Bioma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
texto traducido desde a wiki .es:Bioma
m Arranxos varios
Liña 2:
Un ''' bioma''' (dos grego «bios», vida), tamén chamado '''paisaxe bioclimática''' ou '''áreas bióticas''' (e que non debe confundirse cunha [[ecozona]] ou unha [[ecorrexión]]), é unha determinada parte do planeta que comparte o clima, flora e fauna. Un bioma é o conxunto de [[ecosistema]]s característicos dunha zona bioxeográfica que está definido a partir da súa vexetación e das especies animais que nel predominan. É a expresión das condicións ecolóxicas do lugar no plano rexional ou continental: o clima e o chan determinarán as condicións ecolóxicas ás que responderán as comunidades de plantas e animais do bioma en cuestión.
 
En función da latitude, a temperatura, as precipitacións e a altitude, en definitiva, e das características básicas do clima, pódese dividir a terra en zonas de características semellantes; en cada unha desas zonas desenvólvese unha vexetación ([[fitocenose]]) e unha fauna ([[zoocenose]]) que cando están relacionadas, definen un bioma, que comprende as nocións de comunidade e a interacción entre chan, plantas e animais.
 
Hai diferentes sistemas para a clasificación de biomas, que en xeral adoitan dividir a terra en dous grandes grupos — biomas terrestres e biomas acuáticos-, cun número non demasiado grande de biomas. A escala planetaria, a [[selva tropical]] densa, a [[sabana]], a [[Estepa (bioma)|estepa]], os [[Bosque temperado|bosques temperados]] e a [[ tundra]], son os grandes biomas que caracterizan a biósfera e que teñen unha repartición zonal, é dicir, que non superan certos valores latitudinais. A escala rexional ou continental, os biomas son difíciles de definir, en parte porque existen diferentes patróns e tamén porque as súas fronteiras adoitan ser difusas (véxase o concepto de [[ecotono]]).
 
Os biomas a miúdo son coñecidos polos seus nomes locais. Por exemplo, un bioma de [[herba]]is coñécese como [[pradería]] en América do Norte, sabana en África, estepa en [[Asia]], [[Rexión pampeana|pampa]] en Suramérica e [[ veld]] en Suráfrica.
 
Os biomas terrestres son descritos pola ciencia da [[bioxeografía]]. Por extensión, fálase de microbioma para designar a esfera da vida microbiota.
Liña 15:
{{Control de autoridades}}
{{Bioloxía en progreso}}
 
[[Categoría:Bioloxía]]
[[Categoría:Ecoloxía]]