Hayk: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: +control autoridades using AWB
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 32:
 
==Mitoloxía comparativa==
O personaxe matado pola frecha de Haik é coñecido como Bel ou Nimrod. ''Hayk'' é tamén o nome da [[Orión (constelación)|constelación de Orión]] na tradución armenia da ''[[Biblia]]'' hebrea. Der Movsessian cre que Haik foi unha "persoa histórica" que logo foi deificada e adorada como ''Deus Armenicus''. Este punto de vista é apoiado por Matikian (mekhitarista de [[Viena]]), conecta a Haik con ''Hay'', a autodenominación do pobo armenio, e apoia a súa aseveración nos nomes de [[Asiria]] ([[Assur]]), [[Atenas]] ([[Atenea]]) e [[Roma]] ([[Rómulo]]), cada unha nomeada en honra á súa deidade-heroe particular.
 
Sostén que Hayk era o deus principal dos armenios, tal como [[Indra]] é o da [[India védica]]. Igualmente, así como Hayk fuxiu de Babilonia por mor de Bel, a quen logo deu morte, [[Zeus]] escapou das montañas do [[Cáucaso]], para regresar logo a [[Sicilia]] e disparar fatais frechas contra os seus adversarios [[titán (mitoloxía)|titánicos]].