Cuco real: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 24:
[[Ficheiro:Clamator glandarius .jpg|miniatura|esquerda|Individuo novo en catividade.]]
 
O cuco real é lixeiramente máis grande que o [[Cuculus canorus|cuco común]], cunha lonxitude de 35 a 39 cm, aínda que parece moito máis grande polas súas anchas ás e a súa cola longa e estreita. Os adultos teñen as partes superiores de cor pardo escuro con moitas pintas brancas e co [[Píleo (aves)|píleo]] gris, onde presenta un rechamante [[penacho (ornitoloxía)|penacho]] eréctil. O seu pico anegrado é robusto e lixeiramente curvado cara abaixo. As súas partes inferiores son principalmente brancas, aínda que a súa gorxa e parte superior do peito son de cor amarelado crema. Ambos os sexos teñen un aspecto similar. Os xuvenís teñen as partes superiores, incluído o píleo, anegrdas en lugar de pardas, e segundo as idades carecen de penacho ou téñeno máis curto. O amarelo das súas partes inferiores é máis intenso e máis estendido que o dos adultos, e as súas [[plumas primarias]] son de cor castaño avermellado.
 
== Taxonomía e etimoloxía ==