Roberto I de Constantinopla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Roberto I de Constantinopla''' ou tamén '''Roberto de Courtenay''', nado en 1201 e finado en [[Peloponeso|Morea]], [[Grecia]], en [[xaneiro]] de [[1228]], foi [[Imperio Latino|emperador latino]] de [[Constantinopla]] desde 1221 até [[1228|1228]]. Foi tan ineficaz que o [[Imperio Latino|Imperio latino]] (consolidado polo seu tío, [[Henrique de Flandres]]) foi reducido enormemente ao final do seu reinado.
 
Roberto era un fillo de [[Pedro II de Courtenay]] (morreu a principios de 1219) e Iolanda de Flandres e [[Provincia de Hainaut|HenaoHainaut]], que foi a emperatriz rexente dos seus fillos até a súa morte en setembro de 1219. O seu fillo maior, [[Filipe de Namur]], rexeitou abandonar Francia e renunciou á sucesión en favor de Roberto, un mozo irresponsable, que foi coroado en [[Constantinopla]] o 25 de marzo de 1221. Roberto comprometeuse con [[Eudoxia Lascarina]], filla do [[Imperio de Nicea|emperador grego de Nicea]], [[Teodoro I Láscaris|Teodoro I Láscaris]]. En 1225 o sucesor de Teodoro, [[Xoán III Ducas Vatatzés|Xoán III Ducas Vatatzés]], obrigou a Roberto a ceder a maior parte dos territorios orientais do seu Imperio latino en [[Anatolia|Asia Menor]], e para 1228 [[Teodoro Comneno Ducas]], o déspota de Epiro, apoderouse de [[Tesalónica]] e foi coroado alí emperador. Mentres tanto Roberto repudiara a Eudoxia e tomou unha amante francesa, que foi mutilada na revolta que seguiu polos propios baróns de Roberto. Fuxiu a [[Roma]] para pedir un resarcimiento ao [[Papa]], quen o convenceu de volver a Constantinopla, pero na súa viaxe de regreso, a principios de 1228, morreu en Morea.
 
== BiografíaTraxectoria ==
Despois da morte sen herdeiros de [[Henrique de Flandres|Henrique de Flandres]], emperador latino de Constantinopla, a coroa imperial foi ofrecida ao rei Andrés[[André II de Hungría]], quen se negou, logo a Pedro II de Courtenay, que si aceptara. Mentres a súa esposa Iolanda, irmá de Henrique de Flandres, foi a Constantinopla por barco, Pedro de Courtenay preferiu ir por terra, pero foi atacado e tomado prisioneiro en [[Durrës|Durazzo]] por Teodoro Comneno Ducas, déspota de Epiro en 1217. Morreu pouco tempo despois sen ver Constantinopla. [[Iolanda de Flandres]] aseguraría o goberno imperial, pero falecería o 24 ou 26 de agosto de 1219.
 
Os baróns propuxeron a coroa de Constantinopla a Filipe, o fillo maior de Pedro II e Iolanda, que preferiu conservar o Marquesado de Namur e rexeitou a coroa imperial. Roberto, o segundo fillo, aceptou e partiu de Namur no outono de 1220. Roberto pasou as festas de [[Nadal]] e parte do inverno na corte de AndrésAndré II de Hungría, o seu cuñado, logo retomaría o camiño a [[Constantinopla]], onde sería coroado o 25 de marzo de 1221, na [[Igrexa de Santa Sofía]].
 
Buscaba unicamente a paz, pero o Imperio era nese entón presa das ambicións de dous dos seus veciños, o [[Despotado de Epiro]] e o [[Imperio de Nicea]], ambos os dous derivados da desmembración do [[Imperio Bizantino|Imperio bizantino]] en 1204 e que trataban de recuperar Constantinopla dos latinos. A primeira hostilidade proviña de [[Teodoro Comneno Ducas]], déspota de Epiro, que invadiu [[Tesalia]] en 1221 e conquistou o [[Reino de Tesalónica]] en 1224 proclamándose emperador naquela cidade. O seu fillo, Demetrio de Montferrato partiu cara a Occidente para buscar axuda, pero non puido obtela. Roberto, aínda que estaba a combater contra o Imperio de Nicea, enviou un exército na súa axuda, pero foi atacado fronte a Serres e tivo que retirarse a [[Tracia]].
 
Fronte a [[Teodoro I Láscaris]], o emperador de Nicea, Roberto non tivo moito éxito. Teodoro casou con [[María de Courtenay]], a irmá de Roberto e, tendo en conta que tiña dereitos ao Imperio, conquistou parte da costa asiática do Imperio latino. Para facer fronte a Teodoro Comneno Ducas, Roberto negociou unha tregua con Teodoro Láscaris, que, vendo o carácter indolente de Roberto, decidiu dar á súa terceira filla en matrimonio para un mellor control, pero a oposición do patriarca grego nas relacións sobre estes matrimonios termina frustrándoo. Teodoro Láscaris morreu pouco despois, e o seu xenro [[Xoán III Ducas Vatatzés|Xoán III Ducas Vatatzés]] sucédeo a expensas dos irmáns de Teodoro, Afasto[[Aleixo Láscaris|Aleixo]] e [[Isaac Láscaris]]. Este último fuxiu a Constantinopla e convenceu a Roberto de facer a guerra a Xoán Vatatzés, pero o exército latino sufriu unha severa derrota en Pemaneno en 1224. Roberto perde [[Reino de Bitinia|Bitinia]], os irmáns Láscaris son capturados e cegados. Aproveitando o seu éxito, Xoán Vatatzés invade Europa e toma a cidade de [[Edirne|Adrianópolis]], pero esta última é tomada en 1225 por Teodoro Comneno. A partir desa data, o Imperio latino está condenado a desaparecer, e a única incógnita era quen sería o vencedor, o emperador de Epiro ou o de Nicea.
 
Descrito como parvo polos cronistas da época, Roberto de Courtenay reaccionou debilmente ante estes reveses, en 1224 buscou reforzos no rei [[Luís VIII de Francia]], que, preparándose para ir a unha cruzada contra os [[albixenses]], non llos puido enviar. En 1225, [[Guillerme VI de Montferrato]], tratou de recuperar o Reino de Tesalónica en nome do seu irmán Demetrio, pero morreu o 17 de setembro de 1225 dando lugar á retirada do seu exército.
 
Roberto perdeu interese no seu Imperio e non tirou proveito da rivalidade entre o Despotado de Epiro e o Imperio de Nicea. Desprezado polos seus baróns e desacreditado pola perda de Adrianópolis, Tracia e Bitinia, entregouse á libertinaxe e os praceres. Roberto raptou á filla comprometida dun cabaleiro de Neuville-en-Artois e casaron en segredo. O noivo é expulsado por uns cantos baróns que irromperon no palacio para cortar os beizos e o nariz da noiva, sen que Roberto puidese facer nada para protexela. Avergoñado e temendo pola súa seguridade, fuxiu a [[Roma]] ante o [[Papa]] [[Honorio III, papa|Honorio III]], quen lle reprochou a súa conduta e ordenoulle regresar a Constantinopla e redimir a súa conduta, pero Roberto morre dunha enfermidade ao seu regreso, durante unha escala en [[Peloponeso|Morea]].