Illa de Sálvora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
a edición de esta páxina procede da información de esːIsla de Sálvora
Sen resumo de edición
Liña 31:
A '''Illa de Sálvora''' está situada na boca da [[ría de Arousa]]. Pertence na actualidade á parroquia de [[Aguiño, Ribeira|Aguiño]] (concello de [[Ribeira]]), creada no ano 1959. Anteriormente a illa dependía da parroquia de [[Carreira, Ribeira|Carreira]], a que fora durante moitos séculos a parroquia máis poboada e rica da comarca, así como a máis antiga. Xunto cos illotes [[Illa de Vionta|Vionta]], [[Illa Herbosa|Herbosa]] e [[Illa de Noro|Noro]] e as [[Illas Sagres|Sagres]] forma o arquipélago de Sálvora, integrado xunto cos de [[Illas Cíes|Cíes]], [[Illa de Ons|Ons]] e [[Illa de Cortegada|Cortegada]] no [[Parque nacional das Illas Atlánticas]] no ano [[2002]].
 
Durante anos estivo poboada e tivo actividade agrícola, gandeira e pesqueira, pero está case deserta desde [[1972]]. Na illa, que foi de titularidade privada ata 2007,<ref>[http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=10602 O Ministerio de Medio Ambiente pecha a merca de Sálvora] Consello de Cultura Galega, 11 de setembro de 2007</ref> atópanse, amais da aldea, oito hórreos, un lavadoiro e a fonte da Telleira ou de Santa CatalinaCatarina, un almacén de finais do [[século XVIII]] ampliado cara [[1963]] con dúas torres con aire de [[pazo]], unha antiga taberna reconvertida en [[capela]], un [[Faro (construción)|faro]], un peirao, un [[cruceiro]], dous muíños e a estatua dunha [[serea]]. A parte do interior da ría conta con areais frecuentados por [[mergullo|mergulladores]] deportivos.
 
== Etimoloxía ==
Liña 37:
 
== Historia ==
No ano [[899]] o rei [[AlfonsoAfonso II de Oviedo|AlfonsoAfonso II]] dóaa ao Cabildo Catedralicio de Santiago, que a reclama co fin de obter recursos para o seu sustento. Esta doazón, que incluía [[Ons]], [[Illa de Tambo| Tambo]], [[Arousa]], [[Cíes]] e Framio, confirmouna [[Ordoño II]] ao bispo Sisnando no ano [[911]]. Xa no ano [[1120]] a illa fora invadida por naves [[Árabes|sarracenas]] que se refuxiaron nela esperando reforzos cando se dispoñían a invadir estas terras, máis a tardanza daquela axuda, fixo que os navíos cristiáns enviados por orde do arcebispo de Santiago apoderásense das naves invasoras, freando por longo tempo estas incursións. A partir de entón, esta illa descoñecida comeza a ser ambicionada pola nobreza do momento. O desinterese do Cabildo Compostelán por Sálvora, fixo que a partir desa época, os veciños de [[Carreira, Ribeira|Carreira]] ocuparan a illa para utilizala como terreos de cultivo, chegando a establecerse nela permanentemente anos máis tarde.
Xa no ano 1120 a illa fora invadida por naves [[Sarracenos| sarracenas]] que se refuxiaron nela esperando reforzos cando se dispoñían a invadir estas terras, máis a tardanza daquela axuda, fixo que os navíos cristiáns enviados por orde do arcebispo de Santiago apoderásense das naves invasoras, freando por longo tempo estas incursións. A partir de entón, esta illa descoñecida comeza a ser ambicionada pola nobreza do momento.
O desinterese do Cabildo Compostelán por Sálvora, fixo que a partir desa época, os veciños de Carreira ocuparan a illa para utilizala como terreos de cultivo, chegando a establecerse nela permanentemente anos máis tarde.
 
No ano [[1770]], o comerciante coruñés D. Jerónimo de Hijosa instalou por poder unha fábrica de secado e salgadura de peixe, que en [[1960]] engadíronselle dúas torres e [[amea]]s, e hoxe é coñecida como ''O Almacén'', sendo a primeira factoría de salgadura de [[Galicia]].
 
Por esta illa comezarían os preitos no ano [[1789]] entre os veciños de Carreira encabezados polo seu cura párroco, D. Manuel Acuña e Malvar, contra "Don Vicente Caamaño Valera e Gayoso, Cavallero da orde de San Juan de Malta, Brigadier da Real Armada, Veciño da Vila de [[Ferrol]]", ao obter este unha Real Cédula para instalar unha pesqueira de atunsatúns que ademais da illa ocuparía unha concesión de catro leguas ao redor dela, co que os mariñeiros de Carreira quedarían practicamente sen poder faenar nestas augas, o cal sería unha ruína para as súas economías familiares.
 
A principios do [[século XIX]], as dificultades económicas fan que os habitantes de Carreira desprácense á illa para traballar como caseiros de explotacións agrícolas e gandeiras. Consolídase unha pequena aldea con oito casas ao redor dunha praza e dúas fontes de auga potable. A poboación era de 60 persoas e coñecíaselles polo nome da casa que habitaban.
 
Os caseiros pagaban ao amo (a familia Otero-Goyanes) a metade das recollidas agrícolas e a metade do gando nado na illa da súa propiedade.
 
Sálvora e o Concello de [[Ribeira]] foron honrados como "moi humanitarios", e especialmente catro mulleres foron condecoradas como Heroínas de Sálvora, polo auxilio aos náufragos do vapor-correo "Santa Isabel", no ano [[1921]] e que deixaría tras de si un rastro de 213 mortos.<ref>{{Cita web|autor=Andrés Pérez Gude|url=http://www.fotosconhistoria.canalhistoria.com/?cmd=photo_view&photo_id=1848|título=Heroínas de la Isla de Salvora|obra=Canal de Historia|dataacceso=11, 11,2008|idioma=español}}</ref>
 
O principal lugar de relación social era a taberna, situada á beira do antigo almacén de salgadura, lugar onde se reunían os pescadores. Esa taberna converteríase cara a 1960 na capela de Santa CatalinaCatarina, patroa da illa.
 
O [[Historia dos ministerios de Fomento de España|Ministerio de Obras Públicas]] construíra en [[1862]] un faro, ao bordo Sursur da Illailla. A illa foi expropiada polo Estadoestado en [[1904]], que construíu a pista, o peirao, e inaugurou en [[1921]] o faro actual, de maior altura e quizáse cadra non ben situado, polo que posteriormente houbo que voar toneladas de rocasrochas que dificultaban o seu alcance no sector NWnoroeste. O MOP construíu un pequeno peirao na ''Praia do Almacén'', fronte á taberna que o xa marqués consorte de Revilla, máis tarde, converteu na ''Capela de Santa Catalina''Catarina.
 
En [[1958]] a familia Otero-Goyanes recuperou a propiedade da illa, xunto cos illotes de Vionta e Noro, estando a illa libre de cargas fiscais e sendo o prezo de compra ao Estadoestado Españolespañol de 1.293.758 pesetas da época. [[Joaquín Otero Goyanes]], [[CorpoXeral XurídicoAuditor da [[Armada Española|Xeral Auditor da Armada]], conseguiu unha concesión dos bens do Estadoestado, en réxime de usufructo,usufruto por 99 anos, que na práctica polas condicións da concesión, supuxo unha cesión da titularidade de praias, camiños e fontes, que en seis ocasiónesocasións foi ratificada polos tribunais.
 
En 1960, D. Joaquin Otero reconstruíu a ''Fonte dá Telleira'', chamándoa ''Fontefonte de Sta.Santa Catalina''Catarina, adornada cos banzos da escaleira de caracol do faro vello, outros restos foron empregados nas torres engadidas ao almacén e nun lavadoiro, transpórtase á illa un tractor e instálase un xerador eléctrico. Todo iso con fondos do Servicoservizo de extensión agraria.
 
Pouco durarían xa os colonos, que reclamados pola instalación en terra de industrias propiedade da familia, decidiron irse a vivir ao continente. Aínda así o último habitante abandonou a aldea en [[1972]].
 
En marzo de [[2007]] a Illa foi adquirida por [[Caixa Galicia]] por 8,5 millóns de euros e a finais dese mesmo ano o [[Ministerio de Medio Ambiente de España|Ministerio de Medio Ambiente]] exerceu o seu dereito de tenteo, comprando Sálvora, [[Illa de Vionta|Vionta]] e [[Illa de Noro|Noro]] por esa mesma cantidade. A [[Xunta de Galicia]], que figura como titular da paraxe desde o [[1 de xullo]] de [[2008]], conxuntamente co [[Ministerio de Medio Ambiente de España|Ministerio de Medio Ambiente]] iniciaron os traballos para rehabilitar o enclave.
 
== Notas ==