Ghena Dimitrova: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 8:
Nas primeiras gravacións, a voz de Dimitrova aínda non tiña acadado a súa distintiva grandeza, e en moitas das primeiras producións de Nabucco, o derradeiro Do agudo opcional é omitido na [[cabaletta]] (''Salgo già del trono aurato''), que si incluiría en épocas posteriores da súa carreira, de tal xeito que se chegaría a converter nun referente para futuras intérpretes desa [[aria]].<ref>{{Cita novas |título= Ghena Dimitrova | url=https://www.operamusica.com/artist/ghena-dimitrova/competitions#biography | lingua=en |xornal= Opera Musica |data= }}</ref>
 
A súa voz de inmenso caudal fíxoa favorita de audiencias internacionais nos roles de Abigaille e Turandot (en ''[[Turandot]]'', de [[Giacomo Puccini|Puccini]]), ecausando Abigaillesensación con este rol en Treviso, en 1975.
 
Outros papeis importantes foron Floria Tosca, en [[Tosca (ópera)|''Tosca'']], de Puccini; Odabella (en ''[[Attila]]''), Giselda (en ''[[I Lombardi alla prima crociata]]''), Alzira (en [[Alzira (Verdi)|''Alzira'']]), Elisabeth de Valois (en ''[[Don Carlos]]''), Leonora (en ''[[Oberto, Conte di San Bonifacio]]''), Lady Macbeth (en [[Macbeth (Verdi)|''Macbeth'']]), Elvira (en ''[[Ernani]]''), Aida, e tamén Amneris (en [[Aida (ópera)|''Aida'']]), de Verdi;&nbsp;Maddalena, en&nbsp;''[[Andrea Chénier]]'', de [[Umberto Giordano|Giordano]]; Santuzza, en ''[[Cavalleria rusticana]]'', de [[Pietro Mascagni|Mascagni]]; e a Gioconda, en ''[[La Gioconda (ópera)|La Gioconda]]'' de [[Amilcare Ponchielli|Ponchielli]].
 
Debutou en Sofía en 1965 como Abigaille,&nbsp;e causou sensación en 1975 como Turandot, en Treviso.
 
Cantou principalmente en Italia destacándose na [[Teatro alla Scala|Scala]] de [[Milán]], [[Xénova]] e na [[Arena de Verona]] onde foi favorita do público; tamén no [[Teatro Colón de Buenos Aires|Teatro Colón]] de [[Buenos Aires]] durante cinco anos consecutivos (1975-1979) con tardíos debuts en [[Viena]] (1978), [[Salzburgo]] (1984), [[Londres]] (1983) e Nova York(1987).