Pau de san Gregorio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Iifar (conversa | contribucións)
+pic
m →‎Descrición: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Liña 22:
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:Vogelkers bloesem.jpg|thumbminiatura|right|240px|Flores do gregoriño.]]
[[Ficheiro:Apis mellifera - Prunus padus - Keila.jpg|miniatura]]
É un [[arbusto]] ou [[Árbore|arboriña]] que non pasa dos 7-8 metros. Agroma de cepa e raíz abundantemente,formando grupos ou matas mestas con múltiples rebentos. A copa é arredondada, coas [[póla]]s superiores que ascenden de xeito agudo e as inferiores que se estenden ou fican pénsiles. A [[casca]] é lisa, de cor parda escura, cun forte cheiro a améndoa amarga. As [[folla]]s miden arredor de 10 x 7 cm. Son simples e alternas. Son de forma oval, agudas no ápice, e co bordo é finamente serrado e a cor verde intensa. Polo outono tórnanse amarelas e vermellas. Os pedúnculos das follas son de cor vermella escura. Florea na primavera. As [[flor]]es son miúdas, brancas e recendentes. Fican agrupadas en longas extensións entre 8 a 15 cm e normalmente en acios pénsiles. O [[froito]] é do tamaño dunha [[ervella]] (uns 8 mm.), globular e brillante. Ao madurar pasa da cor verde a negra. É comestíbel aínda que ten un sabor bastante agre, sendo a [[carabuña]] tóxica. Madura a finais do verán. Cómeno os paxaros, que o espallan polas fragas, [[Bosque de ribeira|ribeiras]], beirais dos camiños e montes. As aves silvestres gustan moito do froito, de feito en varias linguas europeas refírense á especie coma "cerdeira dos paxaros". Salientan as [[merlo|merlas]], o [[tordo charlo]] (''Turdus viscivorus''), a [[papuxa picafollas]] (''Sylvia borin'') , a [[papuxa das amoras]] (''Sylvia atricapilla'') e os [[paporroibo]]s (''Erithacus rubecula''). O [[bicogroso]], en grupos familiares, separa as súas sementes do froito e as creba co seu forte bico.