Fragata magnífica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 20:
| range_map_width=250px
}}
O '''rabiforcado'''<ref name=CondeTeria>{{Cita publicación periódica|apelidos=Conde Teira|nome= M. A.|ano=1999|título=Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada|revista=Chioglossa|volume=1|páxinas=122|lugar=A Coruña|url=https://drive.google.com/file/d/0B7RxKxAQMjG8Y2RDNkZBX3Uxb1U/view|dataacceso=16 de agosto de 2018}}</ref> ou '''fragata'''<ref name=DRAG>{{DRAG|fragata}}</ref> ('''''Fregata magnificens''''') é unha ave mariña da familia [[Fregatidae]]. Ten unha lonxitude de 89 a 114&nbsp;cm, polo que é especie máis grande dos fregátidos. Vive en augas tropicais e subtropicais de América, entre o norte de México e Ecuador na costa do Pacífico e entre Florida e o sur de Brasil na costa do Atlántico. Hai tamén poboacións nas [[illas Galápagos]] no Pacífico e outras, probablemente extintas, nas [[illas de Cabo Verde]] no Atlántico africano.
 
É unha especie grande, de constitución corporal lixeira, con plumaxe negro amarronado, ás estreitas e longas e unha cola fortemente bifurcada. O macho ten un rechamante [[saco gular]] que infla para atraer unha parella. A femia é lixeiramente máis grande e ten o peito e o ventre brancos. Comen peixes que collen en voo da superficie do océano (ás veces tamén [[peixe voador|peixes voadores]]), e ás veces realizan [[cleptoparasitismo]], acosando outras aves para forzalas a regurxitar ou ceder as súas capturas.