Río Mente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Poño modelo Río
Sen resumo de edición
Liña 27:
 
Morfoloxicamente é un río que escavou un profundo [[val]] encaixado, no que o desnivel entre o leito e a [[montaña]] pode superar os 400 m. As súas marxes son maioritariamente [[Rocha|rochosas]], con algunhas planicies de aluvión. As ribeiras son abruptas, cunha gran [[biodiversidade]]. As súas características concedéronlle o dereito de pertenza ao Parque Natural de [[Montesinho]] en Portugal e á [[Rede Natura 2000]].
 
No ano 2009 descubriuse na ribeira do río Mente unha especie vexetal que era descoñecida na flora autóctona de Portugal, a [[Viburnum lantana]], que pasa a engrosar a biodiversidade do Parque Natural de Montesinho. No extremo sur do seu curso confirmouse a presenza da ostra de auga doce, [[Margaritifera margaritifera]], que aparece eiquí e nos veciños río Rabazal e río Tuela. A poboación portuguesa desta especie é unha das maiores de Europa, un feito importante debido a que regresión que sufriu no último século sitúaa en risco de extinción.
 
Nos límites das aldeas da [[Veiga do Seixo]], [[Segirei]] e [[Sandim de Lomba]] as augas do río Mente foron represada para formar praias fluviais, moi frecuentadas nos meses de verán polos turistas das localidades veciñas.
 
Despois da praia fluvial de Segirei xurden de forma espontánea augas medicinais con propiedades terapeuticas, que foron recollidas durante moitos anos do río, nos afloramentos rochosos que afloran co descenso do leito do río en época estival. Son coñecidas como augas de Sandim. Estas augas foron canalizadas nas proximidades da praia de Segirei. Recentemente fixéronse sondaxes na ribeira esquerda do río e unha empresa está explorando a súa explotación industrial.
 
{{Ríos de Galicia en progreso}}