Diferenzas entre revisións de «Hadriano (emperador)»

Revisión lingüística
(Revisión lingüística)
|dinastía = [[Cinco bos emperadores|Dinastía Antonina]]
|himno real =
|pai = [[Publio ÉlioElio Hadriano Afer]]
|nai = Domitia Paulina
|firma =
|lema =
}}
'''Publius Aelius Traianus Hadrianus''', en galego '''Publio Elio Hadriano''', nado en [[Itálica (cidade)|Itálica]] o [[24 de xaneiro]] de [[76]] e finado en [[Baia]] o [[10 de xullo]] de [[138]], foi un [[Imperio Romano|Emperadoremperador romano]] da dinastía dos [[emperadores Antoninos]].
 
== Traxectoria ==
Hadriano sobe aá dignidade imperial á morte de [[Traxano]], no ano [[117]]. Tamén nado na [[Bética]], chegou a emperador na idade madura, e a pesar de estar nomeado por Traxano, á morte deste tivo que facer fronte a unha conxura dos lugartenentes de Traxano, que desexaban evitar o seu nomeamento. Tódolos conspiradores foron condenados a morte.
 
Hadriano tivo que protagonizar unha retirada das terras conquistadas por Traxano co abandono da [[Mesopotamia]]. Xa no ano [[115]] notábase un clima de rebelión nas provincias orientais, promovido polas comunidades xudías. O destronado rei [[Partos|parto]] [[Cosroes]] aproveitou esta circunstancia para volver ao poder e tratar de desprazar a influencia romana na rexión. Hadriano comprendeu que era moi difícil de manter a soberanía máis aló do [[Eufrates]], e ordenou a evacuación, mais na beira daquel río quedou un importante continxente militar romano. Tamén na zona de [[Mauritania]] se rexistrou un leve retroceso das fronteiras.
 
O emperador dedicou unha grande parte do seu reinado a viaxar e percorreu unha gran parte dos territorios limítrofes, intervindo persoalmente na sufocación dalgúns levantamentos. Rematou o trazado do ''[[Limites romani|limes]]'' xermánico, deulle un pulo á romanización da rexión alpina, reforzou os efectivos da raia do [[Danubio]] e levantou na [[Britania]] o que se coñece como a [[Muralla de Hadrián|muralla de Hadriano]] (''[[Vallum Hadriani]]'') co obxecto de previr as incursións dos [[pictos]] e escotos. Tratábase dunha serie de fortificacións entre [[Inglaterra]] e [[Escocia]], dende a desembocadura do [[río Tyne]], no [[mar do Norte]] e o Solvay Firth no mar de [[Irlanda]].
 
[[Ficheiro:Roman Empire under Hadrian.png|miniatura|300px|O Imperio Romano nos tempos de Hadriano.]]
 
Para favorecer a fidelidade do exército, AdrianoHadriano procurou recrutar as lexións nas mesmas rexións que ianían defender. Co tempo, esta idea foi negativa, xa que alimentaría ideas centrífugas e cantonalistas, pero na época de plenitude imperial, os soldados sentíanse moi motivados por se encarregar da defensa dos eidos que os viran nacer.
 
As sublevacións dos [[Pobo xudeu|xudeus]] tiveron o seu cumio no [[132]], cunha [[revolta de bar Kokhba|revolta]] aberta en [[Xudea]], encabezada por [[Eleazar]] e [[Simón bar Kokhba]], os cales non dubidaron en atacar a colonia romana de [[Aelia Capitolina]] ([[Xerusalén]]), encravada naquel territorio. Esta sublevación foi asulagadaasolagada a sangue e lume no [[134]], e a ofensiva relixiosa xudía rematou.
 
Hadriano reforzou o papel do consello imperial (''Consilium principis'') en detrimento do Senado. A dita institución era obxecto de consulta regular e as súas decisións facíanse públicas de tres xeitos: por medio de edictos, por decretos (sentenzas de casos xudiciais) e rescriptosrescritos (respostas a consultas). Foi neste período cando se faifixo público o ''Edicto Perpetuo'', obra de Salvio Xuliano, que recollía os edictos anteriores e foi unha fonte esencial de xurisprudencia.
 
Reformouse a administración pública, separando netamente os carregoscargos civís dos militares, creándose a figura do ''advocatus fisci'', encargado de representar o Estado nos litixios con particulares. Tamén se organizou un servizo de Correos.
 
Hadriano prestou especial atención ao problema sucesorio. Nomeou un primeiro candidato, pero á morte deste designou a Tito Aurelio Antonino, a quen o Senado daría o nome de [[Antonino Pío]]. A partir daquel, os herdeiros designados levarían o título de [[César (titulo)|César]]. O carregocargo comportaba os títulos de procónsul e tribuno. Pero Hadriano non se limitou a nomear o herdeiro, senón que exixiu que este á súa vez nomearanomease o seu para previr continxencias. AntonioAntonino nomeou a Marco Aurelio Vero e a Lucio Vero. Os dous, co tempo, chegarían a emperadores. A sucesión imperial estaba garantida, e con ela a estabilidade.
 
Hadriano morreu no [[138]] e foi inhumado no [[Castelo de Sant'Angelo|monumental mausoleo]], que tras a caída do Imperio foi utilizado como fortaleza e que chegou deica os nosos días como [[Castelo de Sant'Angelo]], na beira do [[río Tíber]].
11.203

edicións