Salomon Israel Cherezli: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 5:
Naceu no seo dunha familia da elite [[sefardí]] de Xerusalén, orixinaria de Serres  ([[Grecia]] ), de onde lle vén o patronímico. Seu pai era rabino e súa nai era tamén filla de rabino, xefe do comité sefardí de Xerusalén.
 
Cherezli estudou nun [[cheder]], e a continuación nunha escola da Alizanza Israelita Universitaria. De novo foi membro de círculos sefardís vencellados á promoción do hebreo, e implicouse nas actividades do [[sionismo]] [[Lingua hebrea|hebreo]], e nesa época comezou a escribir e traducir en [[Lingua xudeoespañola|xudeoespañol]], a lingua principal dos sefardís en Xerusalén e no conxunto do  [[Imperio Otomán]], publicando en [[Revista literaria|revistas literarias]].
 
No ano 1898 estableceu a librería Sayich, e estivo entre os pioneiros en distribuír literatura secular na cidade. En [[1901]], xunto con Taragan Ben-Siyón fundou a ''Güerta de Yerushaláyim'', un anuario que se mantivo dous anos, e onde se publicaron colectáneas de traducións de novelas europeas. En [[1904]] mercou xunta Taragan a [[Impresión|imprenta]] de [[Eliezer Ben-Yehuda]], converténdose en editor dos periódicos dirixidos por Ben-Yehuda ''HaZvi'' e ''Haskafa'' e do primeiro volume do seu dicionario. Ao ano seguinte Taragan marchou a [[Exipto]] e Salomon quedou como único propietario da imprenta. En 1909 fundou o xornal ''El Paradiso'' que se publicaba en tres edicións: hebreo, xudeoespañol e [[Lingua yiddish|yiddish]].
Liña 11:
Como editor foi un dos primeiros en publicar literatura secular en Xerusalén, a maioría dos libros editados fórono en xudeoespañol, ata totalizar 63 títulos<ref>[http://www.tidhar.tourolib.org/tidhar/view/2/835 Tidhar, D. (1947). ''Entsiklopedyah le-halutse ha-yishuv u-vonav'' (Vol. 2, p. 835)]</ref>, converténdose canda Moshé Azriel no principal editor de libros ladinos na cidade. A produción da súa casa editorial consistía basicamente en novelas e historias que se publicaran serializadas na prensa de Esmirna, propiedade de Alexandre Ben Guiat, e na súa maioría eran traducións da mellor literatura internacional. Amais tamén imprimiu literatura hebrea secular e rabínica, arredor de 50 títulos<ref>[http://www.malon.co.il/article.aspx?id=23449 "שלמה ישראל ורחל שיריזלי (הסבא דור ראשון"] malon.co.il</ref>.
 
Tamén escribiu literatura orixinal e traducións, ás veces adaptadas, entre elas ''El rey i el shastre : novelah de lah vidah G'udiah en Galisia''<ref>Os títulos das súas obras poden variar segundo a fonte, xa que escribía o xudeoespañol co alfabeto hebreo, como era o habitual na época.</ref> (1903) de N. N. Samueli, ''Esperansa de un ipokrita y el arebividor de los muertos''(1901) de Ḥ. E Mushḳaṭ. Adaptou de Tolstoi o conto ''Ožo vazio'' (1895). Do francés traduciu, ''Maraviosos akontesimientos de el kapitan Korkoran'', novela de Alfred Assollant. ''El bezero'' (1905) é unha adaptación dunha lenda xudía. Compilou un dicionario xudeoespañol-francés, ''Nuevo chiko diksyonaryo judeo-espanyol franses'' (1898-1899) mais unha colección de proverbios, ''Refranes''<ref>[http://sefardiweb.com/node/147 "Cherezlí, Salomón Israel"] Sefardiweb</ref>, e serviu como correspodente en Xerusalén da prensa ladina de [[Turquía]] e [[Grecia]]. Deixou dous proxectos inacabados, un dicionario xudeoespañol-hebreo e unha enciclopedia de ciencias <ref>[http://www.palestine-studies.org/sites/default/files/jq-articles/26_heath_1.pdf Michele (Mike) Heath"Cherezli’s El Paradizo: Before Modern Hebrew Became the National Language of the Jews"]. ''Jerusalem Quartely'' 26 (2006), p. 78 </ref>.
 
Durante a [[Primeira guerra mundial|Primeira Guerra Mundial]] as autoridades otománs obrigárono a vender a súa casa editora. Tivo que servir tamén no exército otomán en [[Anatolia]] e no tempo libre ensinou hebreo á comunidade xudía.  Tras a guerra volveu a Xerusalén e estableceu unha pequena librería e implicouse en actividades de caridade e fundou unha asociación para proporcionar tratamento médico aos pobres. 
Liña 18:
 
{{control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Cherezli, Salomon Israel}}
[[Categoría:Libreiros]]