe de escote baixo mal axustado, foi rexeitada polo director, [[William Wyler]], quen comentou en voz alta ao equipo: «Que pensan vostedes destas damas que cren que poden conseguir un traballo mostrando os seus peitos?».<ref>Chandler (2006), p. 68.</ref><ref>{{cita libro|autor=Aresté, José María |título=En busca de William Wyler |páxina=32 |url=http://books.google.cl/books?id=nhztz8jzw90C&pg=PA32&dq=william+wyler+bette+davis&hl=es&sa=X&ei=otgSUsW3AYLY9AT764C4DA&ved=0CC0Q6AEwAA#v=onepage&q=william%20wyler%20bette%20davis&f=false |isbn=9788432131950 |editorial=Ediciones Rialp |ano=1998 |dataacceso= 15 de setembro do 2015 |lingua=es}}</ref> [[Carl Laemmle]], xefe de Universal Studios, considerou poñer fin ao emprego de Davis, pero o director de fotografía [[Karl Freund]] díxolle que tiña uns «ollos encantadores» e sería adecuada para ''[[The Bad Sister]]'' (1931), filme co que debutou no mundo do cine.<ref>Chandler (2006), p. 67.</ref> O nerviosismo de Davis agravouse cando escoitou o xefe de produción, Carl Laemmle Jr., comentar a outro executivo que «tiña case o mesmo atractivo sexual que [[Slim Summerville]]», unha das coestrelas da película.<ref>Stine (1974), p. 10.</ref> O filme non tivo éxito e o seu seguinte papel en ''[[Seed (filme)|Seed]]'' (''Semente'') (1931) foi demasiado breve como para chamar a atención.<ref>«[http://www.tcm.com/tcmdb/title.jsp?stid=89522&category=Notes ''Seed'' (1931)]» (en inglés) Turner Classic Movies. Consultado o 15 de setembro do 2015.</ref><ref>Chandler (2006), p. 69.</ref>
 
Universal Studios renovou o seu contrato por tres meses e Davis apareceu nun pequeno papel en ''[[Waterloo Bridge]]'' (''A ponte de Waterloo'') (1931) antes de ser cedida a [[Columbia Pictures]] para ''[[The Menace (filme)|The Menace]]'' (''A ameaza'') e a Capital Films para ''[[Hell's House]]'' (''A casa do inferno'') (ambas as dúas rodadas en 1932).<ref>Chandler (2006), p. 71.</ref><ref>Stine (1974), pp. 15-18.</ref> Logo de nove meses e seis películas sen éxito, Laemmle decidiu non renovar o seu contrato, aínda que [[George Arliss]] a elixiu para o papel feminino principal de ''[[The Man Who Played God]]'' (1932). Durante o resto da súa vida, Davis atribuíu a Arliss a súa consolidación artística en Hollywood.<ref>Fells (2004), pp. 127-130.</ref> ''The Saturday Evening Post'' escribiu que «non só é fermosa, senón que bole de encanto», e comparouna con [[Constance Bennett]] e [[Olive Borden]].<ref>Stine (1974), p. 20.</ref> Pouco despois, [[Warner Bros.]] asinou con ela un contrato por sete anos.<ref name="betofi">«[http://www.bettedavis.com/about/biography.html Biography] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20131014150024/http://www.bettedavis.com/about/biography.html |date=14 de outubro de 2013 }}» (en inglés) Sitio web oficial de Bette Davis. Consultado o 16 de setembro do 2015.</ref>
 
En 1932, casouse con Harmon «Ham» Nelson,<ref>«[http://www.imdb.com/name/nm1246497/bio Harmon Nelson]» (en inglés) IMDb.com. Consultado o 9 de xaneiro de 2013.</ref> quen recibiu duras críticas por parte da prensa: as súas ganancias semanais de 100 [[Dólar dos Estados Unidos|USD]] eran comparadas desfavorablemente cos ingresos semanais de 1000 USD de Davis. A actriz tocou o tema nunha entrevista sinalando que moitas mulleres de Hollywood gañaban máis diñeiro que os seus maridos, pero a situación foi difícil para Nelson, quen se negou a permitir que a súa esposa comprase unha casa ata que puidese darse o luxo de pagala por se mesmo.<ref>Spada (1993), pp. 94–98.</ref> Davis tivo varios [[abortos espontáneos]] durante o seu matrimonio.<ref>Moseley (2003), pp. 103.</ref>