Angkor Wat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m resolvo ligazón morta
Recuperando 6 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Liña 19:
'''Angkor Wat''' (en [[lingua khmer]] {{lang|km|អង្គរវត្ត}} ou '''Ângkôr Vôtt''', traducido como ''Cidade templo'' ou ''Cidade de templos'') é un templo [[Pobo khmer|khmer]], situado no sitio arqueolóxico de [[Angkor]], en [[Camboxa]], preto da cidade de [[Siem Reap]]. Trátase do [[templo]] máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída,<ref name=elpais/> e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo. Consonte o [[Libro Guinness dos Récords]] é o meirande sitio relixioso do mundo.<ref>{{Cita web|url=http://www.guinnessworldrecords.com/world-records/largest-religious-structure/|título=Largest religious structure|lingua=en|data-acceso=1 de setembro de 2015|páxina-web=Guinnes World Records}}</ref> É o lugar do país máis visitado polos turistas anualmente, cuns 800&nbsp;000 visitantes por ano.<ref>{{Cita web|url=http://www.travelandleisure.com/slideshows/worlds-most-visited-ancient-ruins/21|título=No. 20 Angkor Wat, Angkor Archaeological Park, Cambodia|páxina-web=Travel+Leisure|lingua=en|data=23 de maio de 2012|data-acceso=3 de setembro de 2015|apelidos=Orcutt|nome=April}}</ref> Foi fundado orixinalmente como templo [[hinduísmo|hindú]] para o [[Imperio khmer]], mais gradualmente transformado nun templo [[budismo|budista]] cara ao final do [[século XII]].<ref name="cyark">{{Cita web |url=http://www.cyark.org/news/recycling-monuments-the-hinduismbuddhism-switch-at-angkor |título=Recycling Monuments: The Hinduism/Buddhism Switch at Angkor |nome=Ashley M. |apelidos=Richter |data=8 de setembro de 2009 |editorial=[[CyArk]] |dataacceso=16 de agosto de 2015 |lingua=en}}</ref>
 
Situado a 5,5&nbsp;km ao norte da actual [[Siem Reap]], na [[Provincia de Siem Reap|provincia homónima]] de Camboxa, Angkor Wat forma parte do complexo de templos construídos na zona de [[Angkor]], a antiga capital do Imperio khmer durante a súa época de esplendor, entre os [[século IX|séculos IX]] e [[século XV|XV]]. Angkor abrangue unha extensión en torno a 200&nbsp;km², aínda que recentes investigación falan dunha posible extensión de 3&nbsp;000&nbsp;km² e unha poboación de ata medio millón de habitantes.<ref>{{Cita novas|url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/science/nature/6945574.stm |título=Map reveals ancient urban sprawl |editorial=[[BBC]] |dataacceso=5 de xaneiro de 2010 |lingua=en}}</ref> O templo ten a forma dun rectángulo, cunha lonxitude aproximada de 1,5&nbsp;km de oeste a leste e 1,3&nbsp;km de norte a sur. No interior do foso que circunda completamente o muro perimetral de 3,6&nbsp;km hai tres galerías rectangulares, construídas unha sobre outra. No centro do templo levántanse cinco torres. Angkor Wat contén dúas principais características da [[Arquitectura de Camboxa|arquitectura camboxana]]: o ''templo outeiro'' que se ergue no interior dun foxo e que simboliza o ''[[Monte Meru (mitoloxía)|Meru]]'' (a montaña dos deuses na relixión [[Hinduísmo|hindú]], de feito o templo está consagrado a [[Visnú]]<ref name=apsara>{{cita web |url=http://www.autoriteapsara.org/en/angkor/temples_sites/temples/angkor_vat.html |url-arquivo=httphttps://www.webcitation.org/5mr2lfhaG?url=http://www.autoriteapsara.org/en/angkor/temples_sites/temples/angkor_vat.html |data-arquivo=17 de xaneiro de 2010 |título=Angkor Vat |dataacceso=3 de xaneiro de 2010 |lingua=en |urlmorta=si }}</ref>), e os sucesivos ''templos de galería''.
 
Dende a súa construción a principios do [[século XII]] e ata o traslado da sede real ao próximo [[Bayon]], a finais do mesmo século, Angkor Wat foi o centro político e relixioso do imperio. O recinto —entre cuxos muros calculouse que vivían 20&nbsp;000 persoas—,<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=150}}</ref> cumpría as funcións de templo principal, e albergaba ademais o [[palacio]] real. Outras hipóteses apuntan a que tamén serviu de [[mausoleo]], un lugar onde o rei podería ser venerado despois da morte,<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Higham|2001|sp=si|p=118}}</ref> xa que a entrada principal está situada no oeste, como nos templos funerarios hindús.<ref>{{Cita web|url=http://www.lonelyplanet.com/cambodia/travel-tips-and-articles/77381|título=Angkor what? Everything you ever wanted to know about Cambodia’s most iconic temple|páxina-web=Lonely Planet|lingua=en|data=16 de xullo de 2012|data-acceso=3 de setembro de 2015}}</ref>
Liña 51:
Logo do seu abandono a finais do século XVI, Angkor foi sepultada pola selva, coa única excepción do templo de Angkor Wat, que permaneceu habitado por monxes budistas.
 
Aínda persiste a lenda de que Angkor Wat caeu no esquecemento ata que foi redescuberto a finais do [[século XIX]] polo naturalista francés [[Henri Mouhot]], quen se topou co templo accidentalmente mentres cazaba bolboretas.<ref name=elpais /><ref>{{Cita web |url=http://www.viajeros.com/diarios/ciudad-de-siem-riep/angkor-wat-angkor-thom-y-ta-prohm |url-arquivo=httphttps://web.archive.org/web/20100109052153/http://www.viajeros.com/diarios/ciudad-de-siem-riep/angkor-wat-angkor-thom-y-ta-prohm |data-arquivo=909 de xaneiro de 2010 |título=Angkor Wat, Angkor Thom y Ta Prohm |editorial=viajeros.com |data=4 de novembro de 2009 |dataacceso=19 de xuño de 2015 |lingua=es |urlmorta=si }}</ref> Esta historia é un mito, pois Mouhot non foi o primeiro occidental en visitar o templo, e este nunca foi completamente abandonado, permanecendo na memoria colectiva do pobo khmer e mesmo transcendendo as fronteiras do seu imperio. A primeira visita documentada dun occidental a Angkor Wat tivo lugar no ano 1586, e foi realizada polo [[Monxe|frade]] [[Orde dos Irmáns Menores Capuchinos|capuchino]] portugués [[António da Madalena]].<ref name=ptg>{{Cita web |url=http://indochina-mon-amour.blogspot.com/2009/08/os-primeiros-chegar-angkor-wat.html |título=Os primeiros a chegar a Angkor Wat |editor=Indochina Mon Amour |data=17 de agosto de 2009 |dataacceso=19 de xuño de 2015 |lingua=pt}}</ref> As impresións do frade foron recollidas por un funcionario e historiador portugués chamado Diogo do Couto,<ref name=goobk>{{Cita libro |url=https://books.google.es/books?id=XElPGqQmC9QC&pg=PT11&lpg=PT11&dq=%22Diogo+do+Couto%22+angkor+wat&source=bl&ots=9ZwRvnRq2L&sig=j8PoA3L-I9PHIvg0xveYLEChwW0&hl=es&ei=ArtGS4X0BtXM4gbqmu2GAw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=3&ved=0CBIQ6AEwAg#v=onepage&q&f=false#v=onepage&q=&f=false |título=Angkor Wat. Unearthing Ancient Worlds |apelidos=Behnke |nome=Alison |ano=2009 |lugar=[[Minneapolis]] |editor=Twenty-First Century Books |dataacceso=19 de xuño de 2015 |lingua=en |isbn=978-0-8225-7585-6}}</ref><ref name=ref_duplicada_1>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=70}}</ref> quen as deixaría por escrito:<ref name=ptg /><ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Higham|2001|pp=1-2}}</ref>
 
{{Cita centrada |...unha construción de tal modo extraordinaria que non é posible describila por escrito, especialmente é diferente de calquera outro edificio no mundo. Posúe torres, decoración e todos os refinamentos que o xenio humano pode concibir.|autor=Diogo do Couto}}
Liña 74:
Do mesmo xeito que noutros templos de Angkor, a maioría dos labores de restauración lévanse a cabo mediante o método da «reintegración» ou anastilose;<ref name=moles /> un proceso de reconstrución consistente en recolocar as pezas orixinais derruídas, ou nalgúns casos mesmo en elaborar de novo as pezas faltantes —sempre e cando exista información suficiente para facelo fielmente—.<ref>{{Cita novas |url=http://www.bbc.co.uk/news/world-asia-19279491 |título=Restoring ancient monuments at Cambodia's Angkor Wat |nome=Guy |apelidos=De Launey |data=21 de agosto de 2012 |xornal=BBC |dataacceso=16 de agosto de 2015 |lingua=en}}</ref> Outra técnica empregada consiste en desmontar peza por peza o monumento para proceder á súa limpeza e/ou a súa consolidación, para posteriormente restituílo ao seu estado orixinal.
[[Ficheiro:Libraryangkorwat.JPG|miniatura|esquerda|Unha das bibliotecas. A pesar do seu nome, non hai certeza sobre a función orixinal destes edificios.]]
Mais os labores de restauración non sempre foron os máis axeitados: entre 1986 e 1992 o [[Servizo Arqueolóxico da India]] mantivo un proxecto para retirar toda a vexetación, musgo e liques achados nas pedras. Nesta limpeza o equipo indio empregou algúns produtos químicos daniños a medio prazo para a pedra, o que lles valeu críticas de varios arqueólogos occidentais.<ref name=criti>{{Cita novas |url=https://www.newscientist.com/article/mg12416864.000-the-battle-of-angkor-wat-cambodias-national-symbol/ |título=The battle of Angkor Wat: Cambodia's national symbol |data=14 de outubro de 1989 |dataacceso=20 de xuño de 2015 |editorial=New Scientist |nome1=Russell |apelidos1=Ciochon |nome2=Jamie |apelidos2=James |lingua=en}}</ref> Nos anos seguintes, o equipo alemán encargado das [[apsará]]s encontrou mostras desta deterioración nalgúns dos baixorrelevos.<ref>{{Cita web |url=http://www.lonelyplanet.com/cambodia/siem-reap/sights/500562 |url-arquivo=httphttps://web.archive.org/web/20090122180148/http://www.lonelyplanet.com/cambodia/siem-reap/sights/500562 |data-arquivo=22 de xaneiro de 2009 |título=German Apsara Conservation Project |páxina-web=LonelyPlanet.com |dataacceso=20 de xuño de 2015 |lingua=en |urlmorta=non }}</ref>
 
Recentemente alertouse sobre a presenza dunha bacteria que podería estar acelerando a degradación da superficie das pedras, e cuxa proliferación podería deberse á ausencia duns minúsculos liques eliminados durante os labores de limpeza e restauración.<ref>{{Cita web |url=http://www.southeastasianarchaeology.com/2008/07/01/conservation-the-war-on-the-microbiological-front/ |título=Conservation: The war on the microbiological front |editorial=The Southeast Asian Archaeology Newsblog |dataacceso=20 de xuño de 2015 |lingua=en}}</ref> Estas películas microbianas foron encontradas amais de en Angkor Wat en Preah Khan, en Bayon, e noutros templos de Angkor. A deshidratación e a resistencia á radiación das cianobacterias filamentosas poden producir ácidos orgánicos que degradan a pedra. Un fungo filamentoso negro foi encontrado en mostras internas e externas de [[Preah Khan]], mentres que a alga ''[[Trentepohlia (alga)|Trentepohlia]]'' foi encontrada só en mostras tomadas na pedra rosada exterior de Preah Khan.<ref>{{cita publicación periódica|título=Microbial biofilms on the sandstone monuments of the Angkor Wat Complex, Cambodia|xornal=Current Microbiology|data=Febreiro de 2012|páxinas=85–92|volume=64|autor1=Gaylarde CC|autor2=Rodríguez CH|autor3=Navarro-Noya YE|autor4=Ortega-Morales BO|doi=10.1007/s00284-011-0034-y|pmid=22006074|issue=2}}</ref>
 
Tampouco as primeiras intervencións francesas no templo estiveron exentas de críticas: varias das actuacións máis antigas, efectuadas sobre monumentos cuxa integridade estrutural estaba ameazada, resolvéronse de xeito apresurado e sen os medios axeitados. Como resultado, hoxe en día poden verse piares reforzados con abrazadeiras metálicas oxidadas, emplastos de formigón reenchendo ou mesmo rodeando piares danados, ou barras de aceiro embutidas na pedra;<ref name=criti /> unhas intervencións procedentes da época de Henri Marchal, e xeralmente desculpadas como un «mal menor».<ref name=ref_duplicada_6 /> Non obstante, unha das intervencións francesas máis criticadas foi a reconstrución dun antigo [[artesoado]] de madeira empregando formigón en lugar do material orixinal, unha obra realizada na galería sur do templo en tempos máis recentes. Ao parecer, o teito de madeira orixinal desapareceu na década de 1970, empregado polas guerrillas dos Khmers Vermellos para facer lume. Non foron estes os únicos danos contemporáneos que sufriu o templo: tamén un proxectil perdido estadounidense destruíu accidentalmente un dos pavillóns.<ref name=criti/> Non obstante, os maiores danos proceden da pillaxe e o contrabando de antigüidades que padeceu o templo nas últimas décadas, especialmente durante a década de 1990.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|pp=42-43}}</ref> Afortunadamente, a concienciación popular e a crecente vixilancia, tanto por parte gobernamental como pola UNESCO, parecen estar mellorando ostensiblemente a situación.<ref>{{Cita web |url=http://portal.unesco.org/es/ev.php-URL_ID=2059&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html |url-arquivo=httphttps://web.archive.org/web/20090304155511/http://portal.unesco.org/es/ev.php-URL_ID=2059&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201%3D2059%26URL_DO%3DDO_TOPIC%26URL_SECTION%3D201.html |data-arquivo=404 de marzo de 2009 |título=Heritage: Angkor's role in the search for a lost unity |editorial=[[UNESCO]] |data=28 de maio de 2002 |dataacceso=20 de xuño de 2015 |lingua=en |urlmorta=si }}</ref>
 
== Arquitectura ==
Liña 95:
O recinto exterior, rodeado polo lago, ten unhas dimensións de 1&nbsp;025 × 800 m, ocupando 82 hectáreas. O perímetro do lago, que ten unha lonxitude total de 5,5&nbsp;km, está feito con varias ringleiras de pedra postas en bancada.<ref name=apsara /> Dúas pasarelas de 12 m de ancho e adornadas cunha [[balaustrada]] coa típica forma de ''[[Naga]]'' (serpe mítica con aspecto de cobra e 5 ou 7 cabezas),<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=235}}</ref> cruzan o lago ao leste e ao oeste, permitindo a entrada e a saída ao templo.
 
O recinto está pechado por un muro de [[laterita]] de 5 m de altura<ref name=hh>{{cita web |url=http://www.ourworldwonders.com/AngkorWat/History.htm |url-arquivo=httphttps://web.archive.org/web/20101209062116/http://www.ourworldwonders.com/AngkorWat/History.htm |data-arquivo=909 de decembro de 2010 |título=Angkor Wat History |editorial=OurWorldWonders.com |dataacceso=4 de xullo de 2015 |lingua=en |urlmorta=si }}</ref> sobre o que se asenta un pórtico de 235 m de lonxitude que posúe un corredor con columnas na súa parte exterior. No pórtico destacan tres torres marcando senllas entradas: a principal consiste nunha ''[[gopura]]'' ou pavillón de entrada, precedida por un pequeno soportal, flanqueada por dúas entradas menores, habilitadas ao parecer para permitir o paso dos elefantes e as carruaxes.<ref name=apsara /><ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=152}}</ref>
 
Quizais por ser un templo funerario para o rei, ou quizais por estar adicado ao deus Vishnú (asociado ao cuadrante oeste do universo),<ref name=ref_duplicada_3 /> Angkor Wat, ao contrario que o resto de templos, oriéntase cara ao oeste.<ref name=hh /> Por este motivo, a dirección das historias narradas nos relevos do templo han de lerse no sentido contrario ás agullas do reloxo.<ref name=apsara />
Liña 167:
== Turismo ==
[[Ficheiro:Evening view of Angkor Wat Temple, Angkor, Cambodia.jpg|400px|miniatura|Vista do templo central dende o interior do recinto exterior.]]
Despois da relativa normalización da situación política de Camboxa na década de 1990, Angkor e o seu templo principal, Angkor Wat, convertéronse nun importante destino turístico: En 1993 recibiu tan só 7&nbsp;650 visitantes,<ref>{{Cita novas |url= http://www.theguardian.com/world/2007/feb/25/travel.travelnews |título=Tourist invasion threatens to ruin glories of Angkor Wat |nome=Justine |apelidos=Smith |data=25 de febreiro de 2007 |xornal=The Observer |dataacceso=2 de agosto de 2015 |lingua=en}}</ref> mentres que en 2004 aproximadamente 561&nbsp;000 turistas estranxeiros visitaron a provincia de Siem Reap, aproximadamente o 50% de todos os turistas que visitaron Camboxa.<ref>{{Cita web |url=http://www.tourismcambodia.com/Statistics/index.asp?Year=2005 |título=Executive Summary from Jan–Dec 2005 |dataacceso=2 de agosto de 2015 |editorial=Tourism of Cambodia |obra=Statistics & Tourism Information Department, Ministry of Tourism of Cambodia |urlarquivo=httphttps://web.archive.org/web/20080413115411/http://www.tourismcambodia.com/Statistics/index.asp?Year=2005 |dataarquivo=13 de abril de 2008 |urlmorta=si }}</ref> Ao ano seguinte chegaron 677&nbsp;000, cerca dun millón de turistas en 2008,<ref name=elpais /> e máis de dous millóns en 2012 e 2013.<ref>{{Cita web |url=http://www.tourismcambodia.org/images/mot/statistic_reports/tourism_statistics_annual_report_2012.pdf |título=Tourism Annual Report 2012 |editorial=Ministry of Tourism |dataacceso=2 de agosto de 2015 |lingua=en}}</ref><ref>{{Cita novas |url=http://www.phnompenhpost.com/business/ticket-sales-angkor-wat-exceed-2-million |título=Ticket sales at Angkor Wat exceed 2 million |xornal=The Phnom Penh Post |data=21 de xaneiro de 2015 |lingua=en}}</ref> O sitio está xestionado polo grupo privado [[Sokimex]] dende 1990, que o alugou ao [[Goberno Camboxano]]. O turismo tamén proporcionou algúns fondos adicionais para o seu mantemento: a partir do ano 2000 aproximadamente o 28% dos ingresos da venda de entradas foi destinado para este fin, se ben a maior parte dos traballos realizados lévase a cabo por equipos patrocinados por gobernos estranxeiros e non polas autoridades camboxanas.<ref name="tales">{{Cita web |editorial=Tales of Asia |url=http://www.talesofasia.com/cambodia-interviews-AC.htm |título=Preserving Angkor: Interview with Ang Choulean |data=13 de outubro de 2000 |dataacceso=2 de agosto de 2015 |lingua=en}}</ref>
 
Se ben a afluencia de turistas ten causado relativamente poucos danos, con excepción dalgunhas pintadas, para evitar o desgaste producido pola masiva afluencia de turistas, e tamén con obxecto de previr o vandalismo, a comezos do século XXI comezouse a protexer e a acondicionar algunhas zonas do templo especialmente delicadas con cordas e escaleiras de madeira para protexer os baixorrelevos e algunhas plantas. Entre as iniciativas que permiten diminuír a presión de visitantes no templo estanse a barallar opcións como establecer distintos percorridos alternativos, ou iluminar o templo con luz artificial para poder prolongar o horario de visita despois da posta do sol.<ref name="tales"/><ref>{{Cita novas |url=http://web.archive.org/web/20110728165646/http://lacomunidad.elpais.com/apolvorinos/2009/9/5/angkor-y-factura-la-luz |xornal=[[El País]] |título=Angkor y la factura de la luz |data=5 de setembro de 2009 |data-acceso=14 de xaneiro de 2010 |lingua=es}}</ref>