Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
A herpetofauna da zona consta de 161 especies de anfibios e réptiles. Monteverde era oñecida mundialmente como o hábitat do [[sapo dourado]] (''Incilius periglenes''), unha especie que desapareceu en 1989.
 
91 (21%) das especies de aves de Monteverde son [[aves migratorias]] de longa distancia que se reproducen en [[Norteamérica]] e atravesan Monteverde durante a súa [[migración das aves|migración]], ou pasan o inverno na zona. Tres destas especies, ''Elanoides forficatus'', ''Legatus leucopahius'' e ''Vireo flavoviridis'', reprodúcense en Monteverde e emigran a [[América do Sur]] durante a súa fase non reprodutiva.
 
O [[Pharomachrus mocinno|quetzal]] resplandecente (''Pharomachrus mocinno'') móvese en tempada de aniñación ata as elevacións máis baixas a ambos os lados da divisoria continental. O comezo da migración das aves campá (''Procnias tricarunculata'') é similar á do quetzal, mais a reprodución ocorre preto da divisoria continental, de marzo a xuño, e é seguida por un movemento post-reprodutivo de baixada pola vertente do Pacífico durante os meses de agosto e setembro.
171.942

edicións