Arao de á branca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{cite book → {{Cita libro, {{cite web → {{Cita web
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 22:
A ave adulta ten corpo negro cunha mancha branca na á, un bico delgado escuro e patas e pés vermellos. As partes inferiores das ás, visibles en voo, son parcialmente brancas. En inverno, as partes superiores son grises claras e as inferiores brancas, cunha mancha e unha liña negra na zona do ollo, pero as ás permanecen negras agás a mancha branca. Teñen unha lonxitude de 32–38 cm e unha envergadura de ás de 49–58 cm. Mergúllanse para conseguir comida, nadando baixo a auga. Comen principalmente peixe e [[crustáceos]], e tamén algúns [[molusco]]s, [[insecto]]s e materia vexetal.
 
Estas aves a miúdo pasan o inverno nas súas áreas de reprodución, movéndose a augas abertas se é neceserio, pero xeralmente non migran moi ao sur. Porén, algunhas visitan ás veces Galicia e están incluídas na [[Lista das aves de Galicia]].
 
[[Ficheiro:Cepphus grylle MWNH 2184.JPG|miniatura|Ovos na colección do [[Museo de Wiesbaden]], Alemaña]]