Carlismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Nacemento: Correccións da lingua
→‎Nacemento: repoño un dato que cambiara erroneamente
Liña 15:
 
[[Ficheiro:Sublevación Carlista en 1833.jpg|miniatura|esquerda|235px|Sublevación carlista en [[1833]].]]
Xa en setembro de 1832 co rei gravemente enfermo en [[La Granja de San Idelfonso]] produciuse a revolta dos partidarios do infante Carlos para facerse co poder, e aínda que fracasa, o ministro [[Francisco Calomarde]], próximo ás ideas apostólicas, consegue a sinatura do rei nun documento que anulaba a Pragmática sanción, co que o pretendente Carlos convertíase no herdeiro. Malia iso, unha vez recuperado Fernando VII anulou o documento derogatorio e o [[1 de outubro]] de [[1832]] Fernando VII nomeou como presidente o liberal moderado [[Francisco Cea Bermúdez]]. Este tentou gañar, cunha amnistía e algunhas reformas políticas, o apoio dos liberais á futura Isabel II, ao tempo que destituía os partidarios do seu irmán Carlos dos postos de relevancia. Carlos de Borbón marcha en marzo de 1833 ao exilio a [[Portugal]] e negouse a xurar a Isabel como princesa de Asturias e autoproclamouse rei co nome de Carlos VIV á morte de Fernando VII o [[29 de setembro]], facendo un chamamento ao exército para rebelarse, de maneira que conseguiu grande apoio no corpo dos [[Voluntarios Realistas]].
 
== Guerras carlistas ==