Radiación electromagnética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: edición de código 2017
mSen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 123:
[[Ficheiro:espectro electromagnetico.svg|miniatura|centro|800 px|O [[espectro electromagnético]] co [[Espectro visible|espectro visíbel]] ampliado.]]
 
=== A radiación térmica electromagnética como unha forma de calor ===
 
A estrutura básica da materia implica partículas cargadas ligadas. Cando a radiación electromagnética incide na materia, fai oscilar e gañar enerxía ás partículas cargadas. O destino final desta enerxía depende do contexto. Pode ser inmediatamente re-radiada e aparecer como radiación dispersa, reflectida ou transmitida. Pódese disipar noutros movementos microscópicos dentro da materia, chegando ao [[equilibrio térmico]] e manifestándose como [[enerxía térmica]], ou mesmo transformarse en [[enerxía cinética]] no material. Con unhas poucas excepcións relacionadas con fotóns de alta enerxía (como a [[fluorescencia]], a [[Óptica non lineal|xeración harmónica]], as [[Reacción fotoquímica|reaccións fotoquímicas]], o [[efecto fotovoltaico]] das radiacións ionizantes en radiación ultravioleta, a radiación X e a radiación gamma), a radiación electromagnética absorbida simplemente deposita a súa enerxía quentando o material. Isto ocorre para a radiación de infravermellos, microondas e ondas de radio. As ondas de radio intensas poden queimar térmicamente o tecido vivo e poden cociñar os alimentos. Ademais dos [[láser]]es de infravermellos, os láseres suficientemente intensos de luz visíbel e ultravioleta poden queimar facilmente un papel<ref name=":0">{{Cita web |url=http://www.nuceng.ca/candu/ |título=CANDU textbook |website=www.nuceng.ca| dataacceso=16 de agosto de 2018 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20170420121747/http://www.nuceng.ca/candu/|archivedate=20 de abril de 2017}}</ref>.