Artemisa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 12:
A deusa adóitase representar armada con [[alxaba]], arco e frechas, que comparte co seu irmán Apolo. Considérase a fundadora e deusa principal para a lendaria tribo das [[Amazona]]s que, como a deusa, dedicábanse á caza e á loita.
 
Tamén é protectora da virxindade e castidade femininas, as cales protexeu contra o cazador [[Orión (mitoloxía)|Orión]] do que a deusa se namorou mandándolle un escorpión para que o matara unha vez que este a intentara violar. Como deusa, pode chamar a atención a súa falta de piedade que, nun primeiro momento, salta á vista. Pero esta falta de bondade ou piedade non é tan evidente en realidade, pois tamén proporcionaba unha doce morte ás mulleres no parto cando as cousas se complicaban.
 
En Roma, asimilouse a [[Diana]], coa que compartía multitude de semellanzas e, unha vez inserida nesta civilización, tamén se lle atribúen novos mitos, destacando a súa participación na obra cumio de [[Virxilio]], a ''[[Eneida]]'', onde en todo momento axuda e defende á amazona [[Camila]], a cal, unha vez morta por [[Arrunte]], é vingada pola deusa. En [[Roma]], construíuselle un templo no [[Aventino]] e a súa festa celebrábase nos [[idos]] de agosto, isto é, o día trece.