Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Dianaoxea»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Barítono ou tenor? Pode ser ambos? Intermedio (eu usaría un guión)? Eu mesmo son barítono, pero chúzanme a baixo ou tenor segundo conveña, pero ser, son barítono. ※ [[Usuario:Sobreira|Sobreira]] ►〓 [[Conversa usuario:Sobreira|「''parlez'' 」]] 6 de febreiro de 2018 ás 11:33 (UTC)
:Ola, [[Usuario:Sobreira|Sobreira]]. Pois o certo é que dende o principio dubidei se pór ese apartado ou non, precisamente pola ambigüidade do criterio. Debemos ter en conta que non estamos a falar dun cantante de coro (que se rexe a miúdo máis polas necesidades, ou carencias, do grupo ao que pertence ca pola idoneidade da propia voz do cantor), senón dun cantante solista. En base a esto cinguinme estritamente ás gravacións publicadas polo intérprete e aos programas de concerto dos que dispoño (Exemplo: [http://www.ub.edu/museuvirtual/material/pdf/noticies/53_es_concert_200110209.pdf ''Les cançons gallegues dels grans compossitors'']), que abranguen roles tanto de tenor como de barítono (ou mesmo de baixo nalgunha gravación. Exemplo: [http://www.cantigas.fcsh.unl.pt/versaomusical.asp?cdvm=439 ''Cantiga III - Pois vós, filha, queredes mui gram ben'']). Ante a dúbida busquei na wikipedia outros cantantes solistas e vin, por exemplo, no caso de [https://ca.wikipedia.org/wiki/Pl%C3%A1cido_Domingo Plácido Domingo] que tamén se segue o mesmo criterio. No tocante á posibilidade de usar ou non un guión, a verdade é que non o sei; anque, ao meu xeito de velo, se lle pomos guión estariamos precisamente a categorizar que se trata de alguén que é un "barítono-tenor"; en cambio se pomos "barítono, tenor", simplemente queda constancia dunha realidade obxectiva baseada no traballo público do artista. Outro exemplo, como curiosidade, é o de [https://es.wikipedia.org/wiki/Yma_Sumac Yma Sumac], onde se chega a pór que foi nada menos que "soprano, mezzosoprano, contralto, tenor, barítono", cousa que, na miña humildísima opinión, simplemente non é certo, e ese artigo requiriría dunha severa revisión máis obxectiva :) Grazas polo teu interese! --[[Usuario:Dianaoxea|Dianaoxea]] ([[Conversa usuario:Dianaoxea|conversa]]) 7 de febreiro de 2018 ás 09:45 (UTC)
 
== Posible violación de dereitos de autoría en [[:Ficheiro:CesarDelCaño.jpg]]==
Ola, Dianaoxea, grazas por colaborar con Wikipedia. Dámosche a [[Wikipedia:Benvidos|benvida ao proxecto]]; con todo, hai un problema coas túas colaboracións no artigo [[:Ficheiro:CesarDelCaño.jpg]], que consistiron na copia literal do contido doutras páxinas web, ou doutros medios que poderían estar protexidos por dereitos de autor. Como se explica en [[Wikipedia:Dereitos de autoría]], esta clase de achegas non son aceptables, porque poden implicar unha violación dos dereitos dos autores do mesmo. Por esa razón, o texto foi retirado ou colocouse un aviso de posible violación de dereitos de autor.
 
Debes saber que, de acordo á [[Convención de Berna para a protección das obras literarias e artísticas|Convención de Berna]], que regula a propiedade intelectual a nivel internacional, todas as obras están protexidas e os seus autores resérvanse todos os dereitos de reprodución, salvo que o contrario se especifique clara e explicitamente. Aínda si a páxina da que copiaches o texto non indica que tódolos dereitos están reservados, iso non quere dicir que estean dispoñibles para o seu uso en Wikipedia.
 
Para poder admitir material en Wikipedia precísase que a licenza baixo a que se publican devanditas páxinas sexa compatible coa licenza baixo a que publica Wikipedia (<span class="plainlinks">[http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/deed.gl Creative Commons Atribución-Compartir igual 3.0]</span>). Esta licenza permite o uso comercial dos contidos reempregados, a condición de que os usos que se lles dean sexan de acordo aos <span class="plainlinks">[http://wikimediafoundation.org/wiki/Terms_of_Use/gl termos de uso]</span> da licenza.
 
Lembra que a política sobre os dereitos de autor é innegociable; aínda que outras persoas poden estar dispostas a violar a lei, a responsabilidade do proxecto Wikipedia é demasiado grande para permitírnolo. Para máis información sobre as normas, visita [[Wikipedia:Políticas e normas]]. [[Usuario:Banjo|<span style="font-family:Verdana; font-size:medium; color:#000000; text-shadow:gray 0.2em 0.2em 0.5em;">☣'''''Banjo'''''</span>]]&nbsp;[[Conversa usuario:Banjo|<sup><span style="font-family:Verdana; font-size:x-small; color:#dd0000; text-shadow:gray 0.2em 0.2em 0.5em;">'''''tell me'''''</span></sup>]] 15 de agosto de 2018 ás 21:15 (UTC)