Pelicano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 29:
}}
}}
Os '''pelicanos'''<ref>{{DRAG|pelicano}}</ref> son aves de gran tamaño pertencentes ao [[xénero (bioloxía)|xénero]] '''''Pelecanus''''', único actual da [[familia (bioloxía)|familia]] dos '''pelecánidos'''<ref>{{DRAG|pelecánidos}}</ref> ('''Pelecanidae'''). O máis característico dos pelicanos é o seu longo [[peteiro]] e a súa gran [[bolsa gular]], que utilizan para capturar as presas das que se alimentan e drenar a auga do contido alimenticio que apañaron antes de tragalo. Teñen predominantemente unha plumaxe clara, coa excepción das especies ''[[Pelecanus occidentalis|P. occidentalis]]'' e ''[[Pelecanus thagus|P. thagus]]'', que a teñen máis escura. As bolsas gulares e a pel espida facial de todas as especies adquire brillantes cores durante a estación de apareamento. As oito especies vivas de pelicanos teñen unha distribución global dispersa, que en [[latitude]] vai desde os [[trópico]]s ás [[clima temperado|zonas temperadas]], aínda que están ausentes no interior de Suramérica e nas rexións polares e o mar aberto. EnNa GaliciaPenínsula Ibérica as únicas especies de pelicanos que se puideron ver raramenteen ocasións son o [[pelicano branco]] (''P. onocrotalus'') e o [[pelicano crespo]] (''P. crispus'') (ver [[lista de aves de Galicia]]), pero non viven nin se ven en Galicia normalmente. O rexistro fósil de pelicanos remóntase a hai polo menos 30 millóns de anos, no [[Oligoceno]], época da que datan os restos dun peteiro moi similar ao das modernas especies atopado en [[Francia]].
 
Creuse durante moito tempo que os pelicanos estaban relacionados coas [[fragatas]], [[corvo mariño|corvos mariños]], [[faetóntidos]] e [[mascato]]s, pero agora crese que están moito máis relacionados con ''[[Balaeniceps rex]]'' e ''[[Scopus umbretta]]'', e clasifícanse na [[orde (bioloxía)|orde]] [[Pelecaniformes]]. Os [[ibis]], [[cullereiro]]s e [[garza]]s son parentes máis distantes, e están tamén clasificados na mesma orde. Os pelicanos viven fundamentalmente nas áreas de augas costeiras e interiores, xa que se alimentan principalmente de peixes, que capturan na superficie ou preto da superficie da auga. Son aves gregarias, que a miúdo pescan cooperativamente e crían formando colonias. Catro das especies de plumaxe branca adoitan aniñar no chan, e as catro especies máis grises ou pardas aniñan principalmente nas árbores.