Salomon Israel Cherezli: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
Como editor foi un dos primeiros en publicar literatura secular en Xerusalén, a maioría dos libros editados fórono en xudeoespañol, converténdose canda Moshé Azriel no principal editor de libros ladinos na cidade. A produción da súa casa editorial consistía basicamente en novelas e historias que se publicaran serializadas na prensa de Esmirna, propiedade de Alexandre Ben Guiat, e na súa maioría eran traducións da mellor literatura internacional. Amais tamén imprimiu literatura hebrea secular e rabínica.
 
Tamén escribiu literatura orixinal e traducións, ás veces adaptadas, entre elas ''El rey i el shastre : novelah de lah vidah G'udiah en Galisia'' (1903) de N. N. Samueli, ''Esperansa de un ipokrita y el arebividor de los muertos''(1901) de Ḥ. E Mushḳaṭ. Tamén adaptou de Tolstoi o conto ''Ožo vazio''. Do francés traduciu, ''Maraviosos akontesimientos de el kapitan Korkoran'', novela de Alfred Assollant. Compilou un dicionario xudeoespañol-francés, ''ChikoNuevo chiko diksyonaryo judeo-espanyol Fransesfranses'' (1898-1899) mais unha colección de proverbios, ''Refranes''<ref>[http://sefardiweb.com/node/147 "Cherezlí, Salomón Israel"]Sefardiweb</ref>, e serviu como correspodente en Xerusalén da prensa ladina de [[Turquía]] e [[Grecia]]. Deixou dous proxectos inacabados, un dicionario xudeoespañol-hebreo e unha enciclopedia de ciencias <ref>[http://www.palestine-studies.org/sites/default/files/jq-articles/26_heath_1.pdf Michele (Mike) Heath"Cherezli’s El Paradizo: Before Modern Hebrew Became the National Language of the Jews"]. ''Jerusalem Quartely'' 26 (2006), p. 78 </ref>.
 
Durante a [[Primeira guerra mundial|Primeira Guerra Mundial]] as autoridades otománs obrigárono a vender a súa casa editora. Tivo que servir tamén no exército otomán en [[Anatolia]] e no tempo libre ensinou hebreo á comunidade xudía.  Tras a guerra volveu a Xerusalén e estableceu unha pequena librería e implicouse en actividades de caridade e fundou unha asociación para proporcionar tratamento médico aos pobres.