Valencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
m →‎Os Borbóns: arranxiño
Liña 105:
Durante esta invasión os valencianos enviaron os seus representantes ás Cortes de Cádiz, onde se redactou unha constitución de carácter liberal e antiseñorial. Porén en maio de 1814 [[Fernando VII de España|Fernando VII]] volveu á península a través de Valencia, e derrogou inmediatamente a constitución de Cádiz instaurando un réxime absolutista.
 
Comeza unha etapa de conflitos entre os absolutistas e os liberais. No marzo de 1820, durante o [[Trienio Liberalliberal]] ([[1820]]-[[1823]]), o xeneral absolutista Elío foi executado. Durante a etapa ultraconservadora denominada Década Ominosa ([[1823]]-[[1833]]) hai unha represión implacábel antiliberal con cargo ás forzas do Estado e a Inquisición, que executou en Valencia á súa última vítima o ano [[1824]], [[Gaietà Ripoll]], un mestre acusado de "herexe" e "masón".
 
Durante a rexencia de [[María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias|María Cristina]] e o goberno progresista de [[Baldomero Espartero|Espartero]] liquídase definitivamente o [[Antigo Réxime]]. A cidade vive un clima revolucionario, con enfrontamentos entre liberais e republicanos, e coa ameaza das tropas [[Carlismo|carlistas]] de [[Ramón Cabrera]]. Durante este período convulso créanse as provincias ([[1833]]) e púxose en marcha a [[desamortización]] de bens da Igrexa ([[1837]]), sendo os seus inmobles e terreos adquiridos na súa maior parte pola burguesía local.