Guerra de Sucesión Española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 46:
Paradoxalmente, Filipe descubriu unha intriga francesa para sacalo do trono español. Filipe, ademais, cortou relacións co papado por recoñecer a Carlos como rei de España. Filipe V xa estaba completamente decidido a non unir Francia e España senón a gobernar en solitario esta última.
 
As batallas continuaron en España. Carlos tomou unha vez máis Madrid e unha vez máis esta foi recuperada por Filipe. Ó contrario que o exército de Carlos, o de Filipe o formabanformábano principalmente voluntarios, polo tanto sempre estaba preparado para suplir as baixas que a Carlos e aliados lles custaban unha fortuna en tempo e cartos.
 
O exército ''carlista'' (nada que ver coas [[guerras carlistas]]) dividiuse en dous corpos. Ó mando dun deles estaba [[Stanhope]], que afincou en [[Brihuega]] no profundo dun val da [[Alcarria]], para refuxiarse do xélido inverno. Os borbónicos, conscientes da situación, rodearon o pobo dende cotas superiores e o destruíron coa artillaría: vitoria completa e 4.000 prisioneiros. O outro corpo do exército austríaco dirixíao Starhemberg, quen acudiu alertado a socorrer ós de Stanhope en ''Villaviciosa de Tajuña'' foi detido polos borbónicos. As vitorias na Alcarria propiciaron as tomas sen batalla de Zaragoza e [[Xirona]] en [[1714]].