Khmer vermellos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 49:
O fin da [[Guerra fría|Guerra Fría]] e o proceso de paz en curso deixou aos Khmers Vermellos sen as fontes de apoio externo das que viñan dependendo desde o seu derrocamento do poder en [[1979.]] Enquistada na violencia, dita facción evolucionaría de forma parecida a outros grupos insurxentes dos [[Década de 1990|anos 1990]], desde unha típica guerrilla da [[Guerra fría|Guerra Fría]], que recibe o seu financiamento dun poder externo, a unha guerrilla depredadora, obrigada a subsistir dos recursos facilmente explotables e comercializables. Neste caso explotables eran a madeira e en menor medida, as pedras preciosas. Segundo fontes militares [[Tailandia|tailandesas]], os Khmers Vermellos obterían deste comercio ao redor dun millón de dólares mensuais, aínda que segundo Michael Renner e outros autores a cifra oscilaría entre 10 e 20 millóns mensuais. A explotación da madeira levada a cabo por parte de empresas tailandesas vinculadas a altos mandos do Exército tailandés (que decretara unha moratoria na talla no seu territorio, debido á deforestación que tamén arrasaba [[Camboxa|Cambodia]]) que compraban aos Khmers Vermellos licenzas de explotación.
 
O evidente risco que este comercio entrañaba para a pacificación da zona levou á [[Organización das Nacións Unidas|ONU]] a decretar en setembro de [[1992]] unaunha prohibición das importacións de madeira camboxana. Tailandia resistiuse a cumprir dita prohibición ata que a ONU ameazou cun embargo petrolífero. A partir de 1994, unha vez que expirou a prohibición internacional, o novo Goberno camboxano aplicou un embargo nacional sobre a exportación de madeira. A partir de entón, o tráfico de madeira ilegal, continuou pero por canles máis difíciles. Neste caso, as conexións entre altos mandos dos exércitos camboxano e tailandés permitiron a continuación deste tráfico para o seu beneficio persoal, pero a fonte de financiamento da guerrilla khmer iríase restrinxindo progresivamente.
 
No plano político, a pesar de unirse aos Acordos de París, os Khmers Vermellos, argumentando que [[Vietnam]] mantiña secretamente o control do país, asasinaría máis dun centenar de civís durante o mandato da UNTAC. Mentres o país convertíase nunha [[monarquía constitucional]] baixo o mandato de [[Hun Sen]] e o príncipe Norodom Ranariddh, os Khmers Vermellos boicoteaban as eleccións e, tras o fracaso dos intentos por integralo no xogo político, o movemento foi ilegalizado en [[1994]].
 
A ilegalización produciu unaunha onda de desercións e os Khmers Vermellos víronse reducidos a un núcleo duro de dirixentes ao mando duns 5000 combatentes que controlaban ao redor dunha quinta parte do territorio de [[Camboxa|Cambodia.]] A espiral de represión, violencia e desercións alcanzou un punto culminante en [[1996]], cando Ieng Sary, man dereita de Pol Pot, entregouse ao Goberno camboxano xunto a miles de seguidores. A partir deste momento, os Khmers Vermellos se desintegran en loitas internas e [[Pol Pot]] foi desprazado por Ta Mok. Posteriormente, tras un intento de retomar o control, no que asasinou a outro dirixente e á súa familia, [[Pol Pot]] terminou condenado a un arresto domiciliario definitivo até a súa morte en [[1997]]. Este feito marca o fin dos Khmers Vermellos. Sen apoio exterior desde facía anos, coas fontes de financiamento cada vez máis restrinxidas e coa desaparición do seu líder histórico (un proceso paralelo ao da [[Unión Nacional para a Independencia Total de Angola|UNITA]] en [[Angola]] tras a morte de [[Jonas Savimbi|Jonás Savimbi]]) a guerrilla desaparece. En [[1998]], os combatentes residuais desmovilizaronse e os campamentos de refuxiados que controlaban foron desmantelados, coa repatriación de 46 000 refuxiados na operación Repat 2 de [[Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados|ACNUR]].
 
== O proceso contra os Khmers Vermellos ==