Estaca de Bares: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 21:
 
== Características ==
O cabo é un enclave con valor [[Ornitoloxía|ornitolóxico]] xa que é unha atalaia na que se avistan moitas das [[migración das aves|migracións de aves]] mariñas, das que. Entre os meses de agosto e novembro, chéganse a contabilizar algúns anos máis de 100.000 exemplares: [[mascato]], [[arao romeiro]], [[corvo mariño real]] e [[pato pentumeiro]] son as especies mellor representadas, nidificando tamén na zona o [[falcón peregrino]].{{cómpre referencia}}
 
Neste cabo tamén poden verse as ruínas dunhas instalacións militares abandonadas. Unha delas era unha instalación dos [[Gardacostas dos Estados Unidos]] ao comezo dos anos 60, como unha base [[LORAN]] (do [[lingua inglesa|inglés]]: ''Long Range Aid to Navigation''). A estación de Estaca de Bares operaba conxuntamente coas estacións do Goberno británico en East Blockhouse, [[Gales]] e, ata 1973, do Goberno francés en Porspoder, [[Francia]].