Castrelo de Miño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
etimoloxía
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Historia: Homónimo
Liña 104:
A igrexa de Santa María atópase ao pé da presa. No ano [[947]] era mosteiro de monxas, unha das súas máis destacadas abadesas foi dona Goto, a viúva do rei de Galicia [[Sancho Ordóñez]]. O rei de León, [[Sancho o Craso]], foi envelenado neste mosteiro no ano [[967]]. Esta igrexa mantén parte da torre románica e unha ábsida semicircular do século XII. Conta cun arco triunfal de medio punto. No exterior hai relevos románicos. Gran parte da igrexa foi reconstruída en [[1763]], en estilo barroco. A tenencia deste castelo pasou por varias mans, entre elas os da [[Casa de Traba]] así como a liñaxe dos Arias, que mantivo neste castelo e logo no de [[Pena Corneira]] preso ao rei [[Afonso VII]] sendo un neno.
 
O río Miño marcou a actividade deste concello. Na Idade Media existiu unha ponte que se derrubou no século XVI, os seus servizos foron suplidos por unha barca. Nos anos vinte construíuse a ponte de pedra e ferro que conectaba ambas beiras do Miño, nela leváronse a cabo asasinatos durante a [[Guerra civil española]]. A construción do [[encoro de Castrelo de Miño|encoro]] en [[1969]] por [[Unión Fenosa|FENOSA]] que asolagou parte das terras do concello, levou consigo a oposición dos agricultores pola contía das indemnizacións, as consecuencias ambientais e a desaparición de terras fértiles, dándose aquí unhas das primeiras manifestacións mais famosas contra dos encoros en Galicia auspiciada pola [[UPG]]. Na década de 1970 acabouse de construír a estrada nacional que unía [[Ourense]] con [[Portugal]] converténdose esta ruta na mais rendible debido ao número de viaxeiros que ía ao contrabando á [[A Raia|Raia]] en [[Ponte Barxas, Padrenda, Padrenda|Ponte Barxas]].
 
== Economía ==