Escudo de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engadín contido.
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Desfíxose a edición 4841944 de 46.222.113.121 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 31:
Dentro do '''escudo de Galicia''', é o cáliz a figura heráldica que hai máis tempo vén representando a [[Galicia]]. O cáliz aparece documentado por vez primeira como armas dos reis de ''Galyce'' no Armorial Segar de [[Inglaterra]] do ano c. [[1282]].
 
As armas do [[Reino de Galicia]] foron evolucionando continuamente a través dos séculos; do orixinario cáliz pechado nun relicario (armoriais ''Bergshammar'', [[Suecia]], [[1436]], e ''Gymnich'', [[Flandres]], 1445) pasouse á súa representación en forma aberta; o orixinal campo azul da bandeira diversificouse tamén en vermello e branco; e o orixinal cáliz en campo liso sen ningún engadido pasou a conter enfeites diversos como anxos e un número variable de cruces ou trevos, entre unha, seis ou sete, ou en campo sementado.
 
A estandarización gráfica moderna das Armas ou Escudo de Galicia foi establecida no ano [[1972]] pola [[Real Academia Galega]].<ref>[http://www.xunta.es/o-escudo Xunta de Galicia: Símbolos de Galicia: o escudo].</ref>