Diferenzas entre revisións de «Amy Winehouse»

Recuperando 5 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
m (Años - anos)
(Recuperando 5 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8))
O seu álbum de debut do ano 2003 ''[[Frank (álbum)|Frank]]'' foi valorado positivamente pola crítica especializada e foi comercialmente un éxito no seu país natal, o Reino Unido, e foi candidato ó premio [[Mercury Prize]]. O seguinte álbum de Winehouse do ano 2006, ''[[Back to Black (álbum|Back to Black]]'', levou cinco [[premios Grammy]], igualando naquel entón a marca de maior número de triunfos nunha única noite para unha artista feminina, e foi a primeira muller británica en gañar cinco premios Grammy<ref name="Grammy">{{cita novas |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20130518235831/http://www.today.com/id/23100297/ns/today-entertainment/t/winehouse-dominates-grammys-wins/ |data-arquivo=18-5-2013 |url= http://www.today.com/id/23100297/ns/today-entertainment/t/winehouse-dominates-grammys-wins/ |título= Winehouse dominates Grammys with 5 wins |data=2-11-2008 |xornal=Today Music |axencia=[[Associated Press]] |dataacceso=6-10-2015}}</ref><ref>{{cita publicación periódica |autor=Winehouse, Alex |urlarquivo= https://web.archive.org/web/20110809090849/http://entertainment.timesonline.co.uk/tol/arts_and_entertainment/music/article3359759.ece |título= Amy Winehouse's brother on her return to form |dataarquivo=9-8-2011 |url=http://entertainment.timesonline.co.uk/tol/arts_and_entertainment/music/article3359759.ece |data= 13-2-2008 |xornal=The Sunday Times |dataacceso=6-10-2015 }}</ref>, incluíndo a Mellor Artista Revelación, Gravación do Ano e Canción do Ano. Gañou ademais un [[World Music Award]] e tres [[Premio Ivor Novello|premios Ivor Novello]]; no 2004 á Mellor Canción Contemporánea por ''Stronger Than Me'', no 2007 de novo Mellor Canción Contemporánea, esta vez por ''Rehab'' e no 2008 Mellor Canción Lírica e Musicalmente por ''Love Is a Losing Game'', tamén gañou o [[Brit Aware]] á Mellor Artista Feminina Británica de 2007, sendo tamén candidata ó Mellor Álbum Británico con ''Back to Black'', entre outros premios de prestixio.
 
Recibiu a atención dos medios de comunicación por causas alleas ó seu talento musical, fixándose na súa polémica vida persoal. O seu estilo distintivo, as [[tatuaxe]]s e o peiteado [[beehive]], os seus problemas xurídicos constantes, dependencia das [[Droga#Drogas de uso recreacional ou drogas de abuso|drogas]] e máis do [[Alcoholismo|alcohol]] e as complicacións médicas polo seu comportamento autodestrutivo foron fonte de titulares dende o 2007. Morreu por [[intoxicación etílica]] o 23 de xullo de 2011 á idade de 27 anos, revelándose o motivo meses despois da súa morte, que nun principio fora asociada ás súas múltiples adiccións<ref>{{cita web |autor=Duke, Alan |url=http://edition.cnn.com/2011/SHOWBIZ/celebrity.news.gossip/07/23/amy.winehouse.dies/ |título=Singer Amy Winehouse found dead |data=24-7-2011 |páxina-web=CNN |dataacceso=31-3-2016 }}</ref>. O seu álbum ''Back to Black'' converteuse, postumamente e durante un tempo, no álbum máis vendido do Reino Unido no século XXI<ref name="cúspide">{{cita web |url=http://www.bbc.co.uk/news/entertainment-arts-14660787 |título= Amy Winehouse's Back to Black sets chart record |data=25-8-2011 |páxina-web=[[BBC|BBC News Online]] |dataacceso=6-10-2015 }}</ref>. No 2012, Amy Winehouse colocouse no posto 26 na lista das "100 mellores mulleres da música" elaborada pola [[VH1]]<ref name="VH1 100">{{cita web |autor=Graham, Mark |urlarquivo= https://web.archive.org/web/20131029221757/http://VH1vh1.com/music/tuner/2012-02-13/100-greatest-women-in-music/76 |título= VH1's 100 Greatest Women In Music |dataarquivo=29-10-2013 |url=http://VH1.com/music/tuner/2012-02-13/100-greatest-women-in-music/76 |data=13-2-2012 |páxina-web=[[VH1]] |dataacceso=6-10-2015 |urlmorta=non }}</ref>. A [[BBC]] denominouna como "o talento vocal preeminente da súa xeración"<ref>{{cita web |url= http://www.bbc.co.uk/news/entertainment-arts-14660787 |título= Amy Winehouse's Back to Black sets chart record |data=25-8-2011 |páxina-web=BBC News Online |dataacceso=6-10-2015 }}</ref>.
 
== Traxectoria ==
Cando tiña 16, un amigo íntimo, o cantante de soul Tyler James, coñecido seu dende a Escola de Teatro Sylvia Young, após de asistir a un dos seus concertos propúxolle gravar unha [[Demo (música)|demo]]<ref name="reverso" />. A gravación desa sesión axudoulle a progresar na súa carreira profesional. Tyler James presentouse coa cinta diante de Nick Shymansky, da axencia de relacións públicas Brilliant!, con quen Tyler James acababa de asinar un contrato<ref name="voz">{{cita web |url=http://musica.uol.com.br/noticias/redacao/2012/07/23/leia-trecho-da-biografia-sobre-amy-winehouse-escrita-pelo-pai-da-cantora.htm |título=Leia trecho da biografia sobre Amy Winehouse, escrita pelo pai da cantora |data=23-7-2012 |páxina-web=UOL |lugar=São Paulo |dataacceso=9-4-2016 |lingua=portugués}}</ref>. Impresionado, Nick Shymansky mostroulle a cinta ó seu xefe en Brilliant!, Nick Godwyn, a canción chamábase ''Estrogenius'', un poema de 6 minutos mal interpretado coa guitarra mais a súa voz destacaba. Convocou a Amy Winehouse para facer unha audición e ficou sorprendido ó escoitala cantar. Andaban na procura dunha cantante de jazz e asinou con ela un contrato de representación artística<ref name="Island">{{cita web |título=Nick Godwyn Talks About Amy Winehouse |url=http://amywinehouseforever.org/425/news/nick-godwyn-talks-about-amy-winehouse/ |páxina-web=Amy Winehouse Forever |dataacceso=18-10-2015 }}</ref><ref>{{cita web |url=http://blitz.sapo.pt/principal/update/amy-winehouse-vida-tragica-grande-musica-talento-desperdicado=f97227 |título=Amy Winehouse: vida trágica, grande música, talento desperdiçado |data=23-7-2015 |páxina-web=Blitz |dataacceso=9-4-2016 |lingua=portugués}}</ref>. As influencias de Winehouse nesa época eran Dinah Washington, [[Billie Holiday]], Frank Sinatra, o álbum ''[[Tapestry]]'' de [[Carole King]], [[James Taylor]], non era o que unha adolescente adoitaba escoitar<ref name="Island" />.
 
Porén, Brilliant!, foi adquirida ó pouco por 19 Entertainment de [[Simon Fuller]]. A cantante asinou entón un contrato de representación con Simon Fuller, que a remunerou con 250 [[Libra esterlina|libras]] semanais (cifra que sería descontada de futuros beneficios) para que que se concentrase en desenvolver as súas calidades musicais e non precisase traballar durante este período<ref name="voz" />. Con todo, continuaba a dar concertos nalgúns pubs londinienses, no Club Cobden<ref name="forever" /> ou no Bush Hall<ref>{{cita novas|autor=Whitmore, Greg |autor2=Robinson, Karen |url=http://www.theguardian.com/music/gallery/2015/jun/13/amy-winehouse-rare-and-unseen-in-pictures |título=Amy Winehouse: rare and unseen – in pictures |data=13-6-2015 |xornal=The Guardian |dataacceso=20-10-2015 }}</ref>. Mudouse a vivir a [[Camden Town|Candem]] coa súa amiga da infancia Juliette Ashby<ref name="gang" /><ref>{{cita web |autor=Bromley, Melanie |url=http://www.eonline.com/news/683157/saving-amy-winehouse-singer-s-best-friend-wants-her-to-be-remembered-for-extraordinary-talent-not-her-tragic-demise |título=Amy Wins Oscar for Best Documentary Feature: Why Amy Winehouse Should Be Remembered for Her Talent More Than Her Tragic Demise |data=29-2-2016 |páxina-web=E! |dataacceso=9-4-2016 }}</ref>. Espertou ademais o interese doutros representantes musicais, como os da Virgin Records ou da EMI Music Publising<ref name="vez">{{cita web |autor=Bouwman, Kimbel |título=Interview with DARCUS BEESE, A&R at Island for Amy Winehouse, Sugababes |url=http://www.hitquarters.com/index.php3?page=intrview/opar/intrview_Darcus_Beese_int.html |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120123121840/http://www.hitquarters.com/index.php3?page=intrview/opar/intrview_Darcus_Beese_int%2Fopar%2Fintrview_Darcus_Beese_int.html |data=23-2-2004 |revista=Hit Quarters |dataarquivo=23-101-2012 |data-acceso=22-08-2018 |urlmorta=non }}</ref>. En consecuencia, acabou asinando un contrato de administración dos dereitos de autor con Guy Moot, representante encargado da división de artistas e repertorio da EMI Music Publising, que a destinou a traballar cos produtores [[Salaam Remi]] e Gordon Williams, pero decidiu, nun principio, mantela en segredo para a industria discográfica<ref name="voz" /><ref name="vez" />. Viaxou daquela a [[Miami]] para coñecer ó produtor Salaam Remi<ref name="lar" /><ref>{{cita web|título=The Score: Salaam Remi Talks Amy Winehouse & NaS In Exclusive Q&A|url=http://www.okayplayer.com/news/salaam-remi-nas-amy-winehouse-interview.html/2|dataacceso=19-10-2015|autor=Eddie "Stats"|páxina-web=Okayplayer|ano=2012}}</ref><ref>{{cita web|título=Amy Winehouse |url=http://www.buscabiografias.com/biografia/verDetalle/9781/Amy%20Winehouse |páxina-web=BuscaBiografías |dataacceso=19-10-2015 |lingua=castelán}}</ref>, naquel intre Winehouse compuxera un bo fato de cancións mais só unhas poucas foran gravadas realmente.
 
Darcus Beese, representante de [[Island Records|Island]] en Londres, soubo de Winehouse por azar. Nunha reunión cuns produtores no seu despacho, para oír algunhas cancións que estaban producindo, escoitou casualmente unha gravación da súa voz, quedou impresionado e quixo contratala decontado. Cando Beese preguntou quen estaba cantando, o director dixo que non estaba autorizado a responder. A Beeze levoulle preto de seis meses atopala cantante. Neste momento Winehouse apenas gravara material, pois estaba aínda en fase de desenvolvemento, e Beese organizou unha audición nas oficinas da [[Universal Music Group|Universal]] en Londres. O xefe de Beese en Island, Nick Gatfield, alcanzou con ela un trato e con 19 anos Winehouse asinou pola discográfica Island<ref name="vez" />, que sería a responsable dos seus lanzamentos no Reino Unido<ref>{{cita publicación periódica |autor=Calkin, Jessamy |url=http://telegraph.co.uk/graphics/projects/amy-winehouse/index.html |título=Amy Winehouse: behind the controversial documentary |ano=2015 |xornal=The Daily Telegraph |url-arquivo=http://archive.is/ShWug |data-arquivo=29-3-2016 |dataacceso=9-4-2016 }}</ref>, corría o ano 2002.
O álbum ''Frank'' situouse arriba nas listas de éxitos do Reino Unido<ref name="mourear" /> cando foi nomeado no 2004 ós Premios Brit, nas categorías de Mellor Intérprete Británica Feminina e Mellor Artista de Música Urbana. Alcanzou o disco de platino<ref name="gang" />. Winehouse acadou o premio Ivor Novello á Mellor Canción Contemporánea por ''Stronger Than Me'', compartido con Salaam Remi. O álbum tamén foi candidato ó premio Mercury Prize no 2004. Ese mesmo ano, Winehouse presentouse no Festival de Glastonbury, no Festival Internacional de Jazz de Montreal e no V Festival.
 
Amy Winehouse era unha persoa insegura<ref name="fado" /> e tiña unha personalidade autodestrutiva e adicta; "supoño que se tes unha personalidade adicta, pasas dun veleno a outro"<ref name="gang" />. Á beira da fama a intérprete era todo curvas e beizos, comezábase a intuír a súa nova aparencia. No 2005, Amy comezou a beber en exceso e a abusar das drogas<ref name="forever" />. Aquel mesmo ano Amy comezou a falarse con Blake Fielder-Civil, con quen mantivo un idilio destrutivo e violento, gobernado polas drogas. Gozaba co [[Relación sexual humana|sexo]] e practicábao a miúdo<ref>{{cita publicación periódica |url=http://www.pronto.es/vidas-interesantes/amy-winehouse |título=Amy Winehouse. Diva británica del soul |revista=[[Pronto (revista)|Pronto]] |dataacceso=26-10-2015 |lingua=es|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20160304100726/http://www.pronto.es/vidas-interesantes/amy-winehouse|data-arquivo=4 de marzo de 2016|urlmorta=si}}</ref>, pasou dun comportamento promiscuo cos mozos anteriores<ref name="reverso" /><ref>{{cita novas |autor=Jenkins, David |url=http://www.telegraph.co.uk/culture/music/rockandjazzmusic/3622061/Love-hurts.html |título=Love hurts |data=11-8-2004 |xornal=The Daily Telegraph |dataacceso=26-10-205 }}</ref> a sentir fixación por Blake Fielder-Civil<ref name="fado" />. A parella coñeceuse nun pub en Camden chamado ''The Good Mixer''<ref>{{cita novas |autor=Jeffrey, Paul |url=http://www.dailymail.co.uk/tvshowbiz/article-472766/Amy-Winehouse-Blake-I-Mr-Mrs-Normal.html |título=Amy Winehouse: Blake and I are Mr and Mrs Normal! |data=3-8-2007 |xornal=The Daily Mail |dataacceso=11-11-2015 }}</ref>. Fielder-Civil admitiu ser o responsable de iniciar a Winehouse no consumo do [[Crack (droga)|crack]] e da [[Heroína (droga)|heroína]]<ref name="forever" />, "nós fumabamos, ela nunca se inxectou, eu fíxeno ocasionalmente pero nunca con Amy, foi tras rematar a relación"<ref>{{cita web |url=http://www.tnt.org.za/index.php/2012-06-29-07-13-09/item/1603-i-regret-giving-amy-winehouse-heroin |título=I regret giving Amy Winehouse heroin |url-arquivo=httphttps://archive.istoday/Z9NIC20151107122106/http://www.tnt.org.za/index.php/2012-06-29-07-13-09/item/1603-i-regret-giving-amy-winehouse-heroin |data-arquivo=707-11-2015 |páxina-web=The Naked Truth |dataacceso=27-10-2015 |urlmorta=si }}</ref>. Winehouse era unha estrela mais a súa vida persoal andaba completamente descarreirada. Asistía ós concertos, nos clubs ou na televisión, en estado evidente de embriaguez<ref name="sona" />. A morte da súa avoa no ano 2006 foi un duro golpe para a cantante, que xa cambaleaba<ref name="forever" />. No seu contorno estaban preocupados e tentaron levala a rehabilitación, ela mostrouse nun principio reticente<ref name="Cynthia" />. Foi daquela cando abandonou a compañía de representación 19 Management de Simon Fuller<ref name="Island" /><ref name="fortuna">{{cita web |url=http://www.mtv.com/artists/amy-winehouse/biography/ |título=About Amy Winehouse |páxina-web=[[MTV]] |dataacceso=2-11-2015 }}</ref>.
 
Ó principio da súa relación con Blake Fielder-Civil, Winehouse non consumía [[cocaína]]; o seu mozo declarou: "Cando eu consumía cocaína, estando Amy canda min, pregunteille nunha ou dúas ocasións, queres probar? Ela dixo: non, iso non é para min". Porén cando andaba cos últimos retoques de ''Back to Black'' ela xa consumía cocaína<ref name="folepa">{{cita web |url=http://www.contactmusic.com/blake-fielder-civil/news/blake-fielder-civil-couldn-t-accept-amy-winehouse-was-dead_3530950 |título=Blake Fielder-Civil couldn't accept Amy Winehouse was dead |data=27-2-2013 |editorial=Bang Showbiz |páxina-web=Contactmusic |dataacceso=27-10-2015 }}</ref>.
O álbum con once temas foi rematado en cinco meses<ref name="Mitch" />, e aínda que inicialmente ía ser producido enteiramente por Salaam Remi, que finalmente contribuíu en catro cancións, tamén participou na produción [[Mark Ronson]]. Amy Winehouse contratou a banda [[Sharon Jones & the Dap-Kings|Dap-Kings]] de [[Sharon Jones]] para colaborar no estudio de gravación e acompañala na xira<ref>{{cita novas|nome= Ben |apelido= Sisario |title= She's Not Anybody's Backup Act |data=29-9-2007 |xornal= [[The New York Times]] |url= http://www.nytimes.com/2007/09/29/arts/music/29jone.html?_r=1& |dataacceso=2-11-2015 }}</ref>.
 
Algúns temas do álbum tiveron un grande éxito; o primeiro en ser lanzado, ''Rehab'', situouse entre as dez mellores cancións nas listas do Reino Unido e dos Estados Unidos<ref>{{cita web|título=Amy Winehouse |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20150528144624/http://www.officialcharts.com/artist/812/AMY%20WINEHOUSE/ |data-arquivo=28-5-2015 |url= http://www.officialcharts.com/artist/812/AMY%20WINEHOUSE/ |páxina-web=Official Charts Company |dataacceso=2-11-2015 }}</ref><ref>{{cita web|título= Amy Winehouse – Awards |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20120728003456/http://www.allmusic.com/artist/amy-winehouse-mn0000627026/awards |data-arquivo=28-6-2012 |url= http://www.allmusic.com/artist/amy-winehouse-mn0000627026/awards |páxina-web=AllMusic |dataacceso=2-11-2015 }}</ref>, a revista ''[[Time]]'' considerou ''Rehab'' a mellor canción do 2007<ref>{{cita publicación periódica |autor=Tyrangiel, Josh |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20100328221031/http://www.time.com/time/specials/2007/article/0,28804,1686204_1686244_1690616,00.html |data-arquivo=28-3-2010 |url=http://content.time.com/time/specials/2007/article/0,28804,1686204_1686244_1690616,00.html |título=Top 10 Songs |data=9-12-2007 |revista=[[Time]] |dataacceso=2-11-2015 }}</ref>. O segundo sinxelo, ''You Know I'm No Good'', foi lanzado en xaneiro do 2007, na súa versión mesturada co [[rap]] e caracterizada por [[Ghostface Killah]], alcanzou o número 18 na lista de éxitos do Reino Unido. O sinxelo que lle dá nome ó álbum, ''Back to Black'', foi lanzado no Reino Unido en abril do 2007 e acadou o posto 25, porén tivo máis éxito na Europa continental<ref>{{cita web |url-arquivo=httphttps://web.archive.org/web/20141006095912/http://www.ultratop.be/nl/song/4063e/Amy-Winehouse-Back-To-Black |título=Amy Winehouse – Back To Black |data-arquivo=606-10-2014 |url=http://www.ultratop.be/nl/song/4063e/Amy-Winehouse-Back-To-Black |páxina-web=Ultratop |dataacceso=2-11-2015 |lingua=neerlandés |urlmorta=non }}</ref>. ''Tears Dry on Their Own'' e ''Love Is a Losing Game'' tamén foron lanzadas como sinxelos pero destacaron menos<ref>{{cita web |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20150316070309/http://acharts.us/performer/amy_winehouse |título=Amy Winehouse |url=http://acharts.us/performer/amy_winehouse |data-arquivo=16-3-2015 |páxina-web=αCharts|dataacceso=2-11-2015 }}</ref>.
[[Ficheiro:AmyWinehouse.jpg|miniatura|esquerda|200px|Winehouse no teatro KOKO de Londres en novembro de 2006.]]
 
Amy Winehouse propiciou o renacemento do jazz no panorama musical británico e revitalizou a música soul na primeira década do século XXI<ref name="rexurdir">{{cita publicación periódica |autor=Ricard, Paul |url=http://www.bt.com.bn/entertainment/2009/03/14/soul_revival_as_motown_turns_50 |título=Soul revival as Motown turns 50 |data=14-3-2009 |xornal=The Brunei Times |dataacceso=16-4-2016 }}</ref>. Dylan Moore, de ''Wales Arts Review'', denotou que cando Winehouse apareceu no ano 2003 "as cantantes de jazz e soul eran case insólitas na [[Mainstream|corrente principal do pop]] [...] Paloma Faith, Bat for Lashes, Emeli Sandé, Jessica Ware, todas débenlle algo a Amy", tralo seu éxito "o talento vocal feminino atestou a escena musical: [[Florence Welch|Florence]], [[Duffy]], [[Jessie J|Jessie]] e [[Adele]], todas teñen os seus propios e diferentes estilos, pero Amy foi a precursora"<ref name="morriñento">{{cita web |autor=Moore, Dylan |url=http://www.walesartsreview.org/paint-a-vulgar-picture-amy-winehouse-and-the-music-industry/ |título=Paint a Vulgar Picture: Amy Winehouse and the Music Industry |data=24-1-2013 |páxina-web=Wales Arts Review |dataacceso=16-4-2016 }}</ref>. Randall Roberts, de ''[[Los Angeles Times]]'', escribiu: "no 2006, a noción de que unha intérprete puidese dalgunha maneira resucitar ou reformular a música soul de forma acertada para unha nova xeración parecía non só improbable pero tamén mala idea [...] un regreso ás formas clásicas comezara a emerxer no ámbito ''[[underground]]'' británico e americano mais era ignorado polo gran público, e Winehouse, co seu enorme cabelo negro e brazos tatuados, desvelóunolo cunha actitude despreocupada"<ref name="franco">{{cita publicación periódica |autor=Roberts, Randall |url=http://latimesblogs.latimes.com/music_blog/2011/07/amy-winehouse-an-appreciation.html |título=Amy Winehouse: An Appreciation |data=24-6-2011 |xornal=Los Angeles Times |dataacceso=16-4-2016 }}</ref>.
 
A aclamación do seu traballo e o éxito comercial alcanzado por Amy Winehouse ocasionou que as discográficas comezasen a mirar por cantantes de soul como ela<ref name="rexurdir" /><ref name="única">{{cita publicación periódica |autor=Cairns, Dan |url=http://entertainment.timesonline.co.uk/tol/arts_and_entertainment/music/article6725104.ece |título=The rise of a new wave of female singers |data=26-7-2009 |xornal=The Times |url-arquivo=httphttps://web.archive.org/web/20110615071457/http://entertainment.timesonline.co.uk/tol/arts_and_entertainment/music/article6725104.ece |data-arquivo=15-606-2011 |dataacceso=18-4-2016 |revista= |urlmorta=non }}</ref><ref name="cilmi">{{cita publicación periódica |autor=Mike Joseph |url=http://www.popmatters.com/review/92583-gabriella-cilmi-lessons-to-be-learned/ |título=Gabriella Cilmi: Lessons to Be Learned |data=19-5-2009 |páxina-web=PopMatters |dataacceso=18-4-2016 }}</ref>. As primeiras destas artistas foron Adele e Duffy<ref name="única" />, seguidas por Paloma Faith e Gabriella Cilmi<ref name="cilmi" /><ref>{{cita publicación periódica |autor=Thrills, Adrian |url=http://www.dailymail.co.uk/tvshowbiz/article-2311420/Amy-Winehouse-diamond-says-Caro-Emerald.html |título=Amy Winehouse was a diamond, says Caro Emerald |data=19-4-2013 |xornal=The Daily Mail |dataacceso=18-4-2016 }}</ref>. Outras cantantes británicas recibiron atención por parte das discográficas, mesmo non interpretando aquel xénero, como é o caso de VV Brown, Pixie Lott, Kate Nash e mais [[Florence and the Machine|Florence + The Machine]], La Roux e Little Boots<ref name="única" />. Esta alteración na preferencia da industria entendeuna o xornalista Neil McCormick, de ''The Daily Telegraph'', deste xeito: "Winehouse non é só un xenio musical [...] Ela cambiou o panorama musical británico e preparou o terreo para unha nova xeración de cantantes novos. Amy é moi talentosa [...] Amy foi ata a orixe da música que amaba e creou un álbum moi retro. En consecuencia, o que aconteceu foi que se asistiu a un cambio de prioridades na industria discográfica. Ela volveu dar prestixio ás cantantes. Adele non sería denominada a estrela do 2008 se Amy non trouxera de novo ese prestixio"<ref>{{cita web |autor=Gifford, Rob |url=http://www.npr.org/2008/02/08/18789325/winehouse-blazes-trail-for-u-k-female-singers |título=Winehouse Blazes Trail for U.K. Female Singers |data=8-2-2008 |páxina-web=NPR Music |dataacceso=18-4-2016 }}</ref>.
 
Adele declarou: "Amy Winehouse é unha inspiración para min"<ref>{{cita web |url=http://www.capitalfm.com/artists/adele/news/amy-winehouse-inspiration/#UihfkXwKP2L1OIoq.97 |título=Adele: "Amy Winehouse Was An Inspiration To Me" |data=9-12-2011 |páxina-web=CapitalFM |dataacceso=19-4-2016 }}</ref> e falou do que representaba Winehouse para a súa carreira: "Se non fose por Amy e ''Frank'', ó cento por cento, eu non tería collido unha guitarra, non escribiría ''Daydreamer'' ou ''Hometown'', e escribín ''Someone Like You'' na guitarra tamén [...] Se non tivera escoitado ''Frank'' isto non tería acontecido. Eu adorábaa"<ref>{{cita publicación periódica |autor=Polanco, Luis |url=http://www.billboard.com/articles/news/6745057/adele-motherhood-easy-hard-interview |título=Adele Talks Motherhood: 'I Thought It Would Be Easy. It's F---ing Hard' |data=27-10-2015 |revista=Billboard |dataacceso=19-4-2016 }}</ref><ref>{{cita web |autor=Howell, Davies |url=http://www.thesun.co.uk/sol/homepage/showbiz/6712392/Adele-Amy-Winehouse-inspired-my-career.html |título=Adele: Amy inspired my career |data=27-10-2015 |xornal=The Sun |dataacceso=19-4-2016 }}</ref>. Noutra ocasión Adele dixo: "Amy é un auténtico fenómeno", e engadiu, "cando Amy triunfaba en América, eu e Duffy comezamos a destacar en Inglaterra, e eu creo que fixo o camiño un pouco máis doado para nós"<ref>{{cita publicación periódica |autor=Corcoran, Liz |autor2=Orloff, Brian |url=http://www.people.com/people/article/0,,20263024,00.html |título=Adele Recoils from Botched Meeting with Justin |data=5-3-2009 |revista=People |dataacceso=19-4-2016 }}</ref>. Paloma Faith manifestou: "Ela abriu o camiño para min e para outros coma min"<ref>{{cita web |url=https://www.palomafaith.com/goodnight-amy/ |título=Goodnight Amy |data=25-7-2011 |páxina-web=palomafaith.com |dataacceso=23-4-2016 }}</ref>. A cantante italiana Nina Zilli amosou o seu agradecemento a Winehouse: "Fixo algo fantástico. Ata a súa aparición todo era unha copia dunha copia, pero con ela o rythm and blues e o soul comezaron a circular de novo e grazas a ela puiden gravar o disco. Puxo os focos na clase de música que levo facendo toda a miña vida"<ref>{{cita publicación periódica |autor=Martín Rodrigo, Ines |url=http://www.abc.es/20110414/cultura-musica/abci-entrevista-nina-zilli-201104131600.html |título=Nina Zilli, la Amy Winehouse italiana |data=14-4-2011 |xornal=[[ABC (xornal)|ABC]] |url-arquivo=http://archive.is/MV9Da |data-arquivo=29-3-2016 |dataacceso=21-4-2016 |lingua=castelán}}</ref>.
154.077

edicións