Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Substitución da categoría "Igrexa Católica Maronita" pola categoría "Igrexa católica maronita"; cambios estética
A Igrexa maronita toma o seu nome do seu fundador, [[san Marón]] († 410), un asceta siríaco amigo de [[Xoán Crisóstomo]] que a instituiu no [[século IV]]. Logo da súa morte os seus discípulos fundaron un [[mosteiro]] preto do seu túmulo, en Apamea, á beira do [[río Orontes]]. Dende os seus inicios, a comunidade maronita seguiu ao patriarca de Antioquía.
 
No [[século VII]] a comunidade maronita foi refundada e organizada por un monxe, o abade do mosteiro de Brad, en [[Siria]]. [[Xoán Marón]] foi o primeiro maronita en ter a dignidade episcopal; a súa ordenación tivo lugar en [[676]], e máis tarde (en [[685]]) foi elixido [[patriarca de Antioquía]]. El foi o primeiro maronita en ter este encargo. Para escapar dunha persecución, decidiu deixar Siria e ir ao Líbano. Estabeleceuse en [[Bkirki]], onde construíu un novo mosteiro no que depositou a máis valiosa [[reliquia]] para os maronitas: o cranio de San Marón. Dende aquela época, o mosteiro é a [[Patriarcado de Antioquía dos Maronitas|sé patriarcal.]]
[[Ficheiro:Saint Elijah Maronite Cathedral, Aleppo (2).jpg|miniatura|A catedral maronita de [[Alepo]].]]
[[Ficheiro:HarissaVirginOfLebanon.jpg|miniatura|Estatua do santuario de [[Nosa Señora do Líbano]].]]
 
== Organización ==
[[Ficheiro:Peshitta464.jpg|miniatura|leftesquerda|A [[Peshitta]] é a Biblia siríaca estándar, empregada pola Igrexa Maronita e outras igrexas. A imaxe é o texto de [[Libro do Éxodo|Éxodo]] 13:14-16, do ano 464.]]
 
A cabeza da Igrexa maronita é o [[Lista dos patriarcas de Antioquía dos maronitas|patriarca de Antioquía dos maronitas]], quen é elixido polos bispos maronitas e reside en [[Bkirki]], ao norte de [[Beirut]]. Dende marzo de 2011 o patriarca é o [[cardeal]] [[Bixara Pedro al-Rai]]. Cando un novo patriarca e elixido e entronizado, pide o recoñecemento eclesiástico do [[Papa]], mantendo deste xeito a comuñón coa [[Santa Sé]]. Como un dos patriarcas orientais, o patriarca a miúdo é creado cardeal polo papa, co rango de cardeal-bispo.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Igrexa Católica Maronita|católica maronita]]
[[Categoría:Igrexas particulares]]
381.287

edicións