Auditorio de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
Lansbricae (conversa | contribucións)
retiro cat redundante
Liña 1:
O '''Auditorio de Galicia''' érguese como emblema moderno da cidade e constitúe un lugar polivalente que demostra as potencialidades da capital como espazo internacional para o encontro e a cultura. A súa versatilidade e funcionalidade, enmarcada nun contorno cómodo e accesible que convida ao paseo, foi proxectada polos arquitectos Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos.
 
Inaugurouse o 20 de outubro de [[1989]] coa vontade de consolidar a oferta cultural da capital de Galicia. Encadrado no Programa nacional de auditorios, a obra foi posible grazas á intervención institucional conxunta do Ministerio de Cultura, da ''Xunta de Galicia'' e do [[Santiago de Compostela|Concello de Santiago]]. A eficaz colaboración entre administracións e un conxunto de institucións privadas facilitaron os medios económicos indispensables para facer do Auditorio de Galicia o centro por excelencia para a recepción das manifestacións culturais que xera a cidade a e así mesmo converteuse en punto de referencia obrigada para a cultura musical e artística de Galicia.
 
Dende [[1996]] é a sede permanente da [[Real Filharmonía de Galicia]], dirixida dende a súa fundación polo mestre alemán ''Helmuth Rilling'', co compostelán Maximino Zumalave como segundo director. Na tempada 2000/2001, a orquestra afronta unha nova andaina tendo á súa fronte ao mestre [[Antoni Ros Marbà]].
 
[[Category:Patrimonio histórico e artístico de Galicia]]
[[Category:Galicia]]